Sala Krazzy Kray

Sala Krazzy Kray 🔥Traballando por e para o talento dende 2018🔥

💥 THE BO DEREK'S 💥👉  O power trío de rock&roll por excelencia da nosa terra chega a Cambados para presentarnos o seu nov...
21/01/2026

💥 THE BO DEREK'S 💥

👉 O power trío de rock&roll por excelencia da nosa terra chega a Cambados para presentarnos o seu novo traballo! Working Class R'N'R é un LP sen miramentos, 13 cortes que non fan prisioneiros, rock&roll de manual! Este novo longa duración ven engordar a obra da banda, que conta xa con 4 singles e 4 LPs.

🎙️Óscar Avendaño lidera a formación, que se completa coa base rítmica probablemente máis asídua do noso escenario, os irmáns Lorre! Podemos definir a estes tres coma os veteranos máis xuvenís ou a xuventude máis veterana, atesorando infinita experiencia, sendo parte de bandas como Siniestro Total, Los Wavy Gravies, The Allnight Workers, Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, Family Folks, Dead Wood, Mighnai Children...

📅 Venres 23 xaneiro '26
🕣 22:30h
🎟 8€

🔥Actualizamos a trimestral!! 💜Vémonos na Krazzy!💜
21/01/2026

🔥Actualizamos a trimestral!!

💜Vémonos na Krazzy!💜

💥 MOEL + TEEN💥👉 Dobre concerto para esta tarde de domingo! TEEN é un trío de adolescentes con influencias que van dende ...
02/01/2026

💥 MOEL + TEEN💥

👉 Dobre concerto para esta tarde de domingo! TEEN é un trío de adolescentes con influencias que van dende o jazz ata o pop ou o tango, demostrando que a rapazada ven preparada pisando moi moi forte!

🎙️Por outra banda, MOEL ven presentarnos o seu primeiro traballo, "Punto de Partida", un disco de pop de autor con 9 cortes de extenso contido e marabillosa execución

📅 Domingo 4 de xaneiro '26
🕣 19:30H
🎟 7€

💥 BLACK GROOVES!💥👉 Chief Bromden, DJ Mini & Munstaphà asaltan a cabina da Krazzy para un sábado noite de Rif Rock reviva...
02/01/2026

💥 BLACK GROOVES!💥

👉 Chief Bromden, DJ Mini & Munstaphà asaltan a cabina da Krazzy para un sábado noite de Rif Rock revival! F**k'U Whiteys... Black Grooves!!

🎙️A serie mensual de pinchadas que se celebraban no Rif naqueles marabillosos e prepandémicos anos recobra vida por unha noite para poñer nas vosas orellas o mellor groove da música negra máis coñecida e máis descoñecida!

📅 Sábado 3 de xaneiro '26
🕣 23:30H
🎟 Libre!

💥 Wet Cactus  + Wyatt E.  💥👉 Noite de stoner e doom para abrir a tempada da man de Domawaits🎙️Os cántabros Wet Cactus vo...
06/11/2025

💥 Wet Cactus + Wyatt E. 💥

👉 Noite de stoner e doom para abrir a tempada da man de Domawaits

🎙️Os cántabros Wet Cactus volven á Krazzy case dous anos despois da súa primeira visita para prender lume de novo ás nosas táboas. Veñen desta volta acompañados da catarse decibélica dos belgas Wyatt E, por primeira vez en GZ

📅 Sábado 8 de novembro '25
🕣 22:00H
🎟 10€ (reserva de entradas vía mesnsaxe privada)

🔥 NOV. - DEC. '25 🔥🎫 Reserva de entradas por MD
06/11/2025

🔥 NOV. - DEC. '25 🔥

🎫 Reserva de entradas por MD

💥 MOCHO GRIS 💥👉  Mocho Gris chega á Krazzy da man de A Seara nas clásicas sesións de domingo para presentarnos "2", o se...
22/02/2025

💥 MOCHO GRIS 💥

👉 Mocho Gris chega á Krazzy da man de A Seara nas clásicas sesións de domingo para presentarnos "2", o seu LP debut. 10 cortes que condensan unha amalgama de estilos e que ven a luz baixo o selo de Raso

🎙️ Lucas Decenti (Néboa, Mel e colaborador frecuente de Baiuca, Antía Muíño ou Aliboria) e João Neves (recoñecido artista luso que tamén colabora con Baiuca) xúntanse para fiar este "indie ibérico" ao que dan vida con elementos do pop, o jazz actual, o indie electrónico e a música tradicional. Por se fora pouco, o directo redondéase coa participación de Miguel Arribas

📅 Domingo 23 de febreiro '25
🕣 20:30H
🎟 8€

🔥 ÚLTIMOS DO '24 🔥👉Venres 20 🔸 MadMartin Trío 👉Sábado 21🔸 Antía Muíño + Sarah Ariche👉Martes 24 🔸 Pinchadaboa!👉Venres 27 ...
21/12/2024

🔥 ÚLTIMOS DO '24 🔥

👉Venres 20 🔸 MadMartin Trío
👉Sábado 21🔸 Antía Muíño + Sarah Ariche
👉Martes 24 🔸 Pinchadaboa!
👉Venres 27 🔸 The Allnight Workers + Sanny
👉Martes 31 🔸 Crystal Gen Djs

🎫 Reserva de entradas por MD

💥 FIRST DRAFT 💥👉 O dúo francés chega á Krazzy para redondear esta finde de cera e distorsión!Marine Arnoult á batería e ...
13/11/2024

💥 FIRST DRAFT 💥

👉 O dúo francés chega á Krazzy para redondear esta finde de cera e distorsión!
Marine Arnoult á batería e voz principal e Clément Douam ás melodías, riffs e atmósferas creadas coas catro cordas do seu baixo conforman esta dupla que navega polo post-rock, o shoegaze ou o brit rock.

🎙️ Esta é a penúltima data da xira ibérica dos galos, que remata o día 18 en Santander e que os levou a percorer os escenarios máis xenuinos da península

📅 Domingo 17 de novembro
🕣 20:30H
🎟 7€

💥 Kaleikia 💥👉 Os nosos veciños de Sanxenxo chegan á Krazzy co seu rock progresivo, onde se bastan cunha batería, un baix...
12/11/2024

💥 Kaleikia 💥

👉 Os nosos veciños de Sanxenxo chegan á Krazzy co seu rock progresivo, onde se bastan cunha batería, un baixo, un teclado e unha guitarra para expresarse cal libro aberto. Kaleikia desprega o seu entramado de intensidades, compases e ritmos para atraparnos nunha atmósfera envolvente e viva, onde a banda non da tregua e mantea ao oínte con constantes xiros de guión ocultos nas cancións

🎙️Veñen presentar o seu novo disco, que teremos o privilexio de g***r en directo mentres esperamos a aparición das copias físicas, que chegarán alá por decembro. Ademais, traen novo merch deseñado por Branca Studio !!

📅 Sábado 16 de novembro
🕣 22:30H
🎟 7€

Dirección

Rúa Da Parra 9
Cambados
36630

Horario de Apertura

Miércoles 16:00 - 00:00
Jueves 16:00 - 00:00
Viernes 16:00 - 05:30
Sábado 16:00 - 05:30
Domingo 16:00 - 00:00

Teléfono

+34610832581

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Sala Krazzy Kray publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Sala Krazzy Kray:

Compartir