Altofalante

Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Altofalante Asociación cultural nacionalista que traballa para a dinamización social, cultural e lingüística do concello de Ribeira desde o 19/08/2005.

'Altofalante é galego. Altofalante é do tempo no que vivimos.'

10/06/2026
‼️COMUNICADO: CONTRA A DESMEMORIA E O FASCISMO
19/05/2026

‼️COMUNICADO: CONTRA A DESMEMORIA E O FASCISMO

📸😜 Festival da Lingua!Este sábado, coincidindo co Día das Letras Galegas, vivimos unha gran noite da man de dous grupos ...
17/05/2026

📸😜 Festival da Lingua!

Este sábado, coincidindo co Día das Letras Galegas, vivimos unha gran noite da man de dous grupos locais, Barbansónicos e Kúspide, que manteñen vivo o noso idioma a través da música. 🎤🔥

A Praza de Teruel (Ribeira) encheuse de enerxía e moi bo ambiente nun concerto que nos fixo cantar, bailar e celebrar o uso do galego da mellor maneira posible.

Grazas a todas as persoas que vos achegastes para compartir esta noite tan especial e por facer posible unha nova edición do Festival da Lingua. 💙

Cultura da Deputación da Coruña

12/05/2026

💙 O galego, lingua vital 🩷

📅17 de maio ás 12.00 h.
🚶‍♀️Dende a Alameda de Santiago de Compostela

07/05/2026

⚖️ Dende a coordinadora local da Marcha Mundial das Mulleres ( ), mañá en Ribeira teremos o pracer de escoitar á xuíza Paz Filgueira Fernández mañá eque afondará na cuestión xudicial dende a perspectiva da violencia de xénero.

🗣️A súa experiencia axudarános a comprender como se vive esta problemática dende dentro do sistema xudicial.

📍Centro Cultural Lustres Rivas.
📅 Venres, 8 de maio.
🕒 20.00 horas.
👩‍⚖️Paz Filgueira.

Vémonos! 👀

05/05/2026

O sábado 16 de maio, véspera do Día das Letras Galegas, ven a celebralo con A Trastenda Asociación Cultural e con Altofalante á Praza de Teruel de Ribeira.
Teremos a dous grupos da comarca que están a amosar que en galego non hai límites Os Bar Ban Sónicos e .
Agardámosvos!!! Usa a túa lingua.

Cultura da Deputación da Coruña

📚 O nacionalismo galego na década dos 70Dende a A. C. Altofalante, en colaboración coa Confederación Intersindical Galeg...
16/04/2026

📚 O nacionalismo galego na década dos 70

Dende a A. C. Altofalante, en colaboración coa Confederación Intersindical Galega (CIG) e a Fundación Moncho Reboiras, temos o pracer de presentar o vindeiro venres 24 en Ribeira, un volume que busca poñer en valor e render homenaxe aos centos de persoas que, co seu esforzo, sacrificio e compromiso militante, fixeron posible o renacemento e a consolidación do nacionalismo galego como movemento social.

O nacionalismo galego actual, non se pode entender sen os sólidos cimentos construídos na década dos 70. Aquel período foi clave para erguer unha estrutura política, social e cultural que, co paso do tempo, sería reforzada por novas xeracións en múltiples ámbitos: Cultural, ecolóxico, estudantil, labrego, obreiro e tamén o institucional.

Ademais, estando ás portas do 1º de Maio, prestaremos especial fincapé no nacemento e desenvolvemento do sindicalismo nacionalista galego ata a actualidade. Xurdido nun contexto complexo —marcado polo endurecemento da represión por parte da ditadura—, tendo un papel fundamental nunha etapa de intensa conflictividade social.

🗓️ Venres, 24 de abril
🕢 19:30h
📍 Centro Cultural Lustres Rivas (Ribeira)

Dirección

Praza Do Concello
Fene
15960

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Altofalante publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Altofalante:

Atajos

Compartir