Olimpíadas da Mariña Central

Olimpíadas da Mariña Central Grupo de persoas que traballan na organización das Olimpíadas da Mariña Central, unha competición cultural, artística, deportiva e lúdica...

30/12/2018

VÍDEO DA CEA DE DESPEDIDA DAS OLIMPÍADAS

O 28 de decembro despedimos as Primeiras Olimpíadas da Mariña Central cunha cea en Vilanova de Lourenzá, nunha carpa situada detrás do Mosteiro de San Salvador. Alí xuntámonos xente dos diversos concellos para contar anécdotas, repartir algúns agasallos, cantar, bailar e desfrutar dun bo xantar, no que o prato estrela foi o das fabas de Lourenzá, como é natural. Aquí vos queda un vídeo para o recordo, no que os participantes na cea saúdan e despiden as Olimpíadas ata o ano que vén. Para o ano, se é posible, máis e mellor.

Só quedaba celebralo. Lourenzá organizou a cea de despedida das Primeiras Olimpíadas da Mariña Central, coincidindo coas...
29/12/2018

Só quedaba celebralo. Lourenzá organizou a cea de despedida das Primeiras Olimpíadas da Mariña Central, coincidindo coas festad do Nadal. Unha gran carpa situada a carón do mosteiro de Lourenzá foi o lugar escollido. Foron arredor de 70 persoas da maioría dos concellos participantes, sorteáronse agasallos, xantouse en familia e houbo música e baile. Unha boa forma de selar a camaradería que imperou durante estas emocionantes competicións. E agora a agardar polo ano que vén, a ver se a boa disposición consegue que se celebren as segundas Olimpíadas. Parabéns a todos!

22/12/2018
Un grupo de rapaces da Mariña están preparando unha curta sobre o patrimonio inmaterial que se vai rodar na Pontenova, p...
21/12/2018

Un grupo de rapaces da Mariña están preparando unha curta sobre o patrimonio inmaterial que se vai rodar na Pontenova, protagonizada por Miguel de Lira e Manuel Lourenzo. Acaban de lanzar unha campaña de "crowdfunding" para colaborar coa financiación do proxecto. A cambio, recompensan con amuletos como ollomaos e alicornios. Necesitan axuda para difundir o proxecto en medios e redes sociais e agradecen calquera colaboración.

O Neno e a Sombra es un cortometraje de folk horror y drama psicológico ambientado en la Galicia rural de los años 80.

19/12/2018

"Airiños do Xunco" é unha asociación folclórica e cultural que leva moitos anos animando a vida social do concello de Cervo. Cinco rapazas deste grupo fixeron de cantareiras na nosa Proba Artística do 1 de decembro en Burela, interpretando tres temas: "Xota de Toutón", orixinaria do concello de Mondariz, en Pontevedra; "Xota de Alén", do concello de Beariz, en Ourense, e a "Punteada de Cabaleiros", propia da provincia da Coruña. As artistas eran María Xesús González Fraga, Raquel Blas Rivas, Laura Peña Rouco, Maite Rego e Lucía Peña Rouco. As súas voces encheron de potencia, alegría e galeguidade o Auditorio de Burela. Foron as primeiras en actuar. Merecen o noso recoñecemento, tanto pola súa actuación como polos moitos anos que "Airiños do Xunco" leva enchendo de festa e de cultura o concello de Cervo.

19/12/2018

O 1 de decembro, xunto con moitos máis artistas dos concellos participantes, estivo presente a Coral de Barreiros en representación do seu concello. Cantaron un poupurri de cancións moi coñecidas: "Anduriña", "Un canto a Galicia", "Catro vellos mariñeiros", "O carro", "Morriña" e "Negra sombra", dirixidos por Beatriz Vázquez Mesa. A coral estivo formada por Arturo Fernández Villarino, Carmen Castrillón González, Carmen Verdeal Díaz, Martina Vázquez Dorado, Josefa Lanzós Novás, María Luísa Pereira Escourido, Luís Fernández Bao, Nélida Álvarez López e María Paz Redondo Rebolo. Fermosas cancións e grandes artistas sobre o escenario. A música e o teatro foron os protagonistas desta xornada no Auditorio de Burela. Un aplauso para Barreiros e a súa Coral!!

16/12/2018

E chegamos ó final. A última xornada das nosas Olimpíadas, a 4ª, era a dos Xogos Populares. Foi o 15 de decembro, en Mondoñedo, a iso das 17,00 horas. Unhas bancadas ateigadas de xeareiros e un ambiente de emoción, tensión e alegría impregnándoo todo. Unha proba moi competida: Valadouro ganou no Tiro á corda e na carreira á Cadeira da Raíña; Lourenzá venceu no lanzamento de Pacas de herba e Cervo venceu nas carreiras de Sacos. No cómputo total da xornada os vencedores foron (empatados) Alfoz e Valadouro, os dous concellos irmáns. Finalmente, contabilizando todos os puntos das catro xornadas, o vencedor foi O Valadouro, seguindo a seguinte clasificación:

1. Valadouro - 650 puntos.
2. Lourenzá - 575 puntos.
3. Mondoñedo - 500 puntos.
4. Cervo - 500 puntos.
5. Alfoz - 475 puntos.
6. Foz - 350 puntos.
7. Burela - 350 puntos.
8. Barreiros - 325 puntos.

Como na medalla de bronce empataron Cervo e Mondoñedo, os capitáns de ambos equipos decidiron compartir o terceiro posto, en vez de ir a un desempate.
A pesar da tensión e da emoción en busca da vitoria, todos os equipos se comportaron cunha gran deportividade.

O acto estivo presentado por Gilberto Ares, de Mondoñedo, e por Pepe Peinó. Actuaron de Xuíces da competición Nerea e Bárbara.

No aspecto técnico contamos coa colaboración de Juan Novás, Raquel Amieiro, Matías Nicieza, Deyanira Barreira, Claudia Martínez.

Asistiron ó acto a Alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e os alcaldes de Alfoz (Jorge Val), Cervo (Alfonso Villares), Barreiros (Alfonso Fuente), Lourenzá (Rocío López) e Valadouro (Edmundo Maseda).

Entre os participantes manifestouse a intención de repetir a experiencia e celebrar durante este Nadal ou pouco despois del dunha cea de confraternidade entre todos os participantes.

E chegamos ó final. A última xornada das nosas Olimpíadas, a 4ª, era a dos Xogos Populares. Foi o 15 de decembro, en Mon...

Dirección

Foz

Teléfono

+34619389997

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Olimpíadas da Mariña Central publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir