Emotion_fitkid

Emotion_fitkid Escuela de FIT KID (danza y acrobacia) A partir de 3 años

Despedimos agosto como máis nos gusta: bailando, compartindo, aprendendo e pasándoo en grande! 🕺🏼💃🏻Chega o noso CAMPUS E...
28/08/2026

Despedimos agosto como máis nos gusta: bailando, compartindo, aprendendo e pasándoo en grande! 🕺🏼💃🏻

Chega o noso CAMPUS E-MOTION para poñer o broche final ao verán antes de volver á rutina🤓

📅 Do 1 ao 8 de setembro
⏰De 9 a 14h
💃 Baile, xogos, actividades, acrobacia, diversión e moito E-motion!

Porque aínda queda verán por desfrutar… e non se nos ocorre unha forma mellor de rematalo💜💛

⚡️ E-motion, o lugar onde queres estar.

O mércores tivemos o pracer de participar no ABANEA , celebrado na incomparable contorna do Pazo da Peregrina, en Bertam...
10/07/2026

O mércores tivemos o pracer de participar no ABANEA , celebrado na incomparable contorna do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. 🤩

Parabéns a toda a organización por facer posible un evento tan coidado, no que a danza foi a auténtica protagonista.

Tamén queremos felicitar a todas as compañías, escolas e artistas participantes e, moi especialmente, ás tres pezas que tivemos a oportunidade de desfrutar, por compartir o seu talento e a súa emoción sobre o escenario. 💖

Un agradecemento moi especial para Marta Alonso Tejada por toda a dedicación, o cariño e o enorme traballo que hai detrás dun festival coma este.

E, por suposto, ao Concello de Ames por seguir impulsando iniciativas culturais que dan visibilidade á danza e contribúen a que ocupe o lugar que merece dentro do noso concello. Grazas! 👏🏼

E pola parte que noa toca máis de cerca, PARABÉNS máis que merecidos ao noso equipo Junior pola actuación que realizou. E, como sempre, é un orgullo ver as nosas Baby e Kid apoiando ás súas compañeiras e aos seus compañeiros maiores, así como ás súas familias, que tamén viviron esta festa con nós.
Porque en E-motion non somos só un equipo: somos unha familia. 💜

Grazas por contar con E-motion para formar parte dunha xornada tan especial!🫶🏼

A primeira semana do Campus de Verán xa é historia… e que semana! 🤩Baile, acrobacia, xogos, sorrisos, novas amizades e u...
30/06/2026

A primeira semana do Campus de Verán xa é historia… e que semana! 🤩

Baile, acrobacia, xogos, sorrisos, novas amizades e un montón de momentos que xa forman parte deste verán😎

Grazas a todas as familias pola confianza e por acompañarnos unha vez máis nesta aventura. Ver as nenas e nenos desfrutar así é, sen dúbida, o mellor premio🤗

As prazas da 1ª semana esgotáronse e as da 2ª semana, que xa está en marcha, tamén.

📅 Aínda quedan algunhas prazas para as semanas do 6 ao 10 de xullo e do 13 ao 17 de xullo.

Ven desfrutar dun verán diferente. ☀️💃

E-motion, o lugar onde queres estar. 💜💛

Aínda estamos intentando asimilar todo o que vivimos esta fin de semana🤩Só podemos dicir unha cousa: GRAZAS!Grazas ás fa...
17/06/2026

Aínda estamos intentando asimilar todo o que vivimos esta fin de semana🤩

Só podemos dicir unha cousa: GRAZAS!

Grazas ás familias pola vosa confianza, polo voso apoio e por acompañarnos un ano máis nesta aventura.

Grazas ao noso equipo de profesorado pola súa dedicación, a súa implicación e por coidar cada pequeno detalle.

E, sobre todo, grazas aos nosos alumnos e alumnas 🫶🏼

Conseguistes emocionarnos, sorprendernos e facernos sentir un orgullo difícil de expresar con palabras. Vervos sobre o escenario, desfrutando, brillando e demostrando todo o traballo realizado durante o curso foi simplemente incrible.

Estamos abraiados co ben que o fixestes. Coa vosa actitude, co voso esforzo, coa vosa ilusión e coa vosa capacidade para converter cada ensaio e cada aprendizaxe en momentos máxicos sobre o escenario.

O festival rematou, pero os recordos, as emocións e todo o que compartimos permanecerán connosco durante moito tempo.

Grazas por facer posible un día tan especial.

