29/07/2026
Hai lugares aos que se vai. E hai lugares que se viven. Couso é un deles ♥️
Este agosto queremos convidarte a formar parte dunha fin de semana diferente. Sen escenarios pechados, sen présas e sen consumir por consumir. Un espazo para atoparnos, coñecer xente, compartir ideas, desfrutar da natureza e descubrir que outra forma de facer comunidade é posible.
A Universidade Popular de Couso nace para reunir persoas con ganas de aprender, debater, pasear polo monte, escoitar a quen leva anos defendendo o territorio, compartir mesa, música e conversa. Non importa se formas parte dunha comunidade de montes, se vés da cidade, se nunca estiveches en Couso ou se simplemente buscas un plan distinto este verán.
Durante tres días falaremos de memoria histórica, incendios, biodiversidade, ciencias sociais, alimentación, astronomía, participación e futuro. Haberá roteiros, visitas, faladoiros, espazos para coñecerse e tempo para g***r sen reloxo.
E o sábado celebraremos xunto coas persoas comuneiras de Couso a sua 🔥Festa Comuneira🔥 como cada ano, unha festa aberta para todas as persoas, porque defender o común tamén é celebrar o que construímos xuntas. A xornada estará chea de música, teatro, karaoke familiar e unha barra autoxestionada por festA RAXADA. O domingo o noso amigo Miguel Pardellas (Parde) Inaugura o Colmenar da Subiada con Concertos que anunciaremos pronto e petiscos ❤️ Para rematar a fin de semana como mellor sabemos: compartindo.
Se algunha vez pensaches que o rural ten moito que ensinar, que os montes veciñais son unha das grandes riquezas do país ou que necesitamos máis espazos para falar, aprender e crear redes... este é o teu sitio.
📍 Couso (Gondomar)
📅 28, 29 e 30 de agosto de 2026
Anímate a vir. Trae a túa familia, amizades ou vén pola túa conta. Estamos seguras de que marcharás con novas ideas, novas persoas coñecidas e ganiñas de volver.
Máis información e inscricións a partir de maña en: FESTARAXADA.GAL