Airoá Comunicación

Airoá Comunicación Asociación Cultural que impulsa proxectos sobre educación en comunicación e patrimonio inmaterial, tr

Germán López Quiroga, camiño dun século 'No tren da vida'.Son poucas as persoas que non coñecen de algo a Germán López Q...
29/03/2024

Germán López Quiroga, camiño dun século 'No tren da vida'.

Son poucas as persoas que non coñecen de algo a Germán López Quiroga na comarca de Lemos. Un home polifacético onde os haxa unido irremediablemente á historia do ferrocarril en Monforte, ferroviario de profesión e de corazón. Aos seus 97 anos non é difícil velo coa súa cámara de fotos en calquera evento cultural ou gastronómico da Ribeira Sacra, territorio do que é un dos principais embaixadores a través do seu activismo nas redes sociais.
A poesía e a música son outras das súas grandes paixóns, pero a ilusión e vitalidade no día a día son os principais alimentos para a súa envexable lonxevidade. No camiño dos 100 anos, escribe, divulga e non esquece. Germán é memoria viva e constructor de comunidade.

Comparte a nosa charla con el nesta peza audiovisual realizada por Airoá Comunicación co apoio da Vicepresidencia. Deputación de Lugo e que non sería posible sen o bo trato do Museo do Ferrocarril de Monforte.

O documental amosa un perfil humano moi ligado á importancia e historia do ferrocarril no sur de Lugo e á memoria. Ao mesmo tempo pretende servir como exempl...

O vindeiro venres chega a Chantada a historia de Manuel Díaz, coñecido como "o médico dos pobres". Será a través da prox...
28/11/2023

O vindeiro venres chega a Chantada a historia de Manuel Díaz, coñecido como "o médico dos pobres". Será a través da proxección do documental dirixido por Federico Rioboo e impulsado pola asociación A Memoria é Náufraga.
A Vicepresidencia. Deputación de Lugo organiza un ciclo de proxeccións desta peza audiovisual que leva o título 'O médico dos pobres', sobre o doutor e alcalde republicano do Incio (Sarria) coñecido tamén como 'O pequeniño do Incio', quen foi asasinado polos falanxistas no ano 1936. O fío condutor desta obra parte do libro "Siembra y memoria. Muerte y evocación de un médico republicano", escrito por José Luis Díaz, sobriño do protagonista.
Con esta actividade o organismo provincial e o seu departamento de Cultura prentenden contribuír á "documentación da represión e ao recoñecemento das vítimas do franquismo". Este ciclo que leva o filme por toda a xeografía luguesa conta co impulso de A Casa da Memoria, a colaboración dos concellos nos que se exhibe e varias entidades asociativas locais. No caso de Chantada, Airoá Comunicación e o Concello de Chantada.
A entrada para ver a película, que se proxecta o 1 de decembro, é libre e de balde. Comeza ás 20.30h no auditorio municipal.

'No somos nada' é o filme que pechará este venres este outono de cinema en Chantada.A última proxección do ciclo Mestre ...
15/11/2023

'No somos nada' é o filme que pechará este venres este outono de cinema en Chantada.
A última proxección do ciclo Mestre Mateo Cinema Galego 2023 terá lugar no auditorio municipal de Chantada ás 20.00h. este 17 de decembro.
SINOPSE: Tras anos de silencio, a lexendaria banda vasca La Polla Records regresa aos escenarios por sorpresa. Evaristo Páramos, o seu carismático vocalista, anúnciao en roda de prensa. Os seus miles de seguidores corren a voz e prepáranse para o acontecemento. Evaristo fai memoria desde a súa pel de punk aldeán. O seu relato enrédase con cancións, fotografías, fragmentos de animación e vellos vídeos da banda. Mil e un concertos quedan no recordo.
O filme, dirixido por Javier Corcuera, pode verse con entrada libre e de balde ata completar aforo.
Esta acción cultural é posible grazas á Academia Galega do Audiovisual, a Vicepresidencia. Deputación de Lugo coa colaboración do Concello de Chantada e esta casa, a asociación Airoá Comunicación .

Grazas pola vosa asistencia nesta nova edición que achegou o cinema galego á veciñanza.

Preparados para un novo venres de cinema?No auditorio de Chantada, con entrada libre e de balde ata completar aforo, con...
08/11/2023

Preparados para un novo venres de cinema?
No auditorio de Chantada, con entrada libre e de balde ata completar aforo, continúan as proxeccións do Ciclo Mestre Mateo. Esta semana poderemos ver 'A Foreing Song'.
10/11/23
20.00h
Auditorio Municipal de Chantada.
Unha actividade cultural da Academia Galega do Audiovisual, a Vicepresidencia. Deputación de Lugo e co apoio do Concello de Chantada e esta casa: Airoá Comunicación

SINOPSE:
' Traballou nunha compañía de seguros durante 40 anos. Todos os días se erguía ás 6 e deitábase ás 21.00h Nos seus días tranquilos non hai peripecias reseñables, nin grandes dramas. Ninguén diría que este home de vida ordinaria e aburrida é o autor dunha das obras poéticas máis singulares do século XX. Cando se lle pediu unha reseña biográfica para presentar a súa obra, o poeta modernista estadounidense Wallace Stevens negouse a escribila. Cría profundamente que a poesía non é persoal e que a voz que estaba detrás dos seus poemas era en realidade a voz dun Outro. Alguén, ao lonxe, observa as casas idénticas nos suburbios solitarios de Estados Unidos. Na cidade dos cartos, onte e hoxe, unha multitude camiña sen descanso. Voces sen rostro len fragmentos das cartas do poeta. Un paxaro de plumas douradas canta unha canción.

O venres será outra noite de cinema. O ciclo mestre Mateo achega desta volta 'O Corpo Aberto' ás 20.00h. ao Auditorio Mu...
31/10/2023

O venres será outra noite de cinema. O ciclo mestre Mateo achega desta volta 'O Corpo Aberto' ás 20.00h. ao Auditorio Municipal de Chantada. Entrada de balde.

SINOPSE
'1909. Miguel, un mestre novo, é destinado a unha pequena vila de montaña na fronteira entre España e Portugal: Lobosandaus, unha aldea inhóspita e de tradicións ancestrais. É un home de razón, pero non pode controlar os seus desexos pasionais e, conforme se achega o inverno, sente como a escuridade se apodera de todo ao seu redor á vez que crece a súa fascinación pola enigmática Dorinda. Nun lugar dominado pola superstición, a estraña morte dun veciño da aldea libera un espírito en busca dun corpo que lle permita seguir coa súa existencia, que levará a Miguel a cuestionar os límites entre o mundo dos vivos e o dos mortos.'
Esta acción cultural é impulsada pola Academia Galega do Audiovisual co apoio da Vicepresidencia. Deputación de Lugo e coa colaboración de Airoá Comunicación e o Concello de Chantada.

23/10/2023
Non esquezas que o venres hai cinema en Chantada. Chega a proxección de Código Emperador dentro do ciclo Mestre Mateo da...
18/10/2023

Non esquezas que o venres hai cinema en Chantada. Chega a proxección de Código Emperador dentro do ciclo Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual coa colaboración da Vicepresidencia. Deputación de Lugo e o apoio do Concello de Chantada e Airoá Comunicación.

20/10/2023
Coma sempre.
Ás 20.00h.
Entrada de balde
Auditorio Municipal de Chantada

Este venres regresa o cinema  a Chantada coa historia de 'María Casares: A muller que viviu mil vidas', no marco do cicl...
09/10/2023

Este venres regresa o cinema a Chantada coa historia de 'María Casares: A muller que viviu mil vidas', no marco do ciclo Mestre Mateo. Entrada de balde ata completar aforo.

13/10/2023 ás 20.00h.
Auditorio Municipal de Chantada

Unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual xunto coa Vicepresidencia. Deputación de Lugo e coa colaboración do Concello de Chantada e esta casa, Airoá Comunicación.

Este venres regresa o cinema con marca galega a Chantada no marco do ciclo Mestre Mateo. Entrada de balde ata completar ...
04/10/2023

Este venres regresa o cinema con marca galega a Chantada no marco do ciclo Mestre Mateo. Entrada de balde ata completar aforo para a exhibición do filme 'Live is Life' do director monfortino Dani de la Torre.

6/10/2023 ás 20.00h.
Auditorio Municipal de Chantada

Unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual xunto coa Vicepresidencia. Deputación de Lugo e coa colaboración do e esta casa, Airoá Comunicación.

O filme de animación Valentina inaugura este venres a nova quenda do ciclo de cinema Mestre Mateo en Chantada. Unha inic...
27/09/2023

O filme de animación Valentina inaugura este venres a nova quenda do ciclo de cinema Mestre Mateo en Chantada. Unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual xunto coa Vicepresidencia. Deputación de Lugo e coa colaboración do Concello de Chantada e desta casa Airoá Comunicación

Todos os filmes deste circuito teñen entrada gratuíta e serán proxectados ás 20.00h. no auditorio municipal de Chantada. Entrada libre ata completar aforo.

Neste outono regresa a   o Ciclo Mestre Mateo. O Circuito de Cinema Galego impulsado pola Academia Galega do Audiovisual...
25/09/2023

Neste outono regresa a o Ciclo Mestre Mateo. O Circuito de Cinema Galego impulsado pola Academia Galega do Audiovisual co apoio da Vicepresidencia. Deputación de Lugo chega á vila do Asma con oito sesións de cinema entre setembro e novembro grazas á colaboración do Concello de Chantada e desta asociación educativo cultural Airoá Comunicación.

Esta actividade cultural é de balde e para todos os públicos. Aquí vos deixamos a carteleira que nos agarda nas vindeiras semanas.

O venres 18 de novembro hai cinema galego en Chantada. O ciclo Mestre Mateo trae desta volta a proxección do filme 'Tres...
15/11/2022

O venres 18 de novembro hai cinema galego en Chantada.
O ciclo Mestre Mateo trae desta volta a proxección do filme 'Tres', un thriller de Juanjo Giménez protagonizado por Marta Nieto.

A entrada para ver o filme, que se proxectará no auditorio municipal de Chantada, é libre e de balde, ás 20.00h.
Esta actividade cultural é posible grazas á Academia Galega do Audiovisual xunto coa Vicepresidencia. Deputación de Lugo e a colaboración do Concello de Chantada e a nosa casa, Airoá Comunicación.

Dirección

Rúa Taboada 1
Chantada
27500

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Airoá Comunicación publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Airoá Comunicación:

Compartir