Asociación Galega de Artesáns

Asociación Galega de Artesáns Dende 1983 atendendo as necesidades e intereses dos obradoiros artesanais galegos.

09/10/2026

Na nosa Popup atoparás pezas que agochan mans que crean e tradicións que permanecen vivas.

Un espazo para achegarse á artesanía galega, descubrir diferentes oficios e coñecer propostas feitas por artesáns e artesás profesionais de Galicia.
In our Popup you will find pieces that hide hands that create and traditions that remain alive.

A space to get closer to Galician craftsmanship, discover different trades and learn about proposals made by professional artisans and craftswomen from Galicia.

📍 Rúa do Vilar, 7. Santiago de Compostela
🕜 Luns a sábado: 10:00 a 14:00h · 17:00 a 21:00h
Domingos: 10:00 a 14:00h



06/10/2026

No tear de Belategui Regueiro, o téxtil constrúese fibra a fibra, desde o respeto pola materia prima, a técnica e a procura dunha linguaxe propia.

Fibras naturais, materiais reciclados e un traballo manual que transforma cada tecido nunha peza única, feita con tempo, criterio e saber facer.


05/10/2026

Sánchez-Cano é un obradoiro dedicado á ourivaría desde 1981.

Un proxecto que naceu desde a aprendizaxe, a procura e moitas horas de traballo, nun momento no que acceder ao oficio non era tan sinxelo: había que descubrir onde atopar ferramentas, materiais e información para poder comezar.

As feiras foron tamén unha parte importante dese camiño, abrindo espazo para dar a coñecer o seu traballo e achegar a ourivaría ao público.

Para eles, entrar nun oficio require dúas cousas fundamentais: que che guste de verdade e ter moita paciencia. O resto vaise aprendendo co tempo, coas mans e co traballo de cada día.


02/10/2026

Seguimos percorrendo a nosa Popup da man de Inés! 🙌

Nesta ocasión, achegámonos a un dos espazos para coñecer algúns dos artesáns e artesás que están presentes nel, os seus oficios e as pezas que forman parte desta selección.
We're continuing our tour of the Popup with Inés! 🙌

This time, we're visiting one of the spaces to meet some of the artisans there, see their creations, and explore the pieces that make up this selection.

📍 Rúa do Vilar, 7. Santiago de Compostela.
🕜 Luns a sábado: 10:00 a 14:00h · 17:00 a 21:00h.
Domingos: 10:00 a 14:00h



Sanín Percusión Tradicional é un obradoiro que nace do amor de Xosé Sanín pola música tradicional galega e da vontade de...
30/09/2026

Sanín Percusión Tradicional é un obradoiro que nace do amor de Xosé Sanín pola música tradicional galega e da vontade de seguir mantendo viva a nosa cultura.

Desde 1990, traballan no deseño e fabricación de instrumentos de percusión vencellados á tradición galega, coidando con agarimo cada detalle das súas pezas.

As pandeiretas son unha das súas creacións máis representativas, pero no seu obradoiro tamén atopamos tambores, bombos, pandeiros, tarrañolas, pitos, castañolas e encargos personalizados.


29/09/2026

Jonatan é o artesán que está detrás de Tres Pés, un obradoiro de coiro que toma o seu nome dun hórreo tradicional galego cunha peculiaridade: ter tres pés.

Para el, a artesanía é unha forma de vida: facer o que lle gusta, ofrecer á xente o que crea e ver a reacción de quen valora o seu traballo.

Mais tamén lembra algo importante: a artesanía é un oficio que precisa máis recoñecemento, educación e valor.


25/09/2026

Obxectos con nome propio, creados por artesáns e artesás profesionais de Galicia.

Ven descubrir a Popup Galegadeartesáns.
Objects with their own name, created by professional artisans from Galicia.

Come and discover the Popup Galegadeartesáns.

📍 Rúa do Vilar, 7. Santiago de Compostela
🕜 Luns a sábado: 10:00 a 14:00h · 17:00 a 21:00h
Domingos: 10:00 a 14:00h



23/09/2026

A cestería é unha técnica artesanal que traballa con materiais naturais para crear obxectos útiles ou decorativos.

🌾 É un oficio ligado ao territorio, á dispoñibilidade dos materiais locais e á sostibilidade, pero tamén profundamente vinculado á transmisión do saber facer entre xeracións.

🧺 Achegarnos á cestería é tamén recoñecer o valor dos oficios tradicionais e das persoas que seguen mantendo viva a artesanía.

🎥


22/09/2026

Rosa Castro e Jose Morla son .

No seu obradoiro crean pequenas esculturas de bronce nas que a lectura, os libros e os relatos están moi presentes. Nenos e nenas lectores, personaxes pensados para vivir entre libros, figuras que levan un libro na man ou que parecen soñar co que acaban de ler 💭

Unha forma de entender a artesanía como creación, mais tamén como relato.


18/09/2026

Tres artesáns.
Tres formas de traballar o coiro.
Tres estilos de bolsos.

E unha pregunta: sabes identificar quen está detrás de cada un? 👀

Na nosa Popup atoparás pezas de diferentes artesáns e artesás de Galicia, cada unha cun estilo, unha técnica e unha maneira propia de entender o oficio.

Déixanos nos comentarios quen cres que fixo cada bolso 👇

📍 Rúa do Vilar, 7. Santiago de Compostela
🕜 Luns a sábado: 10:00 a 14:00h · 17:00 a 21:00h
Domingos: 10:00 a 14:00h



Dirección

La Coruña
15009

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Teléfono

+34981293688

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación Galega de Artesáns publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir