05/06/2026
Dúas mulleres, dúas xeracións, dúas creadoras amosan as súas obras nunha exposición na que os FÍOS de Sandra Bastón e as FLORES de Julia Rodríguez conviven en harmonía. As súas obras, froito dun intenso traballo de investigación, estudo da cor, das texturas, dos volumes, dos materiais, sexan fíos ou flores, están creadas cunha mestura de técnicas tradicionais e innovadoras, guiadas pola súa experiencia e alimentada imaxinación. A inauguración da exposición, a cargo da alcaldesa de Cangas, Araceli Xestido, celebrarase o venres 5 de xullo, ás 19.30 horas, e contará coa participación do grupo de pandeireta infantil As Figueiriñas da Asociación Cultural Lembranzas da Ría. A mostra poderá visitarse na sala de exposicións do Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela de Cangas até o vindeiro 5 de xullo.
artesaniatextil é tecedeira e delineante. En 2009 interésase pola artesanía téxtil e comeza aprender o oficio. Aínda que no traballo co téxtil ten referentes na súa nai e a súa avoa, costureiras, considérase autodidacta. Dende 2013 está ao fronte do seu taller téxtil que conta co selo de Artesanía de Galicia, sendo unha das escasas tecedeiras profesionais recoñecidas pola institución. Alí crea obras de moda e complementos con tecidos diversos: la, algodón, seda e, por suposto co liño, a súa gran paixón, explorando as distintas técnicas de tecido nun tear de baixo lizo. En 2022 crea a marca Pal.lium xunto a Carlos Díaz, un destacado investigador de tecido tradicional galego co obxectivo de crear
produtos innovadores, baseados no patrimonio téxtil de Galicia. Un proxecto que acadou repercusión internacional co traballo que realizan para o Museo Nacional Thyssen-Bornemisza reinterpretando pezas da súa colección pictórica e, tamén, por deseñar produtos para o arquitecto británico, David Chipperfield.