07/09/2026
📣 Xa podes inscribirte no seminario con Joan Fontcuberta
O 24 de outubro, o CGAC acollerá un seminario no que o artista e ensaísta Joan Fontcuberta reflexionará sobre a transformación da fotografía, a relación entre imaxe e verdade e os novos retos que introduce a intelixencia artificial. Un encontro para pensar como están a cambiar as imaxes e que implica esta transformación na nosa maneira de mirar e comprender o mundo.
✍🏻 A asistencia é gratuíta previa inscrición!
🔗 https://cgac.xunta.gal/gl/actividades/joan-fontcuberta-la-fotografia-que-se-revela-rebela-seminario
Cultura de Galicia