25/08/2026
HELVETIA
Grazas por facelo posible!
🎶A Noite Folk San Xurxo de Vea segue medrando ano tras ano grazas ao apoio indispensable de empresas que apostan pola nosa cultura, as nosas tradicións e a música da nosa terra.
Hoxe queremos agradecer publicamente a colaboración de Helvetia Inversia Seguros nesta edición XIII Noite Folk San Xurxo de Vea. Sen o tecido empresarial local, proxectos coma este non poderían saír adiante. É un orgullo camiñar da vosa man!
🤝✨Coñece ao noso colaborador:
Inversia Seguros é unha axencia exclusiva de Helvetia Seguros na Estrada que conta con oficina física para atenderte con total comodidade. Son especialistas en ofrecer solucións integrais e profesionais para protexer o que máis che importa (fogar, vida, decesos ou automoción), un servizo que complementan co seu traballo e asesoramento especializado en Habita Inmobiliaria.
🌐Máis información e contacto: 👉Podes contactar con eles directamente a través da súa páxina de Facebook: Inversia Seguros.