E-motion, o lugar onde queres estar💜

🤩ENSAIO XERAL ABERTO AO PÚBLICO🤩Non é só un ensaio…é todo o que hai detrás 💫O último paso antes da nosa participación no...
09/04/2026

🤩ENSAIO XERAL ABERTO AO PÚBLICO🤩

Non é só un ensaio…
é todo o que hai detrás 💫

O último paso antes da nosa participación no Campionato de España de Fit Kid🇪🇸

Esforzo. Ilusión. Equipo.
E moitas ganas de compartilo con vós 🫶🏼

📍 Parque de Chavián, Bertamiráns
🗓 Sábado 18 de abril
⏰ 12:30h

Grazas de corazón ao e a polo seu apoio. Sen a vosa axuda, nada disto sería posible🥰

👉 Gardade a data e agardamos vervos alí 💜

E-motion, o lugar onde queres estar ✨

🐣✨ Mañá comeza o campus de Semana Santa ✨🐣👉 PRAZAS ESGOTADASGRAZAS por confiar en nós unha vez máis💜Agárdannos uns días ...
29/03/2026

🐣✨ Mañá comeza o campus de Semana Santa ✨🐣

👉 PRAZAS ESGOTADAS

GRAZAS por confiar en nós unha vez máis💜

Agárdannos uns días cheos de diversión, movemento e do que máis nos gusta 🕺🏻🤸🏻‍♀️

E-motion, o lugar onde queres estar 💜✨












Xa temos case todas as prazas reservadas para o noso Campus de Semana Santa! 🤩Tres mañás para desfrutar de acrobacia, ba...
16/03/2026

Xa temos case todas as prazas reservadas para o noso Campus de Semana Santa! 🤩

Tres mañás para desfrutar de acrobacia, baile, xogos e moita diversión, compartindo tempo con compañeir@s e aprendendo mentres o pasan en grande 💜

📅 30, 31 de marzo e 1 de abril
⏰ De 9:00 a 14:00h

⚠️ Quedan as últimas prazas dispoñibles

Se queres que o teu fillo ou filla viva unha experiencia diferente estas vacacións… aínda estás a tempo!

📩 Máis información por mensaxe privada ou WhatsApp.

E-motion, o lugar onde queres estar ✨












🏆PRIMEIRA COMPETICIÓN. PRIMEIRO PASO. PRIMEIRO SOÑO CUMPRIDO.🤩E-motion debutaba en competición…e volvemos para casa con ...
02/03/2026

🏆PRIMEIRA COMPETICIÓN. PRIMEIRO PASO. PRIMEIRO SOÑO CUMPRIDO.🤩

E-motion debutaba en competición…
e volvemos para casa con todo o vivido no corazón.

🥈 Noa Lema – 2ª clasificada FitKid Promo Baby
🥇 Irati Pérez – 1ª clasificada FitKid Baby
🥈 Águeda Abaña – 2ª clasificada FitKid Promo Kid 1
🥇 Maré Carballedo – 1ª clasificada FitKid Promo Kid 1

🟣 Equipo Baby – 🥇 1ªs clasificadas FitKid
🟡Equipo Kid – 🥇 1ªs clasificadas FitKid Promo
🟣Equipo Júnior – 🥇 1ºs clasificados FitKidPromo

Todas as coreografías tiveron pódium 💪🏻😎

Pero máis alá dos resultados…
quedámosnos coas miradas antes de saír á pista,
cos abrazos despois de bailar,
coa valentía de enfrontarse por primeira vez,
co respecto, a humildade e a unión que demostraron. ¡Qué gran equipo estades a formar!😍

GRAZAS ás familias.
Pola implicación.
Polo esforzo silencioso.
Pola enerxía que transmitides.
Por eses momentazos nas bancadas.
E por ese xa mítico “ondiñas veñen e vaaaaaaaaan” que nos gustaría patentar para todas as competicións de por vida 🌊💜

GRACIAS a por la organización impecable! Por hacermos sentir como en casa y por ese detallazo tan bonito reconociéndonos como la primera escuela de FitKid en Galicia. Un orgullo inmenso formar parte y estar dentro de una comunidad como esta, donde queremos estar por muuuchos años más!!

E unha mención moi especial para Goyo e Naty 💜
Tamén era a vosa primeira vez.
O voso estreo.
Os vosos nervios de novatos… levados cunha enteireza que emociona.

Grazas por cada pedra colocada con paciencia infinita.
Polas noites en vela.
Polo cansazo que nunca se notou.
Por soster cando facía falta calma.
Por abrazar cando facía falta seguridade.

Grazas por querer as nosas estreliñas como as queredes.
Por acompañalas con ese cariño e ese apoio incondicional que non se ensina… lévase dentro.

Este pódium tamén é voso.
Este comezo tamén leva o voso nome.

Orgullo inmenso de equipo. Orgullo inmenso de familia. 😍

Hoxe non celebramos só medallas.
Celebramos un comezo.
Celebramos un equipo.
Celebramos unha familia.

Isto é só o primeiro paso dun camiño que promete ser inesquecible.

💜 Orgullo infinito.

Dirección

Travesía Pedregal, 1
Brion
15220

Horario de Apertura

Lunes 16:30 - 22:00
Miércoles 16:30 - 22:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Emotion_fitkid publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría