18/05/2026
Aínda coas emocións a flor de pel e o corazón cheo de gratitude. ✨
O sábado vivimos un momento máis que especial na Casa da Cultura de Sada. Compartir escenario coa Banda Municipal nesta “Homenaxe á Verbena en Galego” polo Día das Letras Galegas foi un auténtico agasallo. Ver o auditorio cheo, sentir o voso calor e interpretar a nosa música e as nosas raíces da man de grandes músicos e amigos foi algo inesquecible.
Un millón de grazas a todas e todos os que viñestes celebrar connosco, ao pola confianza, e por suposto, a cada un dos músicos da Banda polo seu talento, entrega e sensibilidade. 🎶
Aínda sigo emocionado. Grazas de corazón! ❤️
CulturaGalega LetrasGalegas MúsicaGalaica