31/07/2026
liricarnota Queda menos dunha semana para unha nova edición do noso festival lírico. Carnota deixará de ser un lugar e será un gran escenario fermoso, e para todos os públicos.
O mércores 5, conferencia no Concello, o xoves 6 un espectáculo para nenos e nenas e un recorrido fascinante dos nosos artistas polos enclaves mais bonitos do noso concello, e o venres 7 a gran gala final na horta de Ana, en Vilar de Carnota.
Todos os eventos son de balde agás a gala final.
Podes mercar xa as entradas en Libraría Chorima e O Tinglado na praza de Galicia en Carnota.
Agradecementos especiais ao Concello de Carnota e á Deputación da Coruña