ECOS De COLES

ECOS De COLES Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de ECOS De COLES, Centro cultural, Coles.

Páxina das Terras de Coles e das nosas xentes.Con noticias presentes, pasadas e futuras do noso concello, da nosa historia, do noso patrimonio, das nosas xentes e actividades.

O TEMPO EN COLESSabías que temos unha ESTACIÓN METEREOLÓXICA en  ❓🧐 Pois si, a estación meteorolóxica de   forma parte d...
23/02/2023

O TEMPO EN COLES

Sabías que temos unha ESTACIÓN METEREOLÓXICA en ❓

🧐 Pois si, a estación meteorolóxica de forma parte da rede , a axencia meteorolóxica galega que se fundou no ano 2️⃣0️⃣0️⃣0️⃣ tras un acordo entre a entón Ministério de Medio Ambiente e a .
🌡️🌪️☔A estación de disponibiliza información sobre temperatura(máxima, mínima, solo,etc.), humidade relativa, precipitacións (diarias, número de días, balance hídrico, etc.), vento(velocidade, dirección, etc.), radiación solar ( horas de luz solar, irradiación global, etc.), presiónatmosférica, humidade das follas e humidade do solo.

🌀A información disponibilizada pódese consultar por variables cada 10 minutos, diaria ou mensualmente en:

https://www.meteogalicia.gal/observacion/estacionshistorico/historico.action?
idEst=19031&request_locale=gl

MUJERES al SERVICIO de ESPAÑA           VILAR DA BARRA, 1️⃣9️⃣3️⃣7️⃣▪️O modelo de   emancipada e independente promovido ...
03/02/2023

MUJERES al SERVICIO de ESPAÑA
VILAR DA BARRA, 1️⃣9️⃣3️⃣7️⃣

▪️O modelo de emancipada e independente promovido na II República (1931-1939) bateu co modelo franquista de muller obediente e submisa ás necessidades da autoridade masculina e vira-das para o ámbito doméstico.

▪️A partir de 1936, suprimironse as escolas mixtas -como a de e derogáraronse as leis do matrimonio civil e do divorcio. Estas medidas foron complementadas coa propa-
ganda na rádio, na imprensa e nos púlpitos das igrexas.
Neste contexto, as mulleres foron mao de obra en sectores ligados a abastecer os soldados. Estes traballos de retagarda non remunerados tornaronse obrigatorios en 1937, forzando as mulleres a traballar nos .

▪️▪️As mulleres de tamén foron vítimas de estas e outras coaccións.
Xa demos noticia das mulleres de e hoxe damos conta da notícia aparecida no xornal de 8 de abril de 1937 que nos informa que “También en Vilar de la Barra (Coles) se creó una sección de 'Mujeres al servicio de España' de la que forman parte las siguientes señoras y señoritas:
Luisa Vieitez, Carmen Pérez Dávila, Emilia Rivera, Pepita Rodríguez, Amada Blanco, Dolores González, Manuela Iglesias, Dolores Vázquez, Carmen Rodríguez, María González, Amparo Gómez, Carmela Pedrosa, Manuela Vieitez, Luisa, Dora y Delia López, Felisa Caride, Visitación Cao, Josefa R. Baltar, Modesta Vázquez, Vicente Presas, Regina Rodríguez, Ramonita Boado, Celia y Olga Areán, MaríaPereira, Josefa Gómez, Carmiña López, Eugenia Vázquez, Aurelia Rodríguez, Natalia y ita Sánchez, Carmen y Mercedes Varela, Nélida González, Casimira Rey, Efigenia Alonso, Argentina Vázquez, Pura Novoa, Josefa Pérez, Josefa Sánchez, Carmen y Pilar Álvarez”.

▪️▪️Talvez algunha das nosas antepasadas podan estar entre eses nomes. ▪️▪️

08/01/2023

🥳🥳 Desexamos vivamente o mellor 2️⃣0️⃣2️⃣3️⃣ posíble...

✨Pasou o Nadal, corremos o novo ano, deixamos atrás os Reis e preparámonos para correr tamén o entroido e continuar coas festas que marcan o ritmo do ano.

