LABC. Legado Activo Beiras Cal

LABC. Legado Activo Beiras Cal Antía Cal e Antón Beiras deixaron un legado de amor e compromiso co saber e progreso. Hoxe nós temos o reto de convertelo nun legado activo.

Antón Beiras e Antía Cal foron unha parella singular. Antón foi oftalmólogo, investigador, inventor, humanista e galeguista. Antía Cal foi unha pedagoga que fundou en Vigo a Escola Rosalía de Castro, un espazo para a educación libre.

Lembrade que o derradeiro fin de semana de xuño temos a exposición OMeu vestido volve a Muras. Será sábado 27, domingo 2...
07/06/2026

Lembrade que o derradeiro fin de semana de xuño temos a exposición OMeu vestido volve a Muras. Será sábado 27, domingo 28 e luns 29. Só tres días...
Estamos xa cos preparativos porque haberá cousas moi fermosas para ver!
Anotade as datas na axenda

Antón Beiras e Antía Cal casaron en Muras o 29 de xuño de 1947. 79 anos despois hai revoda!Estás convidada, estás convid...
31/05/2026

Antón Beiras e Antía Cal casaron en Muras o 29 de xuño de 1947.

79 anos despois hai revoda!

Estás convidada, estás convidado!

Sábado 27, domingo 28 e luns 29 de xuño revoda!

Un traxe branco feito á man en satén duchese por unha costureira das Aguias que era xorda

Un album de fotografías de Ksado, un dos mellores fotógrafos do seu tempo.

Os obxectos que contan unha historia de amor e que nunca se amosaron.

A complicidade entre dúas persoas con soños que empezaban a súa vida en común.

Todo iso e moito máis, nas Aguias, durante tres días.

O vestido de voda de Antía Cal volve a Muras!!

O que onte pasou arredor da exposición Serigrafía Galega 1971 foi algo único, Tan único que vai ser difícil esquecelo! Q...
30/05/2026

O que onte pasou arredor da exposición Serigrafía Galega 1971 foi algo único, Tan único que vai ser difícil esquecelo! Que despois de 55 anos se reúnan as familias dos que fixeron posible aquela carpeta-milagre ten algo de misterioso. Xentes que viñeron a Vigo desde distintos puntos de Galicia, algúns mesmo acabados de aterrar de voos transoceánicos... E unha mensaxe compartida: foron tempos para soñar, para compartir soños, para a amizade e para o compromiso, para as lealdades mutuas e para ARTE.
Que bo!
GRAZAS!

Se andades por Vigo non o perdades!!! Hoxe venres 29 ás 19h
29/05/2026

Se andades por Vigo non o perdades!!! Hoxe venres 29 ás 19h

Este venres 29 vai pasar algo moi especial na biblioteca da EMAO Serigrafia Artistica . Os familiares dos artistas que p...
27/05/2026

Este venres 29 vai pasar algo moi especial na biblioteca da EMAO Serigrafia Artistica . Os familiares dos artistas que participaron na primeira colección de Serigrafía Galega van abrirnos as imaxinarias portas das súas casas e da súa man trasladarannos ao 1971.
Que felicidade!!! Será ás 19h. Non faltedes!

Ide gardando os dous próximos martes!Martes 19 e martes 26 actividades paralelas na EMAO (R/ García Barbón. Vigo). A exp...
15/05/2026

Ide gardando os dous próximos martes!
Martes 19 e martes 26 actividades paralelas na EMAO (R/ García Barbón. Vigo).
A exposición Serigrafía Galega 1971 permanecerá aberta ata o 5 de xuño e os vindeiros martes teremos dúas conversas moi interesantes. O martes 19 serán Xurxo Martínez e Xosé María Álvarez Cáccamo os que se adentren no mundo editorial da familia Álvarez Blázquez e o martes 26 serán X. Carlos López Bernárdez e Darío Basso.
Dúas sesións para saber máis!

Lembrade que até o 5 de xuño podedes ver a exposición Serigrafía Galega 1971 no Espazo EMAO de Vigo  EMAO Serigrafia Art...
13/05/2026

Lembrade que até o 5 de xuño podedes ver a exposición Serigrafía Galega 1971 no Espazo EMAO de Vigo EMAO Serigrafia Artistica

Este 29 de xuño, festa do san Pedro en Muras, cúmprense 79 anos da voda de Antía Cal e Antón Beiras. E con ese motivo o ...
10/05/2026

Este 29 de xuño, festa do san Pedro en Muras, cúmprense 79 anos da voda de Antía Cal e Antón Beiras. E con ese motivo o seu vestido de voda saíu da caixa.
Antes de facer a viaxe até Muras deixámolo nas mans de Vanesa Datorre de na Rúa Real da Coruña para que nos contase os segredos do vestido.
Abrindo portas, sempre abrindo portas. O Legado Activo Beiras Cal é isto: portas abertas. Grazas Vanesa por sumarte a este proxecto! Un luxo!
Velaquí o vídeo do día que fomos ao seu atelier deixar o vestido.

En este vídeo analizo el vestido de novia de Antía Cal desde un punto de vista histórico y de moda, explicando cómo eran realmente los vestidos de novia de l...

Xesús Alonso Montero. RIP.Ten escrito e falado sobre Antón Beiras e sobre Antía Cal en innúmeras ocasións.Tiña tanta con...
12/02/2026

Xesús Alonso Montero. RIP.

Ten escrito e falado sobre Antón Beiras e sobre Antía Cal en innúmeras ocasións.
Tiña tanta confianza na casa dos Beiras Cal que cando se estaba a preparar a edición facsimilar da Revista Nós pediulle a Tita todos os exemplares (unha das contadas que hai en Galicia completas) para poder traballar con ela.
Tivoa por anos na súa casa.

Presidiu a Real Academia Galega entre 2013 e 2017.

Dirección

Brion
27836

Teléfono

+34699963095

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando LABC. Legado Activo Beiras Cal publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a LABC. Legado Activo Beiras Cal:

Compartir

Categoría