Semana Santa Burela

Semana Santa Burela Pagina Oficial de la Asociacion de Semana Santa de Burela

🎬 30 ANOS DE HISTORIAA Cofradía do Santísimo Cristo e María Santísima das Dores de Burela ten o orgullo de presentar un ...
15/04/2026

🎬 30 ANOS DE HISTORIA

A Cofradía do Santísimo Cristo e María Santísima das Dores de Burela ten o orgullo de presentar un documental moi especial co que celebramos 30 anos de historia, fe e tradición.

Un percorrido pola memoria da nosa Semana Santa, polas persoas que a fixeron posible e por todos os momentos que forman parte da historia de Burela.

📅 Mércores 22 de abril
🕘 21:00 h
📍 Auditorio da Casa da Cultura de Burela
🎟 Entrada gratuíta

Convidamos a toda a veciñanza, asociacións e persoas que forman parte da nosa historia a acompañarnos nesta noite tan especial.

Porque trinta anos non son só tempo… son lembranzas, emocións e futuro.

05/04/2026

✨ A ledicia da Resurrección encheu as rúas e os corazóns neste Domingo de Pascua.

Acompañados pola música de , vivimos un dos momentos máis especiais da nosa Semana Santa: a celebración da vida, da esperanza e da fe renovada.

🎶 Cada nota foi anuncio de alegría. ✝️ Cristo resucitou. 🤍 A luz venceu á escuridade.

Grazas a todos os que fixestes posible este día tan emocionante e, especialmente, á SCR Ledicia por poñer banda sonora a unha mañá inesquecible.

04/04/2026

Un Día marcado pola emoción e, sobre todo, pola esperanza acompañados da agrupación

Despois do silencio sempre chega a luz, e con ela a ilusión renovada de seguir camiñando xuntos.

Que estes días nos deixen no corazón unha mensaxe de fe, esperanza e vida.

04/04/2026

No silencio sagrado do Venres Santo, as rúas de Burela énchense de recollimento e oración coa procesión dos Caladiños.

Cada paso, cada mirada e cada nota da Agrupación Dambara acompaña este camiño de fe, no que o silencio fala e o corazón reza.

Unha procesión que nos invita a vivir con solemnidade e devoción o misterio da Paixón, deixando que a música e o recollimento nos conduzan cara ao Calvario.

03/04/2026

Na noite na que o Señor partiu o pan e entregou o cáliz do amor, a comunidade reuniuse na celebración da Última Cea do Señor, acompañada polas voces da , que elevaron a oración ao ceo.

Despois, no silencio solemne das rúas, a imaxe da Oración na Horta das Oliveiras saíu ao encontro do pobo, lembrando a angustia, a entrega e a confianza de Cristo no Pai.

Acompañada musicalmente pola agrupación , a procesión converteuse nun camiño de fe, recollimento e esperanza, no que cada paso nos achega ao misterio da Paixón.

Porque nestas noites santas, Burela reza camiñando.

⚫ Venres SantoO venres 3 de abril viviremos a Celebración da Paixón do Señor ás 20:30 h e, a continuación, a Procesión d...
02/04/2026

⚫ Venres Santo

O venres 3 de abril viviremos a Celebración da Paixón do Señor ás 20:30 h e, a continuación, a Procesión do Caladiños.

Silencio, respecto e emoción acompañarán o percorrido polas nosas rúas. acompañados musicalmente por

Un dos momentos máis sobrecollentes da Semana Santa de Burela.

🕯️ Hai un lugar para ti.

02/04/2026

No silencio da noite e baixo a luz da fe, o Vía Crucis percorreu o camiño desde a Vila do Medio ata a igrexa parroquial, acompañado polo Cristo e pola Virxe das Dores.

Un percorrido de oración, recollimento e emoción, no que cada paso nos achega ao verdadeiro sentido da Semana Santa: a paixón, o amor e a esperanza.

Grazas a todas as persoas que acompañastes este momento tan especial.

🍞 Xoves SantoO xoves 2 de abril celebraremos a Última Cea do Señor e lavatorio de pés ás 20:00 h e ás 21:00 h terá lugar...
01/04/2026

🍞 Xoves Santo

O xoves 2 de abril celebraremos a Última Cea do Señor e lavatorio de pés ás 20:00 h e ás 21:00 h terá lugar a Procesión da Oración na Horta.

Unha noite profunda e chea de significado, na que tradición e emoción se mesturan nas rúas de Burela acompañados musicalmente da man de

Comezan os momentos máis intensos da Semana Santa.

🕯️ Hai un lugar para ti.

🕯️ Mércores SantoO mércores 1 de abril ás 20:00 h celebraremos Santa Misa na Igrexa da Vila do Medio e, posteriormente, ...
31/03/2026

🕯️ Mércores Santo

O mércores 1 de abril ás 20:00 h celebraremos Santa Misa na Igrexa da Vila do Medio e, posteriormente, o Vía Crucis ata a igrexa parroquial.

Un camiño de silencio, de reflexión e de acompañamento que nos prepara para os días centrais da Semana Santa.

Un paso máis neste percorrido compartido.

🕯️ Hai un lugar para ti.

30/03/2026

Domingo de Ramos en Burela 🌿✨

Así vivimos o inicio da nosa Semana Santa: fe, emoción e tradición enchendo as rúas da vila nun día tan especial.

Entre palmas e ramos, acompañamos a entrada triunfal de Xesús en Xerusalén, dando comezo a uns días de fonda devoción e encontro.

Grazas a todas as persoas que participaron e nos acompañaron neste primeiro paso do camiño cara á Pascua.

A Semana Santa de Burela xa está en marcha.
Isto non fixo máis que comezar.

Dirección

Rosalia De Castro 27
Cervo
27880

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Semana Santa Burela publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir