22/07/2026
GRAZAS! 🙏
Despois de dous días de festa e dun día e medio de recollida, o primeiro que nos sae é darvos as grazas, de corazón, por esta XIV edición do Festival Aturuxo. 🐗🔥
Grazas, en primeiro lugar, ás voluntarias do festival, por traballardes a reo, polo bo facer e pola vosa dispoñibilidade para todo. Se a directiva da asociación é o motor do festival, vós sodes realmente a gasolina que o fai funcionar.
🎶Grazas a todas as bandas, músicas e artistas que nos fixeron g***r de dous días cheos de emocións e cultura: As Ferriñas, As Faíscas, As Folerpas, Pandeireteiras da Sementeira, Arume, Pandeireteiros do Inferno, Pajarito, Tumba e Dalle, A Banda da Balbina, Sabela e Vimbio. Grazas por apostar polos festis pequenos.
Grazas ás veciñas e veciños de Bravos, por axudarnos en todo o que precisabamos; ás persoas propietarias dos campos, a quen os segou e a todas as que colaborastes con nós.
Grazas á A.VV. Irmáns Vilar Ponte de Bravos polo apoio loxístico que nos dan e por participar con nós no festival.
Grazas a Manu por organizar, un ano máis, o aberto de Billarda, que xa se está a converter nunha tradición do festival.
Grazas a Thaís por eses xogos para grandes e pequenos.
Grazas a Borxa por traernos esa sidra de Casaldares, sidra quilómetro cero no concello de Ourol!
Grazas a Davixino por diseñar a imaxe deste ano, máis confiar en artistas locais e menos carteles con IA!!!
Grazas ás nosas entidades patrocinadoras: a Deputación de Lugo, a Comunidade de Montes en Mancomún de Bravos e Bodegas Ribeirao, por achegaren o apoio necesario para facer posible este festival un ano máis.
Grazas ao Concello de Ourol por coorganizar connosco e estar sempre disposto a poñer o seu gran de area en todo o posible.
Grazas a María Simón por documentar todo o festival para o futuro.
Grazas a Ray de Galdo por deixarnos o toldo para a cociña e o posto de merch.
Grazas a Ponte de Pau por sacarnos as castañas do lume no último momento.
Grazas tamén a todas as empresas que traballaron para nós por entenderen a filosofía do noso festi: Igmar, Elymar, Eijo, La Vivariense, Serigrafía Eo, Construdeco, Embutidos Otero e JRilo.
E, o máis importante, GRAZAS a todas as persoas que vos achegastes a Bravos para g***r con nós deste festival. Foi unha edición que quedará marcada para sempre, na que houbo máis xente da que esperabamos, e iso sabendo a enorme oferta festiva que había en toda a contorna. De verdade, moitas grazas pola vosa enerxía, risas e bailes.
E por iso escollemos esta foto para este agradecemento. Seguramente haxa moitas máis bonitas (pronto vos ensinaremos o gran traballo de María Simón), pero esta resume á perfección a familia que se forma no Aturuxo. Eran as tres e pico da mañá, queriamos facer unha foto “oficial” da organización e das persoas colaboradoras e, de súpeto, toda a xente que aínda quedaba alí connosco sumouse de maneira espontánea. Ao final, aí estamos organización, persoas colaboradoras, músicos e público, todas xuntas celebrando a nosa música, a nosa cultura, o noso idioma, o noso rural e a nosa xente. Sodes moi grandes.
Que vivan os festivais asociativos!
Que viva o noso rural!
Que viva a xente que loita por el!
QUE VIVA O FESTIVAL ATURUXO!
LUME!!!