Cultura Carballo

Cultura Carballo Aquí atoparás a oferta cultural do Concello de Carballo

04/09/2026

🎭 | 🎂 35 anos dan para moitas historias... e moito teatro!

Sopramos as velas por 35 edicións do FIOT, por todos os escenarios, compañías, artistas e públicos que forman parte desta historia... e, sobre todo, por moitas máis! ❤️

O desexo xa o temos pedido. Agora só queda que volvan abrirse os escenarios...

🎭 Vémonos no teatro a partir do 23 de setembro!

FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro)

04/09/2026

🎭 | Así comeza unha nova edición do FIOT! ❤️ O Pazo da Cultura acolleu a numeroso público para descubrir todo o que nos agarda na 35ª edición do FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro)

Na presentación interviñeron Alberto Sueiro, presidente da AC Telón e Aparte; Luciano Calvo, presidente da Fundación Luis Calvo Sanz; Natividade González, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; e Jacobo Sutil, director da AGADIC. O encargado de pechar as intervencións foi o alcalde de Carballo, Daniel Pérez. O acto contou tamén coa presenza da concelleira de Cultura e Festas, Maruxa Suárez Cotelo.

E para celebrar que o xa está en marcha, os asistentes puideron desfrutar de "Unha señora orquestra", da compañía Torta Torta, con Ailén Kendelman enchendo o escenario de música, humor e complicidade e detrás do escenario coa Xograresa de Outono 2025, Areta Bolado 🎶🎭

🎥 Así vivimos a presentación. Agora si... comeza o FIOT!

04/09/2026

FIOT35 🎭 | Hai premios que se anuncian… e outros que emocionan de verdade 💙

Durante a presentación do FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro) vivimos un deses momentos que quedan na memoria. Por sorpresa, anunciouse que Antonio Porteiro, director técnico do festival e compañeiro imprescindible no día a día de Cultura, será o Xograr de Outono 2026 🥹👏

Un recoñecemento máis que merecido a tantos anos de traballo, compromiso e paixón polas artes escénicas.

▶️ Dádelle ao play e vivide con nós o momento no que Antonio descubriu que este ano o Xograr era el ❤️

6 semanas de teatro. 43 espectáculos. 8 estreas absolutas. 9 estreas en Galicia. E nomes como Alba Flores, Andrés Lima, ...
04/09/2026

6 semanas de teatro. 43 espectáculos. 8 estreas absolutas. 9 estreas en Galicia.

E nomes como Alba Flores, Andrés Lima, Gloria Muñoz, María Velasco, El Brujo, Titzina, Chévere, Chapitô ou Mofa e Befa.

Do 23 de setembro ao 31 de outubro…

𝗖𝗼𝗹𝗮𝗽𝘀𝗼: 𝗰𝗮𝗻𝗱𝗼 𝘁𝗼𝗱𝗼 𝗰𝗮𝗲, 𝘃𝗲𝗻 𝗮𝗼 𝘁𝗲𝗮𝘁𝗿𝗼. ❤️

ℹ️ fiot.gal

Cultura Carballo Concello de Carballo
Cultura de Galicia Axencia Galega das Industrias Culturais
Cultura da Deputación da Coruña

Ondas Culturais 🔊🌊 | 🎬 E chegaron os créditos finais...A Milagrosa acolleu onte xoves a última sesión de Noites de Cine ...
04/09/2026

Ondas Culturais 🔊🌊 | 🎬 E chegaron os créditos finais...

A Milagrosa acolleu onte xoves a última sesión de Noites de Cine con "Rondallas" na pantalla grande e moita xente con ganas de compartir o derradeiro cine ao aire libre do verán🍿✨

Con ela despedimos tamén as Ondas Culturais 2026, despois de dous meses levando cine, música, patrimonio, maxia e festa por diferentes recunchos de Carballo.

💙 Grazas por acompañarnos un verán máis. Vémonos nas próximas Ondas!

  🎭 | 🎶 Unha orquestra enteira para abrir o FIOT!Esta tarde presentamos a programación do FIOT (Festival Internacional O...
04/09/2026

🎭 | 🎶 Unha orquestra enteira para abrir o FIOT!

Esta tarde presentamos a programación do FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro) 2026 e imos facelo con música, humor e unha artista capaz de multiplicarse sobre o escenario: Ailén Kendelman e "Unha señora orquestra".

Instrumentos, mecanismos, cordas e roldanas póñense en marcha para mesturar ritmos galegos, músicas do leste e folclore latinoamericano nun espectáculo divertido, tenro, reivindicativo e cun punto chalado no que o público tamén terá moito que dicir... e que bailar 💃🎶

🗓️ Hoxe, venres 4 de setembro
🕢 19.30 h
📍 Pazo da Cultura
🎟️ Acto aberto ao público

❤️ Vinde descubrir o FIOT que nos espera este outono... e a celebralo connosco!

03/09/2026

FIOT35 🎭 | Algo estamos argallando en Carballo... 👀

Mañá descubriremos todos os detalles dunha nova edición do FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro) Hoxe, entre bambolinas, xa estamos poñendo todo a punto para a presentación ✨

▶️ Dádelle ao play e botade unha ollada aos preparativos!

E si... mañá venres ás 19.30 h tamén teremos música no Pazo da Cultura con Unha Señora Orquestra 🎶💚

Ondas Culturais 🔊🌊 | 🎬 Esta noite, últimos fotogramas do verán!Dádelle ao play e facédevos unha idea do que nos espera e...
03/09/2026

Ondas Culturais 🔊🌊 | 🎬 Esta noite, últimos fotogramas do verán!

Dádelle ao play e facédevos unha idea do que nos espera esta noite na Milagrosa con "Rondallas", a película de Daniel Sánchez Arévalo que pon música, humor e emoción ao peche do programa. E lembrade, a sesión comeza media hora antes que en agosto! ▶️🍿

🗓️ Hoxe, xoves 3 de setembro
🕤 𝟐𝟏.𝟑𝟎 𝐡
📍 Praza da Milagrosa
🎟️ Entrada libre

💙 Pechamos Noites de Cine e as Ondas Culturais 2026 compartindo unha última noite diante da pantalla. Vémonos!



La nueva película de Daniel Sánchez Arévalo protagonizada por Javie...

FIOT35 🎭 | Este venres 4 de setembro convidámoste á presentación da programación completa do  , na que nos acompañará a ...
02/09/2026

FIOT35 🎭 | Este venres 4 de setembro convidámoste á presentación da programación completa do , na que nos acompañará a música de 'Unha señora orquestra' 🎉
📍 Ás 19.30 h no Pazo da Cultura de Carballo
🎟️ Entrada libre. Reserva do teu convite escribindo a [email protected] ou no teléfono 981 704 300.
Achégate! ❤️

🎉 A Milagrosa xa está de festa!Este venres comezan tres días de celebración no barrio con música, tradición e moito ambi...
02/09/2026

🎉 A Milagrosa xa está de festa!

Este venres comezan tres días de celebración no barrio con música, tradición e moito ambiente para desfrutar dunha das citas máis esperadas de setembro en Carballo.

Do 4 ao 6 de setembro, haberá verbenas, sesións vermú, pasarrúas, sardiñada popular, DJs e ata o Campionato de España de Baixada de Carros de Bolas 🎶🥁

📅 4, 5 e 6 de setembro
📍 Barrio da Milagrosa

👇 No cartel tedes toda a programación.

💙 Felices festas! Que as desfrutedes!

Dirección

Rúa Do Pan
Carballo
15100

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 00:00
Martes 09:00 - 00:00
Miércoles 09:00 - 00:00
Jueves 09:00 - 00:00
Viernes 09:00 - 00:00
Sábado 09:00 - 00:00
Domingo 09:00 - 00:00

Teléfono

981704300

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Cultura Carballo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Cultura Carballo:

Atajos

Compartir