FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro)

FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro) O Festival Internacional Outono de Teatro converte a Carballo no corazón do teatro en Galicia.

🎪 O FIOT sae á rúa! Carballo convértese en escenario para o circo, a danza, o humor, a música e as acrobacias con catro ...
15/09/2026

🎪 O FIOT sae á rúa! Carballo convértese en escenario para o circo, a danza, o humor, a música e as acrobacias con catro propostas para todos os públicos e totalmente gratuítas.

📅 25 setembro (19.30 h): Spinish Circo con ‘Fins al Cel’
📅 2 outubro (18.00 h): Sue Moreno con ‘5.0’
📅 2 outubro (19.30 h): Zirko Txosko con ‘Tavole’
📅 9 outubro (19.30 h): Nacho Flores con ‘Domte’

Descubre máis sobre os espectáculos na web: https://fiot.gal/programacion/ -de-rua

Ante o colapso… propoñemos rir coa Rúa dos Contos! 📢 Merca xa as túas entradas! Lembra que tamén hai un número limitado ...
14/09/2026

Ante o colapso… propoñemos rir coa Rúa dos Contos!

📢 Merca xa as túas entradas! Lembra que tamén hai un número limitado de bonos para todas as funcións (50 euros).

🔗🎟️ https://i.gal/fiot35-entradas-ruadoscontos

📚 E se un libro caese e, con el, toda a orde? ‘Oh! Onde deterse a mirar’ é a estrea absoluta deste Fiotiño, para público...
13/09/2026

📚 E se un libro caese e, con el, toda a orde? ‘Oh! Onde deterse a mirar’ é a estrea absoluta deste Fiotiño, para público infantil e familiar, na que AsSircópatas nos invita a parar, respirar e recuperar o pracer de mirar sen présa.

Todo un universo por descubrir a través do circo, a danza, o clown e a música en directo.

📍 Luns 12 de outubro
🫂 Público: familiar
🎟️ Entradas á venda o 18 de setembro
💻 https://fiot.gal/programa/oh-onde-deterse-a-mirar-2/

13/09/2026

Carballo énchese de historias coa Rúa dos Contos.

Humor, retranca, improvisación, poesía e música en bares, cafés e, este ano, tamén no Pazo da Cultura.

👀 Mira o reel e descubre todo o que che espera!

Pili só quería bailar. Pero acabou cumprindo trinta anos de cárcere por un acto terrorista.💥'Solo quería bailar', a part...
11/09/2026

Pili só quería bailar. Pero acabou cumprindo trinta anos de cárcere por un acto terrorista.💥

'Solo quería bailar', a partir da premiada novela de Greta García, é unha traxicomedia punk na que Olalla Hernández mestura humor, palabra e danza para dar voz a unha bailarina atrapada pola precariedade, a burocracia e unhas estruturas que lle pechan todas as portas.

📍 Domingo 25 de outubro
🫂 Público: adulto (+16 anos)
🎟️ Bonos e entradas á venda o 18 de setembro
💻 https://fiot.gal/programa/solo-queria-bailar/

🫶 ‘Doce metros cuadrados de piel’ pon seis corpos —tres novos e tres maiores— sobre o escenario para falar sen complexos...
11/09/2026

🫶 ‘Doce metros cuadrados de piel’ pon seis corpos —tres novos e tres maiores— sobre o escenario para falar sen complexos de desexo, pracer, identidade e sexualidade.

A través da autoficción e do documental, La Rueda: Teatro Social explora como amamos e habitamos os nosos corpos e as preguntas, medos e desexos que, a pesar das diferenzas de idade, compartimos.

Unha proposta poética que no FIOT incorpora tamén a participación de mozas e maiores de Carballo, que traballarán coa compañía nun obradoiro nos días previos á función. Unha experiencia viva e irrepetible da que poderás formar parte. Presta atención, que che iremos contando máis.

📍 Domingo 18 de outubro
🫂 Público: adulto (+12 anos)
🎟️ Bonos e entradas á venda o 18 de setembro
💻 https://fiot.gal/programa/doce-metros-cuadrados-de-piel/

🤖 Mentres as máquinas aprenden a pensar, que nos fai verdadeiramente humanos?En ‘Cosas Pequeñas’, PSiRC combina circo co...
11/09/2026

🤖 Mentres as máquinas aprenden a pensar, que nos fai verdadeiramente humanos?

En ‘Cosas Pequeñas’, PSiRC combina circo contemporáneo, teatro de obxectos, microcine e poesía visual para explorar a relación entre as persoas, as máquinas e o poder dos algoritmos. Un universo delicado e inquietante, construído desde o humor, o movemento e a experimentación visual.

📍 Venres 16 de outubro
🫂 Público: adulto (+12 anos)
🎟️ Bonos e entradas á venda o 18 de setembro
💻 https://fiot.gal/programa/cosas-pequenas/

🎶 Arquivo, performance e música para reler con outros ollos a nosa memoria folclórica. En 'Asoballada por fentos', Álvar...
10/09/2026

🎶 Arquivo, performance e música para reler con outros ollos a nosa memoria folclórica. En 'Asoballada por fentos', Álvaro Corral explora a instrumentalización das músicas, danzas e folclore durante o franquismo e a súa pegada nas formas contemporáneas de reproducir culturas enxebres. Faino co acompañamento musical de Gabi Reboredo.

No marco do ciclo OTNI, e coa colaboración das Residencias Paraíso 2026 do Colectivo rpm, poderemos ver unha primeira mostra do traballo en proceso.

📍 Xoves 15 de outubro
🫂 Público: adulto
🎟️ Acceso gratuíto
💻 https://fiot.gal/programa/asoballada-por-fentos/

Por que cada vez menos xente quere traballar na agricultura e na gandería? 🌾 Esta pregunta levou a Laura Santos a percor...
10/09/2026

Por que cada vez menos xente quere traballar na agricultura e na gandería? 🌾 Esta pregunta levou a Laura Santos a percorrer 3.600 quilómetros para escoitar testemuños que transformou nunha fermosa peza de teatro documental sobre a terra, a memoria e o futuro, construída con obxectos, ilustracións e relatos reais.

Unha proposta que nos invita a reflexionar sobre a necesidade de preservar un mundo rural cada vez máis ameazado. Premio Fetén 2026 ao mellor espectáculo.

📍 Sábado 11 de outubro
🫂 Público: adulto (+12 anos)
🎟️ Bonos e entradas á venda o 18 de setembro
💻 https://fiot.gal/programa/yo-naci-en-un-surco-de-judias/

Que pasaría se unha nena de 11 anos fotografase o día no que unha voda e un enterro sucederon á vez? ‘Ninguén tira fotos...
10/09/2026

Que pasaría se unha nena de 11 anos fotografase o día no que unha voda e un enterro sucederon á vez? ‘Ninguén tira fotos nos enterros’ parte deste feito sorprendente para construír, desde a mirada da infancia, unha historia sobre a morte, a perda e a necesidade de conservar aquilo que o tempo ameaza con borrar.

Vimos nacer esta obra no certame micro-escenas M² en 2023, cando Carlota Mosquera foi galardoada co premio é Mellor Interpretación. Agora volve a Carballo para presentala en gran formato.

📍 Xoves 1 de outubro
🫂 Público: adulto (+12 anos)
🎟️ Bonos e entradas á venda o 18 de setembro
💻 https://fiot.gal/programa/ninguen-tira-fotos-nos-enterros/

Dirección

Carballo

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro) publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro):

Atajos

Compartir

Categoría