05/09/2026
🏃♀️🌿 PRESENTACIÓN DO I CROS VILA DE PARGA 🌿🏃♂️
Xa queda moi pouquiño! 💚
Este martes 8 de setembro, ás 19:00 h, no Muíño de Parga, presentamos oficialmente o I CROS VILA DE PARGA.
Un proxecto que nace da ilusión, do traballo compartido e das ganas de facer cousas bonitas polo noso pobo. Un Cros pensado para unir deporte, natureza, familias e comunidade, e para seguir demostrando que no rural tamén podemos facer cousas moi grandes. 🌳✨
Na presentación contaremos todos os detalles dunha xornada que estamos preparando con moitísimo cariño e na que tantas persoas, entidades, asociacións e colaboradores están facendo posible que este soño se converta en realidade.
📅 8/09/2026
🕖 ÁS 19:00 H
📍 MUÍÑO DE PARGA
💙💚 I Cros Vila de Parga
Porque ás veces todo comeza cunha pequena idea… e acaba converténdose nun soño de todo un pobo.
Agardámosvos! 🥰🏃♀️🏃♂️🌿