✨Para encerrar o ciclo festivo que acabamos de vivir, recuperamos e partillamos unha das moitas variantes en letra e melodia de “Vinde ver o neno” que nos ofereceu em 2020 Asunción López Soto (Choncha), a nosa viciña de Cambeo que nos deixou con 84 anos neste verao.

✨✨Sirva como demostración de agradecimento e respeito a ela e a todas as nosas , , principais transmisoras da tradición oral de unha xeración para outra e que ainda temos a honra e o privilexio de recibir delas estes presentes.

Obrigados☺️☺️☺️

Letra

Vinde ve-lo neno

que está deitadiño

e acurrucadiño

ao pé dos seus pais.

E máncano as pallas

onde está deitado

e o noso pecado

inda o manca mais

Ai que neno, ai que neniño

ai que ganiñas me dá

de "come-lo" a cara a bicos

de gordo e "blanco" que está

Saúdos amigas e amigos de Coles Eco Social!   a todas as familias, veciñas e veciños de  !!! ☃️☃️☃️🎄🎄 Felicitamos este  ...
25/12/2022

Saúdos amigas e amigos de Coles Eco Social! a todas as familias, veciñas e veciños de !!!
☃️☃️☃️
🎄🎄
Felicitamos este lembrando a presenza de COLES NO BELÉN DE BALTAR!!!
💖💖💖💖💖
🎄👨‍🎨
O de Baltar é unha das referencias artísticas máis populares da . Recibe o nome do seu autor, o artista , nado na emigración cubana mais quen pasou a súa infancia nas da .
🎄👨‍🎨
O Belén constitúe unha emocionada escenografía do ambiente rural galego. Comezouse a elaborar no ano 1967 como un simple portal de Belén ao que Arturo Baltar foi acrescentando figuras todos os anos.
🎄👨‍🎨
Figuras de de 20 e 25 cm que recrean a temática relixiosa natalicia mais que tamén son representacións da xa en vías de desaparición: crinzas brincando, agricultores, afiadores, lavandeiras, pastores... enfiadas no urbanismo rural galego e con diferentes mostras da civil e relixiosa como capelas, castros, pombais, petos de ánimas, cruceiros, etc.
🎄👨‍🎨
Os primeiros anos da vida que Arturo Baltar pasou na Barra ficaron gravados na súa memoria emocional e así, no seu Belén, aparece a señora Francisca –venerábel anciá centenaria da Barra– adorando o neno Xesús no presépio; tamén aparece o das Quintás e a aldea das . Pode visitarse durante todo o ano na e San Damián na praza do mesmo nome (a entrada é libre e gratuíta).

💖
💖
💖
Non perdades o deste ano!
💖
💖
💖

Autor das fotografías: Alberte Paz Garza

Hoxe damos noticia dunha escultura de relevancia HISTÓRICA e ARTÍSTICA que foi exposta na importante exposición   no Tem...
10/12/2022

Hoxe damos noticia dunha escultura de relevancia HISTÓRICA e ARTÍSTICA que foi exposta na importante exposición no Tempo en 1993 en Santiago de Compostela.

⚜️Esta escultura de , padroeiro da igrexa de GUSTEI, data de meados do século XIII e ten unhas medidas 1,20 x 55 x 50.
É unha imaxe POLICROMADA, porén a pintura é moderna.

⚜️Aparece sentado nunha cadeira pequena; na súa man dereita segura un bastón de peregrino que remata nunha VIEIRA; coa man esquerda segura un LIBRO aberto no que aparece a lexenda SANCTE JACOBE / ORA PRO NOBIS (Santiago / roga por nós).

⚜️O seu punto de referencia inequívoco áchase na escultura de encostada no mainel do Pórtico da Glória da Catedral de .

Pola sua cronoloxía e filiación, os estudiosos concordan en que esta escultura presidiu a igrexa parroquial de Gustei desde o momento da súa construción.

🧐☺️Paga a pena visitar a igrexa de e deliciarse con esta imaxe do e todo o monumento, interesante mostra do valioso patrimonio que garda o noso municipio

ECOS De COLES

03/11/2022

GRABACIÓN DE CANTOS A XITANOS GALEGOS en MELIAS EN 1️⃣9️⃣6️⃣7️⃣

🧐O etno-historiador dinamarqués , diretor de investigación dos Arquivos Folclóricos do seu país entre 1965 e 2002, xunto coa sua esposa, a folclorista e tradutora de orixe Galega , realizaron traballos de campo na Galiza entre os anos 1964 e 1968 e, felizmente para nós, gravou trés cantares en .😊

✨No día 1️⃣5️⃣ de Xullo do 6️⃣7️⃣visitou, nas redondezas de , un acampamento de xitanos que se tiñan instalado con motivo das festas do Carme.
🧐 O investigador ficou con eles unhas horas durante as que conseguiu suficiente confianza para usar o gravador mais non así a cámara fotográfica.
🎚️ Estas gravacións a xitanos son as Primeiras das que teñamos constancia e é de destacar que cantam temas de tradición oral galega, en galego misturado, e con acompañamentos de colleres e palmas.

☺️Partillamos o rexistro sonoro Orixinal da canción “A RAIZ DO TOXO VERDE”, unha con padrón rítmico variábel no acompanñamento das mulleres. Tamén poden ser ouvidas as palmas de rapazes e o de un home que fai comentários en voz mais baixa e suxere que despois cantan as mulleres e, mais para a frente el tamén canta coplas en galego.

Nesta espléndida interpretación pode apreciarse o domínio das características típicas do canto popular galego e destaca a calidade diferenciada da voz rasgada e co amplo vibrato característico do canto xitano.☺️

🧐O segundo rexistro é un marabilloso arranxo de Tralo-Valo, un duo composto por na voz e no morteiro e na sanfona.

☺️Agradecemos a as informacións que foron publicadas por a Central Folque no libro “Gustav Henningsen: gravacións musicais en Galiza, 1964-1968”

https://www.youtube.com/watch?v=9ehcw3vvhTA

✨✨VERBENA CHARAMUSGAS✨✨No próximo sábado día 22 celebrarase no Auditorio de   a “Verbena Charamusgas”, un evento festigo...
21/10/2022

✨✨VERBENA CHARAMUSGAS✨✨

No próximo sábado día 22 celebrarase no Auditorio de a “Verbena Charamusgas”, un evento festigo inspirado nas onde a xente se reunía para cantar, tocar e bailar.

✨Trátase de un encontro cívico e festivo organizado polo Colectivo Charamusgas onde os participantes terán a oportunidade de iren vestidos como nos anos 40-60 do século passado. Unha maneira de tirar dos armários e relucir novamente eses tesouros pasados de moda para vivenciar o espírito festivo de aqueles anos.
✨Nas duas primeiras edicións, a estivo dedicada ás cociñas como espazos de encontro e partilla e, nesta ocasión, as protagonistas serán as , sempre acompañadas do canto nos seus labores.
✨Entre as actividades desta singular verbena, destacan un obradoiro de baile orientado por, acompañante habitual das
-🎼 concertos da Banda de Música Santádega e dos grupos Par de Par, De Pé Feito, Airiños da Freba e Coanhadeira.

✨Para terminar a , haberá unha aberta e participativa e ainda sorteos de productos do concello e poderán visitar e comprar nas bancas de artesanías instaladas e ainda ver as rendeiras/palilleiras de Coles a realizar os seus trabalhos.

✨Obviamente, non faltará a comida e a bebida servidas polos restaurantes da zona a prezos populares.
Poden ver o programa completo e os horários no cartaz.
Non perdan!

13/10/2022

Saúdos amigas/os de Ecos Coles!
📣 ⏰ Hoxe recuperamos unha notícia publicada em novembro de 2020 sobre as campás, banda sonora da nossas parroquias e que nos move é dar a coñecer a existencia de unha fabrica de campás em Coles

🔔 🔔 🔔 e isto non é unha notícia menor.

🤓 Xa sabiades que en houbo unha de ?

O Boletín Oficial da de marzo de 1908 dá noticia da existencia dunha antiga fábrica. Podería quizais algún de vós ampliar esta información? 🧐

🎎 🧧 As primeiras noticias sobre campás proceden da milenios antes da nosa era. Por outra banda, o empezounas a introducir na nosa cultura arredor do século V.

⛪️ A palabra “campá” ten a súa orixe na rexión italiana de , onde se comezaron a empregar nos . En galego tamén temos a palabra “sino” cuxa orixe vén do latín “signum”, que significa “sinal” e así nos expresamos porque as campás dan “sinal”. O oficio dos fabricantes ou de deu orixe ao apelido . 🔔 🔔

🔔 🎼 As forman parte cotiá da sonora das : marcan as horas, chaman á misa, animan procesións, anuncian funerais e enterros –dan sinais diferentes se quen faleceu é home, muller ou neno–, alertan de incendios, avisan os barcos cando hai néboa ou chaman para traballos comunitarios.

🔔 🤫 Só fican mudas tres días ao ano durante a Semana Santa sendo substituídas por carracas de madeira. Para o Lisón Tolosana, as campás son o símbolo máis expresivo da unión mística da parroquia.

👇 👇 👇 Nos comentarios poderedes ver a Urbano Valente, máis coñecido por "O Cachelo", de San Xoán de , exercendo o seu oficio 👇 👇 👇

Imaxe e vídeo de o sineiro "O Cachelo", recollida de Eva Tato Gonzalez

😀Coles, TERRA de EBANISTAS           🔹 Muebles RodríguezColes é terra de   e centro de referencia na construción de mobl...
29/09/2022

😀Coles, TERRA de EBANISTAS
🔹 Muebles Rodríguez
Coles é terra de e centro de referencia na construción de mobles durante parte dos séculos XIX e XX.

A ebanistaría é unha especialización da carpintaría orientada á construción de mobiliario. 🚪🪑🛏️
O termo ebanista/ebanistaría provén da árbore africana do ébano que dá unha madeira dura e pesada, negra no centro e branca na casca.
✏️A palabra apareceu en Francia no século XVII, onde o “ébéniste” difería do “menuisier” ou carpinteiro: o carpinteiro
traballaba pezas entalladas en madeira común e o ebanista dedicábase aos mobles folleados.
🪚O ebanista ten que ter nocións de xeometría, unha concepción espacial por riba da media e un amplo coñecemento dos tipos de acabado da madeira.
Entre as disciplinas que un debe dominar, encontramos a Marquetaría, o Entallado, o Torneado ou o Embutido, entre outras.

🪚Entre os moitos ebanistas que deu, destaca o nome e a arte de ANTONIO RODRÍGUEZ VALENTE, que, en 1️⃣8️⃣6️⃣0️⃣, decidiu abrir en a ebanistaría coñecida por Muebles Rodríguez e que mantería a súa actividade até o ano 1️⃣9️⃣6️⃣7️⃣.
A súa arte mereceu un gran recoñecemento e foi no final do século XIX cando comezou a recibir moitos pedidos.
Foi un profesional tan valorado que lle pediron facer o salón de plenos do e o gabinete do alcalde así como a ESCALEIRA principal do edificio municipal. 😀
Outros traballos que podemos apreciar aínda hoxe son a Farmacia Cobián, na Rúa do Paseo, ou o Xulgado.
Tamén deixou constancia da súa obra nos desaparecidos hoteis Barcelona e Roma.

📷As fotografias que ilustran esta publicación son as dos dous lanzos da espléndida escadaria interior da .
Fotografias de Alberte Paz

🐂O TOURO MIÑO🐂Os que teñen unha certa idade terán gardado na súa memoria emocional o TOURO MIÑO, un animal que se tornou...
15/09/2022

🐂O TOURO MIÑO🐂

Os que teñen unha certa idade terán gardado na súa memoria emocional o TOURO MIÑO, un animal que se tornou mítico a partir de 1955 pola súa participación nunha Feira-Exposición Agropecuaria e Industrial que se celebrou en .

🐂O TOURO MIÑO foi un Maxestoso animal de Raza de incríbel e hipnótica beleza que se criou no que era coñecido como Centro de Selección de Gando de .
Sabemos que os seus pais foran PERMO e LOÑA e que pesou 59 kg ao nacer.
👁️‍🗨️ Con catro anos de idade chegou a pesar 1096 kg, tiña un perímetro torácico de 235 cm e unha alzada á cruz de 160cm.
👁️‍🗨️🎙️O TOURO gañou popularidade e a Prensa franquista deulle unha importante cobertura pondo en destaque as súas características excepcionais, principalmente, que foi pai por inseminación artificial de case 2500 becerros en dous anos e que contribuíu á economía galega con máis de 20 millóns de pesetas da época.

🏆🐂Nese mesmo ano de 1955, foille adxudicada a Copa Philips Roxane, trofeo que a empresa e laboratorio norteamericano destinaba a touros sementais.

👁️‍🗨️A popularidade do Miño foi tal que até nese ano lle foi dedicado un poema publicado no xornal e do que reproducimos unha parte:

“… Pero es toro, torito,
que toro “Miño” le llaman,
con su “estructura” redonda
que pesa una tonelada,
eso sí que es una cosa
digna de ser admirada
por su mole en peso bruto,
por su fuerza de cornada,
y por el boyero encanto
que obliga a las dulces vacas
a decir, rumiando amores:
Que tienes en la mirada,
Miño, de los ojos tiernos,
que nos cortas y embarazas
y estás a las vacas gordas
igual que a las vacas flacas?…”.

Agradecemos ao de a cesión da fotografía que publicamos.

🤔 Se cadra xa sabes que hai unha novela que está ambientada nas terras de  .              🔸Titúlase “ENCANTIÑO”. ✏️Foi p...
08/09/2022

🤔 Se cadra xa sabes que hai unha novela que está ambientada nas terras de .
🔸Titúlase “ENCANTIÑO”.
✏️Foi publicada en 1921 polo presbítero natural de , Germán Rodríguez García, e chegou a ter tres edicións.
✏️Germán R. García tamén publicou outras novelas de costumes como “Flores del Campo” (1913), “Fantasías y realidades” (1914), “El País delensueño”
(1918) e “La Meiga deVilquirime” (1922), alén dalgunhas poesías, escritos
xornalísticos e outros textos.

De sabemos, entre outras cousas, que escribiu en xornais
e frecuentou a vida Cultural, que se implicou na Fundación da en Madrid en 1913 e que foi vicesecretario da mesma.
Falou no famoso banquete homenaxe ao padre agrarista Basilio Álvarez no Hotel Europa de Ourense en 1922 e en 1931 foi nomeado profesor da Cátedra de Religión y Moral y Fundamentos de Dialéctica de la Escuela del Hogar, en Madrid, onde xa ensinara Historia de la Civilización e Historia Critica de España. No ano 1938 foi nomeado presbítero da parroquia de Melias.
✏️“ENCANTIÑO” é unha novela de costumes, ruralidade, paisaxe paisanaxe, unha homenaxe á TERRA NATAL do autor.
✏️Reproducimos a tapa do libro e dúas
páxinas para poderen apreciar o estilo.

Velaquí a páxina de Facebook das Terras de Coles e das nosas xentes que quizais estabas a agardar. Unha páxina con notic...
01/09/2022

Velaquí a páxina de Facebook das Terras de Coles e das nosas xentes que quizais estabas a agardar. Unha páxina con noticias presentes, pasadas e futuras do noso concello, da nosa historia, do noso patrimonio, das nosas xentes e actividades. Un espazo cívico aberto ao abeiro dos valores da solidariedade, a liberdade, o respecto, a xustiza, a fraternidade, a cooperación e a igualdade.

Benvidas e Benvidos!!

Foto Alberte Paz Garza
.

Dirección

Coles

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando ECOS De COLES publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría