14/06/2024
CENTRO SOCIAL 25 ANOS
Estamos vendo como ultimamente proliferan festas, comisións, asociacións, e colectivos que queren
organizar actividades. En Boiro hoxe a CULTURA CIDADÁ está máis viva que nunca.
E pode, solo pode, que este centro que hoxe cumple 25 anos teña algo que ver.
Como di o noso lema levamos 25 anos construíndo cidadanía.
A cidadanía é o que nos convirte en cidadáns en vez de en súbditos.
A persoa que exerce a súa cidadanía non se conforma con ser espectadora, quere ser protagonista da
vida que lle rodea.
A persona que exerce a súa cidadanía quere PARTICIPAR no que sucede no seu pobo.
A persoa que exerce a súa cidadanía demanda os seus dereitos e cumpre cas súas obrigas cívicas.
Polo tanto, fomentar o exercicio da cidadanía é traballar para ter unha democracia mellor.
Este centro social é un equipamento público que leva 25 anos promovendo a cidadanía.
Aquí podes participar nunha ong como voluntaria, podes participar nun conxunto musical, podes
participar ca túa asociación cultural organizando festas, como o maio vintage ou a Romería das
Letras, podes participar nun grupo de costura, nun coro de maiores, nun colectivo de mulleres ou
nun voluntariado xuvenil chamado Turbina.
Neste centro social podes PARTICIPAR. Ese sempre foi o noso mellor servizo.
Pero ofrecemos maís servizos. Aquí podes estudar na biblioteca, formarte, facer mil cursos de todo
tipo, ter unha entrevista de traballo, que che axuden a facer o currículum, a entender o teu teléfono
ou saber usar a sede electrónica (cousas que nos complican tanto a vida ultimamente)
aquí tamén che poden acoller cando non tes nin siquera os mínimos vitais cubertos como sucede
con moitas persoas migrantes.
Aquí podes ver películas, tocar un instrumento, tomar un café ou montar unha asociación.
Aquí podes atoparte con outras persoas e recuperar a vida en colectivo. porque o Centro Social é un
lugar de encontro, un equipamento público para evitar outro dos males do mundo moderno: a
soidade.
o Observatorio Estatal da Soidade Non Desexada impulsado pola Fundación ONCE,
sinala que entre as causas do illamento involuntario figura a falta de convivencia e apoio
familiar e SOCIAL, acusado polo 50% das persoas enquisadas en situación de soidade.
Así como no momento actual hai certa tendencia a convertirnos en consumidores, en espectadores
pasivos en vez de en cidadáns activos.
Tamén hai unha tendencia na sociedade actual á soidade, ao individualismo, á privatización da vida.
Cando historicamente Galicia sempre foi unha sociedade moi comunitaria como nos dan a ver
figuras como as comunidades de montes, as comisións de festas, os traballos compartidos ca
veciñanza e outro usos que a sociedade moderna foi substituindo.
Este centro tamén quere ser un espazo de sociabilidade para combatir a soidade.
Por eso aquí ven xente simplemente a xogar a partida, a compartir conversas mentras calcetan, aos
grupos de memoria ou a bailar, porque aquí tense bailado moito, no lugar no que estades agora
mesmo moito se ten bailado.
Bailar xuntos, ese tamén é un servizo social.
Xa remato, as liñas de traballo deste centro marcadas no documento inicial de traballo, alá polo
1999 foron Cultura, Mocidade, Maiores e emprego.
A metodoloxía de traballo, ofrecer servizos comunitarios e construir comunidades a través da
participación social.
Creo humildemente que conseguimos os obxectivos, que traballamos moito para ser un
equipamento de referencia.
Por este centro pasan unha media de 250 persoas ao día, que multiplicadas polos 365 días que
estamos abertos dannos 90.000 entradas ao ano, que multiplicadas por 25 anos dan máis de dous
millóns de entradas que tivo este centro neste tempo.
Creo firmemente que estos centros sociais deben seguir traballando e deben ser dotados de medios
públicos, materiais, humanos e orzamentarios, para conseguir o retorno social do que falaba ao
principio que non é outra cousa que unha sociedade máis solidaria, máis formada, máis conectada
entre si, maís participativa e menos individualista.
En definitiva unha sociedade na que a vida sexa mellor e máis plena para todos.
Nisto traballamos arreo durante os últimos 25 anos.