A Estrada Cultura

A Estrada Cultura Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de A Estrada Cultura, praza da constitución, La Estrada.

26/02/2025

Como todos os anos, co gallo do Día de Rosalía, o Concello da Estrada bríndalle a súa particular homenaxe á matriarca das nosas Letras en forma de videoclip institucional. Desta volta, quixemos facelo a través do pincel do artista multidisciplinar Cayetano Lledó, dunha fermosa elexía de Federico García Lorca escrita para a poeta padronesa un 29 de marzo de 1919 e coa cálida voz de Sheila Carbia. O talento do director estradense Lucas Terceiro foi quen de abrollar este fermoso caravel audiovisual que arrecende a melancolía, tristeza e solidariedade cos que máis sofren.

Pintor: Cayetano Lledó
Recitadora: Sheila Carbia Tejo
Directora de Produción: Paula Cereixo
Director: Lucas Terceiro

25/02/2025

Hoxe ás 20.00 h agardámoste no Teatro Principal no acto polo Día de Rosalía
Presentaremos o vídeo co que cada ano o Concello da Estrada homenaxea a Rosalía de Castro, escritora, poeta e referente absoluto da cultura galega.
Agardamos verte, e temos unha sorpresa que che deixará 😳😯

😊

🔴 ÚLTIMA HORA!!! 👑👑👑Debido ás inclemencias do tempo, comunicámosvos que as SS.MM. Os Magos de Oriente farán o seu tradic...
03/01/2025

🔴 ÚLTIMA HORA!!!
👑👑👑

Debido ás inclemencias do tempo, comunicámosvos que as SS.MM. Os Magos de Oriente farán o seu tradicional desfile polas rúas da nosa vila, mañá sábado, ás 18.00 h.

Posterior recepción no Teatro Principal.

💙 PREMIOS SAN MARTIÑO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICAEste vindeiro xoves día 14 ás 20.30h, no Teatro Principal da Estrada, ...
13/11/2024

💙 PREMIOS SAN MARTIÑO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Este vindeiro xoves día 14 ás 20.30h, no Teatro Principal da Estrada, CONVIDÁMOSTE ao acto de entrega dos ###IV Premios San Martiño de Normalización Lingüística, uns galardóns dirixidos a todas aquelas persoas e entidades comprometidas coa difusión da lingua e da cultura galegas.

A nómina de homenaxeados é a que segue:
* Na categoría "Comarca Tabeirós-Terra de Montes" o premio foi para a Grupo Valenciaga.
* Na categoría "Galicia enteira" o premio foi parar a mans do contador Celso Sanmartín.
* Na categoría "Unha vida enteira", o premio foille concedido á Cántigas e Frores.

A entrada será libre ata completar a capacidade da sala.

22/10/2024

Programación para esta semana.

😂 "BAGAXE" de Arturo Cobas o venres ás 21.00 h no Teatro Principal. 🎟️ Venda de entradas no Dpto de Cultura.

🐭 A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA para nenxs dende os 2 anos, o sábado ás 12.00 h no Teatro Principal. 🎟️ Venda de entradas no Dpto de Cultura.

🎶 NOITE DE ZARZUELA NO TEATRO PRINCIPAL" O sabado ás 20.00 h. 🎟️ Venda de entradas no Dpto de Cultura.

17/10/2024

Programación para esta semana.

😂 YLLANA "WAR BABY" o venres ás 21.00 h no Teatro Principal. 🎟 Entradas esgotadas 👉 https://aestrada.gal/war-baby-yllana/

🎶 CERTAME DE OUTONO DE CORAIS o sábado ás 20.30 h no Teatro Principal. 🎟 Retirada de convites no Dpto de Cultura 👉 https://aestrada.gal/certame-de-outono-de-corais/

🩷 GALA CONTRA O CANCRO o domingo ás 19.00 h no Teatro Principal. 🎟 Venda de entradas no Dpto de Cultura

🖥 CURSO DE CAPACITACIÓN DIXITAL máis info 👉 https://aestrada.gal/curso-de-capacitacion-dixital/

08/10/2024

CURSO PARA MAIORES

Sesións formativas en Banca Dixital e renting de coches

A Concellería de Novas Tecnoloxias, a través da súa aula CeMIT, organiza unhas sesións de formación en banca dixital, en colaboración coa Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS) e impulsadas pola Amtega. Esta iniciativa está orientada especialmente á persoas maiores, co obxectivo de facilitarlles o acceso e o uso da banca online, respondendo así ao crecente interese da cidadanía nesta materia.

