27/03/2024
MARDEFONDO CONVÉRTESE NUN ESPAZO MULTIDISCIPLINAR QUE TAMÉN ACOLLERÁ TALLERES CREATIVOS
[Martes 26/03/2024]
O estudio da productora audiovisual MardeFondo acollerá dende o proximo mes de abril diversos talleres creativos que converterano nun espazo multidisciplinar, onde ademais de levar a cabo as tarefas habituais, haberá sitio para o coworking e as formacións, segundo explica o seu responsable, Víctor Gallego. A nova andaina arrancará cun Curso de Fotografía, impartido polo profesional David Torrado, que conta cun amplo currículo e ademais foi finalista de certames como The Nature Conservancy. O taller, que ten un prezo de 200 euros, será de veintiséis horas lectivas repartidas en seis días e contará con moita práctica. Dispón de doce prazas, polo que os interesados deberán apurar as súas inscricións enviando un mail a [email protected] ou chamando a 627516147
O estudio ten programados xa outros dous talleres a cargo da ilustradora Andrea Menéndez: un de Ilustración e Debuxo, de vinte horas, e outro monográfico de Acuarela Contemporánea, de cinco. A información está recollida no portal web www.estudiomardefondo.com.