Teatro de ningures

Despois de máis trinta anos de actividade teatral profesional, TEATRO DE NINGURES (fundada en 1.986) reune unha serie de recursos humanos, técnicos e materiais que fan desta compañía unha das máis estables de Galicia e un punto de encontro imprescindible para os profesionais do sur do país, así como unha referencia no panorama teatral galego.

"AS GARDIÁS" chegan ao Teatro Rosalía Castro o 11 e 12 de setembro ás 20.30 h. dentro do Ciclo Principal de outono de Cu...
04/09/2026

"AS GARDIÁS" chegan ao Teatro Rosalía Castro o 11 e 12 de setembro ás 20.30 h. dentro do Ciclo Principal de outono de Cultura da Coruña. As entradas están dispoñibles en Ataquilla.

Escena Galega Erregueté - Revista Galega de Teatro Amarelo Distribución Escénica

🎭 O ciclo principal regresa ao Teatro Rosalía Castro con 'As gardiás ou o nó do tecelán' de Nasser Dejemaï.

✨ A obra de Teatro de ningures reflexiona sobre o dereito a envellecer con independencia, comunidade e dignidade fronte á institucionalización.

🎟️ Entradas dispoñibles en Ataquilla.

Volve A DEFENSA DA VILA, MARÍA SOLIÑA coa "Feira dos Invasores 1617”, organizada pola A.C. A Defensa da Vila, do 25 ao 2...
02/09/2026

Volve A DEFENSA DA VILA, MARÍA SOLIÑA coa "Feira dos Invasores 1617”, organizada pola A.C. A Defensa da Vila, do 25 ao 27 de setembro; e a representación de Teatro de Ningures, o domingo 27 de setembro ás 20.00, a partir dos textos de Xosé Manuel Pazos e os poemas de Celso Emilio Ferreiro.

Na imaxe do cartel Sonia Salgado, caracterizada como María Soliña na pasada edición, protagonista da representación teatral.

Fotografía e deseño: Diego Seixo

Cangas 1617: A Defensa da Vila - María Soliña Concello de Cangas de Morrazo Escena Galega Auditorio Cangas

Telma e Lola ten data de estrea? Si. 🤔Podemos desvelala? Polos insondables designios do márketing, non. 🤫Mentres tanto, ...
31/08/2026

Telma e Lola ten data de estrea? Si. 🤔
Podemos desvelala? Polos insondables designios do márketing, non. 🤫

Mentres tanto, para saciar a vosa curiosidade, aquí vos deixamos unha trepidante reportaxe fotográfica do equipo da nova produción de Teatro de ningures exercendo actividades vintage: lendo, falando e reflexionando un montón. 📖💬

TELMA E LOLA é unha comedia con aires de misterio criminal escrita por Daniel D. García e Sandra Lesta, dirixida por Salvador del Rio e protagonizada por Iria Pinheiro-Santos, Fran Paredes, Casilda Alfaro e Mónica Camaño. 🎭✨

Completan o equipo técnico as nosas sospeitosas e sospeitosos habituais:
🎬 Escenografía: Pablo Giráldez , “O Pastor”.
🧵 Vestiario: Sonia Rúa
🔊 Espazo Sonoro: Héctor Pazos
💡 Deseño de Iluminación: Héctor Pazos e Salvador del Rio
📸 Imaxe: Diego Seixo
💼 Contratación: Lilian Portela, Amarelo Distribución Escénica

Escena Galega Erregueté - Revista Galega de Teatro

🎭Abrimos a inscrición da ESCOLA DE TEATRO DE CANGAS, CURSO 2026/27, PARA ALUMNADO DE PRIMARIA, ESO E BACHARELATO:🗓 HORAR...
28/08/2026

🎭Abrimos a inscrición da ESCOLA DE TEATRO DE CANGAS, CURSO 2026/27, PARA ALUMNADO DE PRIMARIA, ESO E BACHARELATO:

🗓 HORARIOS:
👉 Mércores de 17:15h a 18:15h. Alumnado de 6 a 9 anos (1º,2º,3º primaria)
👉 Xoves de 17:15h a 18:15h. Alumnado de 6 a 9 anos (1º,2º,3º primaria)
👉 Mércores de 18:30h a 19:30h. Alumnado de 9 a 12 anos (4º,5º, 6º primaria)
👉 Xoves de 18:30h a 20:00h. Alumnado de 13 a 17 anos (ESO e Bacharelato)

✍️ INCRICIÓN A TRAVÉS DE:
https://forms.gle/FTHtS3ddJi4aNLnF9

⏰ Comezo das clases 7 e 8 de outubro de 2026 no Auditorio Cangas
Prezo: 25€/mes
Imparte: Lois Soaxe Piñeiro
Organiza: Teatro de ningures
Patrocina: Concello de Cangas de Morrazo

TEATRO DE NINGURES convoca a todas aquelas persoas que estean interesadas en participar na REPRESENTACIÓN TEATRAL: A DEF...
20/08/2026

TEATRO DE NINGURES convoca a todas aquelas persoas que estean interesadas en participar na REPRESENTACIÓN TEATRAL: A DEFENSA DA VILA, MARÍA SOLIÑA, que terá lugar na tarde do domingo 27 de setembro de 2026, ben como piratas atacantes ou como valentes defensores da Vila.
Para participar é preciso ter dispoñibilidade para os ensaios xerais previos, que terán lugar no Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela en Cangas os seguintes sábados de setembro: 5, 12, 19 e 26 de setembro, en horario de 10:00 h a 14:00 h.
Ademais, haberá convocatorias pola semana para grupos específicos que teñan máis peso na trama.Información e inscrición na seguinte ligazón:
https://forms.gle/f3Zf1CoNAgwhYR7m9
Ante calquera dúbida, podedes poñervos en contacto a través do correo [email protected] ou ben enviando un WhatsApp ao número 654464360.
Agardámovos o próximo sábado 5 de setembro ás 11:00 h no auditorio para unha primeira toma de contacto, organizar os ensaios, ver as dispoñibilidades e atender calquera consulta que teñades.
Para poder organizar os horarios de ensaios, o vestiario e o reparto das funcións que cada quen terá na representación de A Defensa da Vila, María Soliña, faise necesario apuntarse neste formulario, aínda que xa te inscribises por calquera vía con anterioridade ou esteas nun grupo de WhatsApp relacionado coa representación

Concello de Cangas de Morrazo Cangas 1617: A Defensa da Vila - María Soliña Escena Galega Erregueté - Revista Galega de Teatro

SÁBADO 8 DE AGOSTO ás 12.30 no contorno do palco da música de Moaña: “O BUSCADOR DE ILLAS”, unha peza para toda a famili...
05/08/2026

SÁBADO 8 DE AGOSTO ás 12.30 no contorno do palco da música de Moaña: “O BUSCADOR DE ILLAS”, unha peza para toda a familia coa que Teatro de Ningures fará navegar a nosa imaxinación.
Xacio anda na procura das illas que están asulagándose pola subida do nivel do mar. Carocho e Pailona son dúas presenzas que o acompañan favorecendo ou perxudicando sen querer a súa misión: axudar ás tartarugas que buscan esa illa para desovar e que xa non existe, ás aves que non teñen unha parada nas súas migracións, aos arroaces que quedan presos nunha rede á deriva ou a calquera animal preso polo lixo que anda á deriva.

Escena Galega Erregueté - Revista Galega de Teatro

As gardiás en Camino Escena Norte
07/07/2026

As gardiás en Camino Escena Norte

🎭 'Las guardianas y el n**o del tejedor' de Teatro de ningures (Galicia)

Cuatro mujeres mayores, antiguas trabajadoras de la industria textil, comparten hogar y una firme decisión: seguir viviendo juntas y en libertad. Cuando la hija de una de ellas plantea su ingreso en una residencia, se enfrentan dos maneras de entender los cuidados, la autonomía y el derecho a decidir cómo envejecer.

👥 Público adulto

📍 Camino Escena Norte 2026 se celebrará del 18 de septiembre al 15 de noviembre. En septiembre anunciaremos las fechas y localidades donde podrá verse este espectáculo.

🔗 Más información en escenanorte.com

Teatro de ningures navegou na segunda xornada do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu con “O ...
05/07/2026

Teatro de ningures navegou na segunda xornada do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu con “O BUSCADOR DE ILLAS”, unha peza para toda a familia coa que Ningures fixo navegar a nosa imaxinación.

📸Anna R Figueiredo

Dirección

Apartado 117
Cangas
36950

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Teatro de ningures publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Teatro de ningures:

Atajos

Compartir

Categoría