Auditorio Municipal de Cedeira

Auditorio Municipal de Cedeira Espazo para as artes escénicas no Concello de Cedeira

CICLO MESTRE MATEO 2026Auditorio Municipal de CedeiraVenres 26 de xuño – 21.30 has liñas descontinuasEscrita e dirixida ...
11/06/2026

CICLO MESTRE MATEO 2026
Auditorio Municipal de Cedeira
Venres 26 de xuño – 21.30 h
as liñas descontinuas
Escrita e dirixida por Anxos Fazáns.

Sinopse:
Bea é unha muller de 50 anos en proceso de divorcio e Denís un rapaz trans de 28 anos que loita contra a precariedade laboral, un suceso inesperado lévaos a coñecerse e este encontro transformará para sempre a súa realidade.
Duración: 90 min
Calif**ación por idades: Non recomendada para menores de 12 anos

Finalista nas categorías de: Dirección de fotografía, Dirección de produción, Dirección, Guión, Interpretación Feminina Protagonista , Interpretación Masculina Protagonista, Maquillaxe e perruquería, Montaxe, Música orixinal, Son e Longametraxe

Ciclo Mestre Mateo 2026Sesión 2 - Curtametraxes (Animación)Sábado 20 de xuño - 20.00 hLUCUS Sinopse:  Dunha luz cegadora...
11/06/2026

Ciclo Mestre Mateo 2026
Sesión 2 - Curtametraxes (Animación)
Sábado 20 de xuño - 20.00 h

LUCUS
Sinopse: Dunha luz cegadora emerxe unha forte muller de cabelos dourados, que trata de deter unha escuridade imparable que vén do bosque. Tras ela, arde a muralla de Lucus Augusti. A nova e miúda Augusta esperta doutro pesadelo. Tamén unha vez máis, non lle farán caso cando busque axuda na cidade, pero nesta ocasión coñece a unha muller misteriosa. Resultará ser unha meiga, que recoñece os pesadelos de Augusta como avisos dun inminente perigo e encoméndalle a misión de roubarlle o colar a un demo que se atopa oculto nunha cova no profundo do bosque. Augusta parte á aventura, na que coñecerá a unha vaca (Vaca) e unha c**a (Cacola), que lle axudarán a facerse co colar. De regreso á cidade, comezan a saír do bosque hordas de zombis, que os nosos protagonistas deciden enfrontar. A loita encarnizada é observada por personaxes escondidos: a meiga e unha parella de gardas romanos. O final da batalla será tráxico para os nosos protagonistas, pero non para os gardas, que recibirán todas as honras dos heroes, mentres a muller despreza a Augusta polo seu fracaso. Morreu sendo unha he***na, aínda que ninguén o sabe, e non o fixo soa, pois atopou o que máis quería: A amizade.

Duración: 14 min Non recomendada para menores de 12 anos

NUNO
Sinopse: Nuno ten un ano e poucos meses e vive comodamente cos seus pais. Son unha familia común e feliz, pero hai unha expectativa flotando non aire: Nuno está na idade de botar a falar. Os seus pais, cando falan entre eles, din cousas como «u neno está esperto?» ou «pásame o body». Sen embargo, cando se dirixen a el, as súas palabras cambian de xeito misterioso: «aih mi niño que ya despertó!» ou «despertaste, mi vida?». Nuno sabe que ten que botar a falar, pero non sabe de que forma. De momento vai agardar un pouco, a ver se os seus pais acláranse.

Duración: 3.05 min Apta para tódolos públicos

O CORPO DE CRISTO (GAÑADORA)
Sinopse: Adela, unha muller cun trastorno mental non diagnosticado, busca alivio en rituais populares. Incomprendida pola súa familia e por un sistema médico que lle ofrece a medicación como único remedio, vive convencida de que alguén —ou algo— a observa. Ás veces, sente a súa presenza: tócaa, faille dano e déixaa prostrada na cama durante días. A única comprensión que atopa está na relixión, o que a leva a visitar a un curandeiro e confesar a inquietante orixe do seu sufrimento.
Duración: 12.30 min Non recomendada para menores de 12 anos

O MESMO
Sinopse: Dez anos despois do seu paso polo instituto, Mar e Alex reencóntranse e póñense ao día sobre as súas vidas, a conversación leva aos seus recordos de adolescencia e á breve relación que mantiveron. Mar lémbralle que o compartiu unha foto dela espida, o que para el só foi un xogo de nenos, para ela tivo serias consecuencias.

Duración: 9.40 min Non recomendada para menores de 12 anos

Ciclo Mestre Mateo 2026Sesión 1 - CurtametraxesVenres 19 de xuño - 21.30 hABELLÓN Sinopse:  Álex trata de entender o seu...
11/06/2026

Ciclo Mestre Mateo 2026
Sesión 1 - Curtametraxes
Venres 19 de xuño - 21.30 h

ABELLÓN
Sinopse: Álex trata de entender o seu lugar non mundo, a súa masculinidade, o seu papel nos coidados, os ruídos nos soños do seu avo centenario. Traballa audiodescribindo películas. Lucía é cega de nacemento. Guía a Álex.

Duración: 18.45 min Non recomendada para menores de 7 anos

ADEUS, BERTA
Sinopse Alicia chega a casa dúas seus pais na Pobra do Caramiñal, unha vila costeira de Galicia, para elexir a roupa que levará a súa nai non velorio. Alí reencóntrase coa súa irmá Berta, que acaba de sair do centro de rehabilitación onde está ingresada.

Duración: 17.40 min Non recomendada para menores de 12 anos

ALGO NOVO QUE CONTAR
Sinopse: Xoana pasa ou verán cunhas amigas entres as que está Emma, unha rapaza coa que mantén un romance, Xoana é virxe e sente medo ante a idea de avanzar. Os seus pensamentos dificultan progresar na súa relación con Emma.

Duración: 21 min Non recomendada para menores de 12 anos

CURMÁN (GAÑADORA)
Sinopse: Antón viaxa á aldea dúas seus avós para recibir a súa primeira comuñón. Alí, mentres celebra coa súa familia este día tan especial, unha nova maneira de mirar ou mundo que ou rodea comezará a tomar forma dentro do, levándoo a vivir unha experiencia que marcará para sempre a súa traxectoria vital como individuo, como curmán e como fillo de Deus.

Duración: 24 min Non recomendada para menores de 12 anos

📅 Próximos eventos🎭 “FE”: o vindeiro 12 de xuño ás 20:00 horas, o Auditorio Municipal de Cedeira acollerá a representaci...
10/06/2026

📅 Próximos eventos

🎭 “FE”: o vindeiro 12 de xuño ás 20:00 horas, o Auditorio Municipal de Cedeira acollerá a representación de “FE”, unha peza teatral dirixida por Simone Jenkinson e creada coa participación do alumnado das Aulas Municipais de Teatro.

Máis información:
https://cedeira.gal/events/

Este sábado, 11 de abril, ás 19.00 h recibimos a Xarope Tulú e Galeatro coa peza "Berenguela na Gaiola" que vén de recib...
09/04/2026

Este sábado, 11 de abril, ás 19.00 h recibimos a Xarope Tulú e Galeatro coa peza "Berenguela na Gaiola" que vén de recibir dous premios María Casares nesta última edición.
Público familiar - Entrada 2,5 €

🏆 O Premio María Casares ao Mellor Espectáculo Infantil é para Galeatro e Xarope Tulú por Berenguela na gaiola, teatro para medrar e imaxinar 👶🏼

🤝 Os Premios de Teatro María Casares contan co apoio do Concello da Coruña, da Xunta de Galicia a través da AGADIC, da Deputación da Coruña, a Fundación AISGE e GADIS.

⚒️ Asociacion de Actores e Actrices de Galicia

Auditorio Municipal de Cedeira Sábado 11 de abril, 19.00 hTeatro familiar - Entrada 2,5 €Nunha residencia da terceira id...
06/04/2026

Auditorio Municipal de Cedeira
Sábado 11 de abril, 19.00 h

Teatro familiar - Entrada 2,5 €

Nunha residencia da terceira idade traen de volta á Berenguela, una anciá que aproveita para fuxir en canto pode. Quere volver á súa casa na aldea, onde sempre viviu, onde é feliz. Berenguela protesta, rosma, funga, ata que a súa amiga Aurora consegue acougala. Aurora é outra anciá prisioneira, unha anciá que non lembra ben quen é, así que pode ser o que ela queira. Na mesma residencia está Tomás, que pasa o día mirando pola xanela, cismando nas súas cousas, triste e gris. Representando 'Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela', de Manuel María, as tres anciás atoparán a liberdade que cren perdida e a posibilidade de cambiar o mundo.

Berenguela na gaiola é unha divertida e emotiva proposta para público familiar; unha coprodución de Galeatro e Xarope Tulú co Centro Dramático Galego e o Festival Internacional de Teatro de Carballo (FIOT) con dramaturxia e dirección de Paula Carballeira. A peza foi gañadora do IV Certame Manuel María de Proxectos Teatrais en 2025.

Todo en marcha para acoller ao "Carteiro de Ximaraos", unha peza escrita por Carlos Labraña e levada a escena polos Moni...
28/03/2026

Todo en marcha para acoller ao "Carteiro de Ximaraos", unha peza escrita por Carlos Labraña e levada a escena polos Monicreques de Kukas! Hoxe ás 20.00 h, para non perder!

27/03/2026

Manifesto galego no Día Mundial do Teatro 2026. Por Carlos Callón.

Dise que o xénero por excelencia da nosa literatura, tanto da tradicional como da impresa, é a lírica. Iso é verdade mais tamén é mentira. A nosa é unha lingua que naceu nun verso, mais nun verso que non se lía, senón que se representaba, que se facía carne na voz e nas mans. As xograresas e os xograres que danzaban, xesticulaban e cantaban á calor dunha lareira señorial ou na praza dunha vila, tiñan moito de comediantes. Vimos de moi lonxe.

A nosa literatura trobadoresca é un tesouro abraiante, mais coñecemos só as táboas do naufraxio. Cando no século XVIII se quixeron imprimir algunhas cantigas, o director da Real Biblioteca Española impediuno: a poesía en galego era "capricho, extravagancia y mal gusto". Insultábannos impunemente. Neses tempos, se estabamos nun palco era para se mofaren de nós: El gallego y la criada, Los gallegos: o mala raiba le veña, La gallega y los mandados, El gallego toreador, El gallego y las lechugas... Un crítico aseverou que non faltaba en Madrid unha peza cómica en que non houbese "acento gallego cerrado y mollera más cerrada todavía"; outro, vomitou que eran "lugareños rudos, con su lenguaje y sus muñeiras". Escarnecíase un pobo traballador e emigrante que, fóra do seu país, ocupaba os postos máis precarios.

Ensináronnos a degradarnos, a desvalorizarnos, a ternos por menos. As primeiras veces que o teatro galego subiu ás táboas, o público gargallaba mesmo nos momentos dramáticos. Aprenderan a cuspir no espello e aínda custa corrixir o camiño.

Non foi fácil. Non é fácil. En 1801 ordenouse: "En ningún teatro de España se podrán representar, cantar, ni bailar piezas que no sean en idioma castellano". En 1867 apregoábase na Galiza outra norma proveniente da Corte: "En adelante no se admitan a la censura obras dramáticas que estén exclusivamente escritas en cualquiera de los dialectos de las provincias de España", pois consideraban que o teatro era "el medio más ef**az para que se generalice el uso de la lengua nacional" (e non se referían á da nación galega). Estas normas dificultaron un teatro propio nos escenarios e desgaleguizaron unha parte das farsas e entremeses populares, que levaban séculos transmitíndose na nosa lingua natural.

