Viñetas desde o Atlántico

Viñetas desde o Atlántico Festival de Banda Deseñada / Festival de Cómic / Comic Festival. Festival Internacional da banda deseñada. A Coruña, do 12 ao 18 de agosto de 2024.

A Coruña, cidade de cómic.

E por aquí vos deixamos un recordatorio de outra actividade estupendérrima que temos programada por partida doble este m...
09/09/2026

E por aquí vos deixamos un recordatorio de outra actividade estupendérrima que temos programada por partida doble este mes. Sábados 12 e 26, roteiros da memoria que aúnan banda deseñada e memoria histórica 💥💥💥💥

Da man de David Lozano, da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) poderemos percorrer diferentes espazos da cidade conectados con algunhas novelas gráficas que xiran en torno a esta temática.

Podedes (e debedes) inscribirvos no correo [email protected]

Agardámosvos!!!
Cultura Coruña
Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica.

🎼📚Ópera e banda deseñada danse a man de novo nunha fantástica colaboración 💥💥 Esta mañá presentouse no Kiosco Alfonso a ...
08/09/2026

🎼📚Ópera e banda deseñada danse a man de novo nunha fantástica colaboración 💥💥 Esta mañá presentouse no Kiosco Alfonso a reedición da adaptación á banda deseñada da ópera Jenůfa, impulsada por Amigos de la ópera de A Coruña, da man do festival Viñetas desde o Atlántico.

No acto interviron o concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro; o director do festival, Manel Cráneo; e o director artístico de Amigos de la Ópera, Aquiles Machado. Foi nun evento que pecharon os cantantes Vanessa Goikoetxea, Alejandro Roy e Joan Laínez, que interpretaron varios extractos da ópera de Leoš Janáček, que se representa este mes na Coruña.

O libro que se presentou esta mañá, da autoría de Leo Sandler e Alejandro Farias, foi editado orixinalmente por LocoRabia en Arxentina.

Seguide atentxs ás nosas redes e á nosa web porque as actividades siguen todo o mes no Viñetas 📚💥

💥💥💥Acto aberto ao público mañá, martes, 8, ás 12.30 no Kiosco Alfonso.Presentaremos da man da asociación Amigos de la Óp...
07/09/2026

💥💥💥Acto aberto ao público mañá, martes, 8, ás 12.30 no Kiosco Alfonso.

Presentaremos da man da asociación Amigos de la Ópera a reedición da versión en banda deseñada da ópera Jenůfa. Unha pequena xoia que se reedita grazas ao impulso da entidade lírica coruñesa.

Vinde descubrir con nós os segredos deste libro e da ópera que se representará os días 17 e 19 na Coruña 🎼📚

Banda deseñada+ópera??? Un sí rotundo.



Cultura Coruña
Amigos de la Ópera de A Coruña

🎉🎉🎉Nin unha, nin dúas, nin tres... temos ata 8 visitas guiadas polas exposicións da sala municipal Palexco e do Kiosco A...
05/09/2026

🎉🎉🎉Nin unha, nin dúas, nin tres... temos ata 8 visitas guiadas polas exposicións da sala municipal Palexco e do Kiosco Alfonso nas 3 vindeiras semanas.

Os xoves pola tarde, no Kiosco Alfonso e os venres na sala Palexco e ademais, todavía quedan 2 visitas máis sen data nin hora fixadas para adaptalas ás entidades ou grupos que as soliciten.

Escribe un correíño a [email protected] e desfrútaas ❤️❤️❤️

Se tiñas dúbidas, seguro que os fotonacos de algunhas destas mostras de Alberte Peiteavel xa chas despexaron. alberte peiteavel

❤️💥

Cultura Coruña

Artistas, artistas, artistazxs temos en toda A Coruña. Nenos e nenas de 6 a 12 anos, aquí tedes a programación completa ...
04/09/2026

Artistas, artistas, artistazxs temos en toda A Coruña. Nenos e nenas de 6 a 12 anos, aquí tedes a programación completa de obradoiros en torno aos Simpsons neste mes de setembro 🎨🎨🎨

Serán na sala municipal de exposicións Palexco os sábados ás 12.00 e todavía quedan prazas para todas as sesións 🎉🎉🎉🎉

Completade os vosos plans de fin de semana enviando un correo a [email protected] para inscribir aos vosxs peques.

Con Xoana Pousa e Chano Ripio e grazas á colaboración coa incrible equipa de Autobán 💭💭💭💭💭💭💭

Cultura Coruña
Autobán

🔥 Imos ao grao: temos 4 obradoiros infantís os sábados pola mañá na sala municipal de exposicións Palexco e queremos que...
03/09/2026

🔥 Imos ao grao: temos 4 obradoiros infantís os sábados pola mañá na sala municipal de exposicións Palexco e queremos que os desfrutedes. Enviade un correíño a [email protected] e aproveitade que hai prazas libres 🏃‍♀️🏃‍♂️

⚠️Se tedes na casa cativada de entre 6 e 12 anos con ganas de debuxar e interesada no universo dos Simpsons isto interésavos ❤️❤️

💥 Deseña un Simpson para levar contigo, da man de Xoana Pousa. Sábados 5 e 12 de setembro ás 12.00.

💥Debuxa a túa historia dos Simpson, con Chano Ripio. Sábados 19 e 26 de setembro, ás 12.

Os 4 obradoiros serán na sala Palexco e se organizan en colaboración coa fantástica xente de Autobán 💥❤️

Bulide porque setembro é un mes duro e as propostas culturais son máis necesarias ca nunca!!!

💭💭💭💭

Sacade axenda e ide anotando!!! Dùas novas propostas do Viñetas para o mes de setembro 💥💥Os sábados 12 e 26 de setembro ...
03/09/2026

Sacade axenda e ide anotando!!! Dùas novas propostas do Viñetas para o mes de setembro 💥💥

Os sábados 12 e 26 de setembro podes participar nun roteiro da memoria que conectará diferentes cómics presentes nas exposicións do Viñetas con lugares e historias da nosa cidade.

Todo da man de David Lozano e froito da colaboración da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH).

Inscríbete enviando un correo a [email protected]

Non perdas esta oportunidade de profundizar en todas as novelas gráficas que esta edición do Viñetas deu a coñecer en torno á memoria histórica 📚📚

💥💥💥💥 Seguimos coa súper programación de setembro cun total de 10 visitas guiadas polas exposicións do Kiosco Alfonso e a...
02/09/2026

💥💥💥💥 Seguimos coa súper programación de setembro cun total de 10 visitas guiadas polas exposicións do Kiosco Alfonso e a sala municipal de Palexco.

Os xoves e venres son os días reservados neste mes para esta actividade que se coordina con distintas asociacións e entidades da cidade. E diredes: ehhh, pero aí só vemos 8 datas!!! Siiiiii, non nos equivocamos (somos só caaaase perfectxs) porque deixamos 2 visitas libres sen fixar para as entidades ou grupos que queiran aproveitalas.

Xa sabedes, escribide un correíño a [email protected] e preparádevos para desfrutar destas exposicións dun xeito moi especial. 💭💭💭💭

E non, aínda non se remataron as propostas para este mes!!!

⚠️⚠️⚠️ Your attention, please!!Setembro chega cargadiño de propostas no Viñetas! Que ninguén se despiste!🏃‍♀️🏃‍♂️Rapazad...
01/09/2026

⚠️⚠️⚠️ Your attention, please!!

Setembro chega cargadiño de propostas no Viñetas! Que ninguén se despiste!

🏃‍♀️🏃‍♂️Rapazada de 6 a 12 anos, bulide!! Xa está aberto o prazo de inscrición para o primeiro dos 4 obradoiros que se desenvolverán os sábados de setembro ás 12.00 na sala municipal de exposicións Palexco.

Queredes crear o voso propio merchandising dos Simpsons? Nesta proposta guiada por Xoana Pousa e organizada en colaboración con Autobán teredes ocasión de levarvos o voso propio deseño da familia amarela para casa.

As prazas voan!! Escribide un correo a [email protected]

🚨🚨🚨E esta mesma semana, xoves e venres, visitas guiadas das expos do Kiosco Alfonso e sala Palexco. Só para abrir boca. Estade atentxs ás nosas redes e ás novas da web do Viñetas se non queredes perder detalle.

Setembro con banda deseñada, moito mellor!!!

Cultura Coruña

𝗔𝗺𝗶𝗴𝘂𝗶ñ𝘅𝘀!!! 🥳💥Continuamos cos nosos testemuños after-party, preguntándolles aos 𝗮𝘂𝘁𝗼𝗿𝗮𝘇𝘅𝘀 deste 𝗩𝗶ñ𝗲𝘁𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟲 que tal o ...
31/08/2026

𝗔𝗺𝗶𝗴𝘂𝗶ñ𝘅𝘀!!! 🥳💥

Continuamos cos nosos testemuños after-party, preguntándolles aos 𝗮𝘂𝘁𝗼𝗿𝗮𝘇𝘅𝘀 deste 𝗩𝗶ñ𝗲𝘁𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟲 que tal o pasaron con nós. 🫶

Adianto: 𝗻𝗶𝗻𝗴𝘂é𝗻 𝘀𝗲 𝗾𝘂𝗲𝗶𝘅𝗼𝘂 𝗱𝗮 𝗰𝗼𝗺𝗶𝗱𝗮 𝗴𝗮𝗹𝗲𝗴𝗮. 🍽️😏

Seguimos coa nosa amiga 𝗗𝗮𝗻𝗮𝘆 𝗗𝗮𝗻𝗮:

𝗗𝗮𝗻𝗮𝘆:¡Qué a gusto estuve en el festival! Todo el mundo fue muy amable. Estuve muy a gusto con los otros autores y me reencontré con Sebas (Martín) y con Jose Pablo (García). Me encantó todo el ambiente.

Además, pude conocer una ciudad que me fascinó. Fui hasta la Torre de Hércules, vi la batalla naval desde el paseo marítimo y, sobre todo, disfruté del mar, que para mí, que soy isleña… es lo más.

Lo mejor de Viñetas, para mí, sin duda, es la cercanía con el público. El hecho de que estés en la calle y la gente lo disfrute mientras camina.

Otros salones son más cerrados, digamos: tienes que pagar para entrar y están más centrados en que consumas. Aquí es más como un paseo. Un paseo lleno de cómics, de libros, de autores firmando, de talleres con niños…

Es algo mucho más cercano.

Y esa cercanía es también la que siento que tiene el cómic como medio. Es decir, cuando eres niño y empiezas a leer, lo más accesible, lo más cercano siempre va a ser un libro de cómics.

Es una disciplina que une ilustración y literatura —algo único— y que, para alguien como yo, que necesita tanto escribir como dibujar, es lo máximo. Es la forma perfecta de expresarme.

Dirección

La Coruña

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Viñetas desde o Atlántico publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Viñetas desde o Atlántico:

Atajos

Compartir