23/06/2026
O pasado domingo tivemos a sorte de facer a nosa “Sobremesa” nun gran escenario, o acabadiño de estrear Auditorio de Marín. Foi unha das actuacións máis bonitas da tempada, incluíndo emocións e reecontros con familia e amigos que nos foron ver. Agradecemos moito ao Concello de Marín que nos dese a oportunidade de facelo, aos marinenses que acudirin en masa despois do partido e, sobre todo, ao equipo técnico de Dibay, que nos tratou do mellor xeito que mos puido tratar, poñendo todos os medios para que aquilo soase como soou e para que nos sentisemos como na casa. Esperamos ter estado á altura do palco e que nos volvan chamarn❤️.