As sesións serán de carácter presencial e terán lugar no Edificio de Usos Múltiples. Cada formación durará 60 minutos, e nelas ofrecerase unha guía detallada para utilizar diversas ferramentas dixitais bancarias. Abordaranse temas de grande utilidade, como o uso de aplicacións móbiles para xestionar as finanzas ou novas formas de comunicarse eficientemente coas entidades bancarias.

O calendario de actividades é o seguinte:

• Jueves 10 de outubro, de 10:30 a 11:30 horas: Renting de coches e outros servizos que che ofrece a banca online.

CURSO PARA MAIORESINTERACTÚA CON TU BANCO MEDIANTE INTELIXENCIA ARTIFICIALA Concellería de Novas Tecnoloxias, a través d...
18/09/2024

CURSO PARA MAIORES

INTERACTÚA CON TU BANCO MEDIANTE INTELIXENCIA ARTIFICIAL

A Concellería de Novas Tecnoloxias, a través da súa aula CeMIT, organiza unhas sesións de formación en banca dixital, en colaboración coa Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS) e impulsadas pola Amtega. Esta iniciativa está orientada especialmente á persoas maiores, co obxectivo de facilitarlles o acceso e o uso da banca online, respondendo así ao crecente interese da cidadanía nesta materia.

As sesións serán de carácter presencial e terán lugar no Edificio de Usos Múltiples. Cada formación durará 60 minutos, e nelas ofrecerase unha guía detallada para utilizar diversas ferramentas dixitais bancarias. Abordaranse temas de grande utilidade, como o uso de aplicacións móbiles para xestionar as finanzas ou novas formas de comunicarse eficientemente coas entidades bancarias.

O calendario de actividades é o seguinte:

• Martes 24 de setembro, de 17:00 a 18:00 horas: Interactúa co teu banco mediante a Intelixencia Artificial.

• Xoves 10 de outubro, de 10:30 a 11:30 horas: Renting de coches e outros servizos que che ofrece a banca online.

As persoas interesadas en asistir poderán inscribirse presencialmente nas oficinas de aestradadixital, situadas na planta baixa do Edificio de Usos Múltiples, na avenida Benito Vigo n.º 94, en horario de 8:00 a 15:00 horas, de luns a venres.

Esta iniciativa pretende achegar o mundo da banca dixital ás persoas maiores, dotándoas das ferramentas necesarias para facer fronte aos novos retos tecnolóxicos.

Máis info:
https://aestrada.gal/sesions-formativas-en-banca-dixital/

*A todas e todos, feliz Día de Galicia.*
25/07/2024

*A todas e todos, feliz Día de Galicia.*

Festival Folclórico do SalmónEste sábado 18 de maio ás 19h dentro da programación das Festas do Salmón, Tequexetéldere o...
18/05/2024

Festival Folclórico do Salmón

Este sábado 18 de maio ás 19h dentro da programación das Festas do Salmón, Tequexetéldere organizará o tradicional Festival Folclórico.
Os convidados deste ano será a A.F. Virgen de las Cruces que veñen dende Daimiel (Ciudad Real)

O espectáculo, que terá arredor de unha hora de duración, dará comezo ás 19 h no Teatro Principal.

Ofrenda floral polo Día das Letras Galegas, este ano cunha pregoeira de lujo, a nosa veciña Ana Cela.Anque pasado por au...
17/05/2024

Ofrenda floral polo Día das Letras Galegas, este ano cunha pregoeira de lujo, a nosa veciña Ana Cela.
Anque pasado por auga, foi un fermoso acto

Dirección

Praza Da Constitución
La Estrada
36680

Teléfono

986570030

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando A Estrada Cultura publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a A Estrada Cultura:

Compartir