Ademais das prohibicións, viñan as chicotadas desde os xornais ou os ditames de publicación: o galego non é "apto para el teatro culto que haya de ser representado"; mesmo o sotaque noso é "un inconveniente" e "hace perder fuerza". Cando a profesionalización daba os primeiros pasos, hai 40 anos, un xornal da caverna alarmábase porque podiamos existir, disque nunha "andadura lenta, pero ef**az, en el objetivo de imponer un teatro hablado, y casi siempre originalmente escrito, en lengua gallega". Moito ladran. Moito andamos.

A nosa lingua está de novo en crise e este seu vello compañeiro, o teatro, algo sabe de como lidar coas crises. Nun momento en que o tanxíbel pide lugar fronte ao desengano do virtual, o teatro é unha chave decisiva para revitalizarmos a fala nosa. Ben o percibe quen lle tolle o andar. Precisamos dunha rede de exhibición viva, dunha educación escénica para todas e todos e duns orzamentos serios.

E convén lembrarmos algo fundamental nestes tempos en que se espallan vellos novos odios: nós somos as tataranetas e os tataranetos dese pobo emigrante de quen se rían nos palcos; somos as tataranetas e os tataranetos que conseguiron pasar de ser caricatura a suxeito, cunha voz propia que nos devolve dereitos, nome e horizonte. Sabemos que ser galegas e galegos é o noso xeito de pertencermos á humanidade.

Lembremos, nomeemos, actuemos! Viva a memoria e a cultura do pobo traballador! Viva o Teatro Galego!

O carteiro de Ximaraos é unha coprodución entre o Centro Dramático Galego e  Os Monicreques de Kukas a partir do texto o...
24/03/2026

O carteiro de Ximaraos é unha coprodución entre o Centro Dramático Galego e Os Monicreques de Kukas a partir do texto orixinal de Carlos Labraña que recibiu o XIII Premio Manuel María de literatura dramática infantil que convoca a Axencia Galega de Industrias Culturais e coa proposta para a súa posta en escena do equipo artístico que recibiu o Premio Xuventude Crea na modalidade de teatro que convoca Xuventude de Galicia.

O carteiro de Ximaraos é unha delicada creación escénica que nos convida a detérmonos no valor da memoria, na forza dos recordos e, sobre todo, na necesidade de cultivar os afectos entre xeracións. Trátase dunha peza especialmente dirixida ao público infantil e familiar, que consegue achegar unha enfermidade complexa como o alzhéimer con sensibilidade, intelixencia e respecto, converténdose nun exemplo de como o teatro pode ser ao tempo ferramenta pedagóxica, arte comprometida e espazo de encontro.

A historia está tecida cunha linguaxe próxima e imaxinativa, que permite aos nenos e nenas conectar emocionalmente co conflito sen caer en dramatismos innecesarios. A través da figura do carteiro —símbolo da comunicación, do fío que une tempos e persoas—, a obra propón un relato onde se poñen en valor a escoita, a paciencia, o coidado dos maiores e o poder das historias compartidas. Nun tempo marcado pola velocidade e a fragmentación, O carteiro de Ximaraos reivindica a importancia da presenza, da conversa e da lembranza como pontes que nos manteñen unidos.

Esta proposta tamén destaca polo seu valor como ferramenta emocional para traballar coas crianzas sentimentos como a tristeza, o apego, o medo á perda ou a confusión que produce ver cambiar ás persoas que queremos. O teatro convértese aquí nun espazo seguro desde o que abordar estas cuestións sen tabús, favorecendo unha educación emocional que moitas veces f**a esquecida nas dinámicas escolares ou familiares. Ao mesmo tempo, a obra reforza a relación interxeracional, poñendo en primeiro plano a riqueza dos vínculos entre infancia e vellez, e desbotando visións estigmatizantes da doenza ou da idade.

10/03/2026

Dirección

Rúa María Mediadora Esq. Rúa Convento
Cedeira
15350

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Auditorio Municipal de Cedeira publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Auditorio Municipal de Cedeira:

Compartir