En son de Paz

En son de Paz Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de En son de Paz, Lista de éxitos musicales, Praza do Cantón, Chantada.

En Son de Paz busca ser un encontro da veciñanza Chantadesa que retome a vida comunitaria nos espazos públicos, a través da música e da cultura e que pretende aproveitar a necesidade das persoas de tomar parte coa realidade que nos toca vivir.

07/05/2022

Hoxe podedes escoitar o que nos contou Abderraman Abdelmomen, refuxiado saharaui.

07/05/2022

E rematamos as palestras coa exposición de AGA-Ucraína. Mil grazas David Pinancho audiovisuais polo teu tempo e por este material tan valioso.

06/05/2022

Quenda de Moncho Iglesias, sobre o campo para persoas refuxiadas do Iemen no que estivo. Grazas David Pinancho audiovisuais

05/05/2022

Corriximos publicación aclarando que neste vídeo, ademáis de Francisco Melón, fala Ahmad Matar, refuxiado sirio e actual traballador dentro do sistema de asilo.

05/05/2022

Velaquí o que nos contou Leticia Santaballa Santos. Grazas David Pinancho audiovisuais

04/05/2022

Espallamos as palestras que o amigo David Pinancho audiovisuais tivo a ben gravar. Grazas David 😉

Comezamos con Francisco Melon Carraro, xurista especializado en migracións ambientáis. Foi un gustazo escoitarte, Fran. Agardamos que a túa visita fora a primeira de moitas 🤩

E, que carai! tamén nos damos os parabéns a nós, a todas as persoas que estivemos nos embarcamos a organizar este movidó...
03/05/2022

E, que carai! tamén nos damos os parabéns a nós, a todas as persoas que estivemos nos embarcamos a organizar este movidón, que unas veces discrepamos e outras concordamos, e non poucas veces tivemos gana de non ter comezado. Pero pagou a pena.
E non queremos deixar de mencionar Neyra e Lina do Mar & Bellota que botaron as catro mans, a Aymará que nos preparou o xantar co todo o seu amor cubano-galaico, e a Lorena Gay Novoa e a Isaac Viana que son ouro puriño e cando achegan o ombreiro poñen o corpo enteiro. Grazas polo voso traballo!!!

03/05/2022

Ben, xentiña, pois hoxe si, xa con todo repousado, somos quen de facer balance.
O resumo é que compre moitas máis coma a do sábado na nosa vila. Compre a fusión da veciñanza, da música, da música, da festa e da divulgación, da sensibilización e da reivindicación de xustiza social.
Foi importante poñer cara e achergar ouvidos e ollos ás persoas refuxiadas que foxen das guerras, da violencia, da fame... E foi importante atopármonos na praza máis emblemática da nosa vida facendo comunidade.
Así que parabéns e grazas. Grazas a todas as persoas que vos achegastes, a todas as empresas e productor@s que aportastes o froito do voso traballo, ao Concello de Chantada (nomeadamente ao Penela), ás e aos poñentes das interensantísimas palestras e a todas as persoas e agrupacións que tocastes pola tarde.

A recadación transferirase o venres a entidades que traballan polos dereitos das persoas refuxiadas.

Grazas ás doazóns de todas as empresas e persoas productoras que colaboran, pola tarde poderedes desfrutar da música cun...
30/04/2022

Grazas ás doazóns de todas as empresas e persoas productoras que colaboran, pola tarde poderedes desfrutar da música cuns petiscos. Haberá bandexiñas de 2 € e 6 €.

29/04/2022

Veña, facemos resumo de todo o que temos por diante mañá?

📢📢 A partires das 11.30 no Auditorio de Chantada, palestras en dúas mesas:

👉 Mesa xurídico-social:

✔️Javier Fernández Vázquez, xurista experto en estranxeiría, falará da regulación legal do asilo/refuxio
✔️Ahmad Matar, foi refuxiado e agora traballa no sistema de proteción internacional a persoas refuxiadas
✔️Leticia Santaballa Santos, é investigadora da UDC no ESOMI e membro do proxecto Welcoming Space de acollida de persoas refuxiadas en zonas rurais
✔️Francisco Melón Carraro, xurista especializado e migracións ambientáis

👉 Mesa activismo:

✔️Moncho Iglesias Míguez, profesor e cooperante falarán sobre África e o Iemen como refuxio
✔️Alderraman Abdelmomen, refuxiado saharaui galego, falará das persoas refuxiadas saharauis
✔️AGA-Ucraína, asociación galega de axuda a Ucraína, falará da situación das persoas ucraínas refuxiadas.

📢📢 A partires das 17.00 soarán nas rúas de Chantada as gaitas de Grupo de gaitas "Os Barrios" de Chantada para inspirarvos, para levantar o espírito e para conducirvos coa nosa música ao Cantón, onde vos agarda unha tarde cheíña de música:

🟡17.00 Coro Ucraíno (Ucraína)
🟢17.35 Estrella Polisaria (Sáhara)
🔵18.10 Academia con Aziz e Ayjou (Chantada e Marrocos)
🔴18.45 As Searas
🟣19.20 Fábrica
🟠19.55 Liviao de Marrao
🟤20.30 Rastreros

Grazas a tod@s de antemán. Só o feito de ter conseguido a unión de tantas mans é un éxito da veciñanza da nosa vila.

A Academia Searas Fábrica de EspejosConcello de Chantada Liviao de Marrao. Rastreros

Adegas e Viñedos Lareu Adega Cabo do Mundo Antonio do Nicho Adegas Amedo Os Cipreses Enonatur Via Romana Condado de Sequeiras Adega Castrofiz Albarduxe Bodega Pincelo Daveiga - Galletas Mariñeiras Airas Moniz Besbello Papelería Imprenta Cotobade Arean Carballo

Concello de Chantada

Pois semella que xa vai!!! 🥳🤩Velaí tedes as cubas que instalou o Concello de Chantada (tamén puxo o palco e está a colab...
29/04/2022

Pois semella que xa vai!!! 🥳🤩
Velaí tedes as cubas que instalou o Concello de Chantada (tamén puxo o palco e está a colaborar activamente con toda a organización). Nunha das cubas trocaredes os vosos cartos por moedas solidarias coas que pagar as consumicións 🍺🍷🥖🧀 e poderedes mercar as vosas copas e noutra serviranse as consumicións.
Como xa vos contamos, todas doadas por distintas empresas e productor@s da nosa comarca. O recadado irá destinado a entidades que traballan na axuda a persoas refuxiadas.
Entre tod@s ao final liaremos unha boa!!

27/04/2022

📢 Actualizamos colaboracións!
Grazas a Custom Drinks Estrella Galicia poderedes tomarvos tamén unha caña desfrutando dos concertos da tarde. Lembrade que o recadado irá destinado a distintas entidades que traballan na axuda ás persoas refuxiadas.

GRAZAS!!

Dirección

Praza Do Cantón
Chantada
27500

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando En son de Paz publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir