AVV Encrobas Viva

Cómo llegar Contactar con la empresa

AVV Encrobas Viva Asociación de veciñas e veciños de Encrobas

✨ Onte vivimos unha xornada moi especial en Encrobas, e só podemos dicir: grazas.🥾 Grazas de corazón a todas as persoas ...
21/06/2026

✨ Onte vivimos unha xornada moi especial en Encrobas, e só podemos dicir: grazas.

🥾 Grazas de corazón a todas as persoas que nos acompañastes na andaina e fixestes deste encontro un espazo de memoria e comunidade.

📖 Grazas a Lolo, Anxo, Paulu e Anxos polas súas explicacións ao longo do percorrido.

🎭 Tamén queremos agradecer fondamente á compañía Catro Gatos pola súa magnífica interpretación de Encrobas. A pesar dos contratempos e dos cambios de última hora na organización, grazas pola vosa implicación, pola vosa disposición e por querer sacar adiante a representación. Canto nos gustou e canto nos fixo sentir e lembrar!

🎶 Grazas á asociación de mulleres A Xungueira de Encrobas por emprestarnos o equipo de son e a Camilo por estar aos mandos da mesa.

💛 Seguimos abrindo camiños, facendo memoria e construíndo comunidade.

📢 Mañá despois da andaina teremos a representación da obra de teatro Encrobas, a cargo da Compañía Catro Gatos.🕘 Ás 21:0...
19/06/2026

📢 Mañá despois da andaina teremos a representación da obra de teatro Encrobas, a cargo da Compañía Catro Gatos.

🕘 Ás 21:00 h

📍 No Campo da Festa de Encrobas

Se non podes acompañarnos na andaina, tes a oportunidade de vir despois e facer memoria e comunidade con nós a través do teatro 🎭

Agardámoste!

🍃 **Recordade!** Este sábado saímos ás 16:00 h de Pontoxo para redescubrir a memoria e seguir abrindo camiños de comunid...
18/06/2026

🍃 **Recordade!** Este sábado saímos ás 16:00 h de Pontoxo para redescubrir a memoria e seguir abrindo camiños de comunidade e veciñanza. 🥾🌿

☀️ Deixámosvos a previsión do tempo, que parece que nos vai acompañar:

💧 Non esquezades traer auga e algo de froita, protección solar, gorra e calzado cómodo.

🚶🏼‍♀️‍➡️🚶🏽‍♀️‍➡️🚶🏽‍➡️🚶🏼‍➡️Agardámosvos para compartir camiño, memoria e comunidade!🚶🏽‍♀️🚶🏼‍♀️🚶🏽🚶🏻‍♀️

🚶‍♀️✨ O sábado por só 10€ podes conseguir o teu chaleque oficial para acompañarnos na andaina. Unha forma de ir máis vis...
17/06/2026

🚶‍♀️✨ O sábado por só 10€ podes conseguir o teu chaleque oficial para acompañarnos na andaina.

Unha forma de ir máis visibles, máis seguras e ademais colaborar con esta iniciativa 💛

📍 Encrobas Viva
🌱 Terra de loita, terra de vida

Aínda non te anotaches? Faino no enlace

👇🏼🥾

https://forms.gle/Ydpo9Dpfat11pQDBA

Ningún destes solpores foi igual ao anterior. 🌅 E todos teñen algo en común: as Encrobas. Se queres descubrilos en prime...
16/06/2026

Ningún destes solpores foi igual ao anterior. 🌅 E todos teñen algo en común: as Encrobas. Se queres descubrilos en primeira persoa, acompáñanos o día 20 na andaina Abrindo Camiños. 👣💚

🌿🚶‍♀️ Descubre a beleza de Encrobas🚶‍♂️🌿Acompáñanos na nosa andaina, unha oportunidade perfecta para g***r da natureza, ...
15/06/2026

🌿🚶‍♀️ Descubre a beleza de Encrobas🚶‍♂️🌿
Acompáñanos na nosa andaina, unha oportunidade perfecta para g***r da natureza, compartir unha xornada de convivencia e redescubrir as paisaxes únicas que nos rodean.
Ao longo do percorrido atravesaremos camiños cheos de historia, recunchos de gran valor natural e espazos dende os que contemplar algunhas das vistas máis fermosas da nosa contorna. Unha ocasión para respirar aire puro, camiñar en boa compañía e poñer en valor o patrimonio natural que temos tan preto.

Anímate a participar e trae familia e amizades. Entre todos seguiremos facendo visible e apreciando a riqueza natural das Encrobas.

👉 Anótate no seguinte enlace:
https://forms.gle/Ydpo9Dpfat11pQDBA

🌿 Dende a Asociación Veciñal Encrobas Viva queremos seguir abrindo camiños, compartindo encontros e enchendo de vida a n...
10/06/2026

🌿 Dende a Asociación Veciñal Encrobas Viva queremos seguir abrindo camiños, compartindo encontros e enchendo de vida a nosa parroquia 🌿

Por iso, convidámosvos a participar na nosa 2ª Andaina “Abrindo Camiños”, o vindeiro 20 de xuño 🥾💚
📍 Saída ás 16:00 h do local social de Pontoxo
📏 Percorrido de 11 km

Ao rematar haberá uns petiscos para repoñer forza. 🍴💚

🎭 Ademais, ese mesmo día terá lugar a representación da obra “Encrobas”, presentada pola compañía Catro Gatos de Bergondo

👉 Anótate no seguinte enlace:
https://forms.gle/Ydpo9Dpfat11pQDBA

🌿Dende a Asociación Veciñal Encrobas Viva queremos seguir abrindo camiños, compartindo encontros e enchendo de vida a no...
20/05/2026

🌿Dende a Asociación Veciñal Encrobas Viva queremos seguir abrindo camiños, compartindo encontros e enchendo de vida a nosa parroquia 🌿
Por iso, convidámosvos a participar na nosa 2ª Andaina “Abrindo Camiños”, o vindeiro 20 de xuño 🥾💚
📍 Saída ás 16:00 h do local social de Pontoxo
📏 Percorrido de 11 km
Ao rematar haberá uns petiscos para repoñer forza, e a representación da obra “Encrobas” presentada pola compañía Catro Gatos de Bergondo🎭
👉 Anótate no seguinte enlace:
https://forms.gle/Ydpo9Dpfat11pQDBA

01/02/2026
29/01/2026

Dirección

Encrobas
Cerceda
15187

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando AVV Encrobas Viva publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a AVV Encrobas Viva:

Atajos

Compartir

Categoría