Castelo Conta

Llamar Cómo llegar Página web

Castelo Conta Outra volta á festa 🌿 O Castelo Conta é unha festa. É a festa pensada polo actor e humorista Xosé A. Aberta a quen queira achegarse!

Touriñán, na súa casa, e cos seus veciños e veciñas de Castelo. Hai xa varios anos que se converteu no festival de comedia, cultura rural e tradición oral referente en Galicia. As seis aldeas da parroquia énchense durante toda a semana as actividades para maiores e pequenos, prográmanse artes escénicas e os mellores monólogos do país, difúndense os valores da cultura popular e promóvese a sustentabilidade e o respecto polo medio natural.

⛰️ Do Monte Xalo... a unha final europea!A aplicación Monte Xalo, integrada no proxecto Aranguelos, foi seleccionada ent...
06/10/2026

⛰️ Do Monte Xalo... a unha final europea!

A aplicación Monte Xalo, integrada no proxecto Aranguelos, foi seleccionada entre os sete finalistas da convocatoria de ideas de investimento de MetaHeritage, centrada en patrimonio dixital, tecnoloxía e turismo cultural.

📲 O proxecto naceu para achegar o monte a todas as persoas e permitir descubrir, mentres se percorre, os camiños, a natureza, o patrimonio e as historias que forman parte deste lugar.

Agora, esa ferramenta creada desde o tecido asociativo de Castelo comparte espazo con proxectos de diferentes lugares de Europa que tamén buscan novas maneiras de achegarse ao patrimonio a través da innovación 🌿

👀 Detrás desta  … hai moito máis do que se ve!Meses de traballo, moitas mans e tamén empresas, entidades e institucións ...
02/10/2026

👀 Detrás desta … hai moito máis do que se ve!

Meses de traballo, moitas mans e tamén empresas, entidades e institucións que deciden acompañarnos e que, desde os seus ámbitos, fan posible que a programación vaia collendo forma.

Estrella Galicia, Deleite, Clínica Médico Dental Pardiñas, Méndez-Rojo, cafes_lua, Máis Enerxía, Cartón Atlántica, Alvac, Concello de Culleredo, Deputación da Coruña e Xunta de Galicia, a través do Xacobeo 2027, estiveron este ano ao noso carón.

Están na Taberna, nas barras, nos escenarios, en Xente Miúda, nos Contos de Castelo, nunha cata, nunha alborada ou nese detalle que ás veces apenas se ve, pero que tamén fai festa.

E como aquí non nos gusta facer as cousas porque si, procuramos que cada colaboración teña sentido dentro do que acontece en Castelo.

Grazas por acompañarnos un ano máis 🫂

📸 AIGI BOGA

🌿

Hai unha parte do Castelo Conta que non sempre se ve cando comezan os concertos, se enche a Taberna ou se abren as porta...
02/10/2026

Hai unha parte do Castelo Conta que non sempre se ve cando comezan os concertos, se enche a Taberna ou se abren as portas da Polideportiva.

Está nas empresas, entidades e institucións que nos acompañan durante todo o proceso e que este ano volveron formar parte da festa: Estrella Galicia, Cabreiroá, Deleite, Clínica Pardiñas, Méndez-Rojo, Cafés Lúa, Máis Enerxía, Cartón Atlántica, Alvac, Ecos do Sur, FAXPG, Asociación Parkinson Galicia, Concello de Culleredo, Deputación da Coruña e Xunta de Galicia, a través de Xacobeo 2027.

Algunhas levan anos connosco e outras fóronse incorporando co tempo. Están nas barras, na Taberna, nos escenarios, na programación infantil, nunha cata, nunha actividade ou nese pequeno detalle que fai que todo estea a punto.

Unha parte do traballo que queda detrás desta 🌿

Coñece as empresas, entidades e institucións que acompañaron o Castelo Conta 2026 e contribuíron a facer posible a edición.

🎬 Hai apenas unhas semanas, as voces de seis territorios rurais reuníanse por primeira vez nunha única película. 'Muller...
18/09/2026

🎬 Hai apenas unhas semanas, as voces de seis territorios rurais reuníanse por primeira vez nunha única película. 'Mulleres que Contan' estreábase no despois de máis dun ano de encontros, conversas e historias compartidas arredor dos coidados, a memoria e as experiencias das súas protagonistas.

Esta tarde, o documental continúa o seu percorrido e volve á pantalla por primeira vez desde aquela estrea. Faino en Ponte Ulla (Vedra), no marco da primeira parada de A Lacena Pequena, cunha xornada dedicada ás mulleres e aos coidados 🌾

Hai cousas sen as que non se pode entender o Castelo Conta, e o humor é unha delas!Esta festa naceu arredor dos monólogo...
16/09/2026

Hai cousas sen as que non se pode entender o Castelo Conta, e o humor é unha delas!

Esta festa naceu arredor dos monólogos, das historias e das ganas de xuntarnos para botar uns contos. E se hoxe seguimos facendo a Noite do Castelo Conta, once edicións despois, é tamén porque ao longo deste camiño houbo moitas cómicas, cómicos e artistas que decidiron vir a Castelo, compartir escenario e facer humor connosco.

Algunhas caras levan aquí desde o principio e outras foron chegando polo camiño, pero todas forman parte, dalgunha maneira, desta historia que seguimos escribindo cada ano 🗣️

E nela, tamén hai outras persoas e equipos que fan posible que a Noite sexa como é. Hai varias edicións que colaboramos coa FAXPG, e coas intérpretes de lingua de signos, para facer que a programación sexa cada vez máis accesible e que o humor poida chegar a todo o público. E tamén coa GaliFunk Brass, que un ano máis puxo a música para acompañar o espectáculo 🎺

Así que este é un deses agradecementos que non poden faltar: grazas por vir, por confiar e por axudarnos a que a comedia siga sendo unha das razóns polas que nos xuntamos en Castelo 🫂

📸 AIGI BOGA

🌿

🎶 Durante a semana do  , a música foi aparecendo polos nosos recunchos preferidos da parroquia.Na Taberna, os Vermús enc...
14/09/2026

🎶 Durante a semana do , a música foi aparecendo polos nosos recunchos preferidos da parroquia.

Na Taberna, os Vermús enchéronse de propostas ben diferentes: Factoría de Subsistencia, Tapa D’Orella, Balteira, Unto Vello, Ulex e Tanto Nos Ten puxeron música a diferentes mediodías, mentres que Quinkillada e Skadelos prolongaron a festa a tarde do sábado.

🌌 A Eira de López, a Eira do Ferrador e a Polideportiva tamén se foron enchendo de ritmo ao longo da semana. Ailá puxo a xente a bailar para quentar o torreiro antes da foliada; Kid Mount e 9Louro trouxeron ata Castelo os novos sons urbanos da escena galega; Antía Muíño e Xoel López pasaron pola Polideportiva coa súa enerxía; De Ninghures volveu oito anos despois para montar unha das súas feiras; e Gin Toni's pechou o sábado con cancións que xa forman parte da memoria da xente.

Propostas moi diferentes que conviviron durante unha semana cos petiscos da Taberna, as conversas na praza, as foliadas e o resto da programación. É que en Castelo a música non queda nun único escenario: vai aparecendo aquí e alá, mestúrase coa vida da parroquia e acaba formando parte do que sucede neses días.

Aí está unha das cousas que máis nos gusta: que haxa música para bailar e para escoitar, para descubrir artistas novos e para volver atoparnos con outros, para quedar na praza un anaco máis ou para acabar a noite sen mirar demasiado o reloxo.

Aquí quedan algunhas das imaxes dos artistas que puxeron música a esta 🌿

📸 AIGI BOGA

🪕 Este sábado hai foliada en Vila de Cruces!O 12 de setembro, a Eferro Foliada volve encher Merza de música, artesanía, ...
11/09/2026

🪕 Este sábado hai foliada en Vila de Cruces!

O 12 de setembro, a Eferro Foliada volve encher Merza de música, artesanía, xantares e ganas de bailar.

Eferro forma parte da historia do Castelo Conta: leva anos facendo os zocos que acompañan os nosos Vermús na Taberna e tamén ten pasado por diferentes edicións dos Contos de Castelo. Desta volta, queremos compartir a súa proposta e animarvos a achegarvos á súa festa.

Unha xornada con música desde a sesión vermú ata a noite, con nomes como Mondra, Baiuca ou Os Melidaos, e tamén feira de artesanía e papatoria 🐙

🌿 É un gusto compartir camiño con proxectos que, coma o Castelo Conta, entenden a cultura desde o territorio, a música e o encontro.

🗣️ Hai pouco máis de dúas semanas comezábamos o  . E se hai algo que atravesou esta décimo primeira edición de principio...
10/09/2026

🗣️ Hai pouco máis de dúas semanas comezábamos o . E se hai algo que atravesou esta décimo primeira edición de principio a fin foron as historias das persoas.

Durante cinco días, os Contos de Castelo percorreron diferentes lugares da parroquia e da contorna para escoitar, lembrar, aprender e compartir. Desde Castelo de Abaixo ata Vilaverde, a Eira do Ferrador, Xalo e, por primeira vez, Cabrois, cada encontro puxo o foco nunha parte diferente da memoria e da cultura do lugar 🌿

Comezamos lembrando a Finita Gay, pioneira dos escenarios das orquestras, da man de Xurxo Souto, Tone Martinez e Inma Otero, nunha tarde na que as anécdotas, os cantos e os recordos da veciñanza fixeron que a súa historia volvese soar en Castelo.

En Vilaverde, Josinho da Teixeira e Manolo Maseda puxeron a regueifa no centro e animaron tamén á veciñanza a subir ao palco e probar coa improvisación. Na Eira do Ferrador, Tone Martinez guiou unha conversa sobre baile, artesanía e saberes populares, con Artur Puga, Elena Ferro e Simón, de Clínica Médico Dental Pardiñas.

O xoves foi a quenda de falar dos coidados con Mulleres que Contan, das experiencias das súas protagonistas e de todo aquilo que tantas veces queda sen dicir. E en Cabrois, por primeira vez, os Contos achegáronse ao monte para recuperar mitos, lendas e historias ligadas á natureza.

Cinco días e moitas maneiras diferentes de falar de Castelo. De lembrar o que fomos, de contar o que somos e tamén de pensar no que queremos ser.

💬 Os Contos de Castelo son, sobre todo, un espazo para que a xente tome a palabra e faga que as historias sigan circulando.

📸 AIGI BOGA

😁 Cal é o sorriso do  ?Na gala dos Castelo Conta houbo monólogos, música, gargalladas e moitas ganas de pasalo ben. E en...
10/09/2026

😁 Cal é o sorriso do ?

Na gala dos Castelo Conta houbo monólogos, música, gargalladas e moitas ganas de pasalo ben. E entre todo iso, quedaron tamén uns cantos sorrisos para o recordo.

Temos sete fotos e queremos saber cal é, para vós, o sorriso que máis representa esta noite 👀

Deslizade polo carrusel, escollede o voso favorito e deixádenos nos comentarios o número da foto! 🌿

📸 AIGI BOGA

09/09/2026

🎬 E se O traxe novo do emperador fose unha película de sombras?

Na última mañá de Xente Miúda, a cativada puxo en práctica todo o aprendido no obradoiro de cinema de sombras con .

Cartulinas, mans, luces e sombras foron abondo para reconstruír a historia do emperador e dos falsos tecedores que conseguen enganalo cunha tea que, en realidade, ninguén pode ver ✨

E así, entre probas, figuras e moita imaxinación, foron dando forma á súa propia versión deste clásico.

🎥 Aquí tedes o resultado da pequena película que fixeron durante o 🌿

Dirección

Castelo/Folgueira
Culleredo
15139

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Castelo Conta publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría