26/07/2021
🥾🎨 Dende Ferrol a Pontedeume, pasando por Narón, Neda, Cabanas e, por suposto, Fene, os peregrinos que percorran o Camiño Inglés ao seu paso por Ferrolterra poden g***r xa da exposición ao aire libre que, con motivo do proxecto Viñetas do Camiño incluído no programa O Teu Xacobeo 21, engalana a ruta.
A mostra está composta polas vinte e castro obras elaboradas pola ducia de ilustradores que participaron na Andaina Debuxada dos días 12 e 13 de xullo. Os traballos repártense en seis cubos –catro debuxos en cada estrutura- espallados por seis recunchos ao longo destes concellos.
En Ferrol, a estrutura quedou disposta no paseo de Caranza e nela móstranse os traballos de Elga Fernández Lamas e Blanca Escrigas; en Narón amósanse no paseo marítimo de Xubia as ilustracións de Carme Martín e Leandro Lamas; en Neda a estrutura acomodouse en Xubia, na zona do albergue de peregrinos, e nela vense os traballos de Calros Silvar e Cristian F. Caruncho; mentres que en Cabanas está no parque Arenal, nun espazo reservado para Beatriz Seijo e Dulce Anca; e en Pontedeume na Praza de España, con láminas de Juanma Rubio e Hugo Feal. Xaquín Marín e Laura Bouza serán os protagonistas do cubo de Fene, preto do Concello, ao carón do río Cádavo.
Na inauguración da exposición, o alcalde de Fene, Juventino Trigo, destacou a “orixinalidade” dunha iniciativa que vai “deixa unha pegada artística” e agradeceu o esforzo e colaboración tanto das distintas administracións públicas que apoiaron o proxecto coma de todos os colectivos que se sumaron a el nos meses pasados e, por suposto, dos artistas que dotaron á proposta dunha “calidade artística incuestionable”. O rexedor estivo acompañado na cerimonia da a xefa territorial na Coruña da Vicepresidencia Primeira da Xunta, María Barreiro Lázare, así como os concelleiros de Cultura, Justo Martínez, e a de Turismo, Ana Basoa; e Calros Silvar, en representación dos artistas.
Juventino Trigo adiantou que o proxecto “Viñetas do Camiño naceu con vocación de continuidade”, coma unha aposta do Concello de Fene por seguir apoiando o Museo do Humor e un exemplo de compromiso co Camiño Inglés. Por iso, “co xa aprendido e as propostas que recibimos, tentaremos facelo aínda mellor nas vindeiras edicións”, concluíu antes de animaren a todos a percorrer o Camiño Inglés, a lo menos, dende Ferrol a Pontedeume.
As obras que compoñen a exposición, así coma todos os debuxos realizados polos camiñantes da Andaina Debuxada e os participantes dos obradoiros de Viñetas do Camiño pódense ver tamén na exposición virtual 👇🏼
https://www.vinetasdocamino.gal/exposicions/