Rede Cultural Betanzos e Bisbarra

Cómo llegar Contactar con la empresa

Rede Cultural Betanzos e Bisbarra
(Instagram)

Día de Rosalía 2026: Unha voz eternaO Concello de Betanzos e a Asociación Cultural Eira Vella organizan a homenaxe a Ros...
26/02/2026

Día de Rosalía 2026: Unha voz eterna

O Concello de Betanzos e a Asociación Cultural Eira Vella organizan a homenaxe a Rosalía de Castro na conmemoración anual do seu nacemento, este ano baixo o lema “Unha voz eterna“. O acto terá lugar o venres 27 de febreiro de 2026 na Aula municipal de Cultura Xulio Cuns, a partir das 18:30 horas.

Na homenaxe deste ano contaremos coa colaboración da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia e coa participación de alumnado de todos os centros de ensino de Betanzos (IES As Mariñas, IES Francisco Aguiar, CPR Nosa Señora do Carme-Atocha e CEIP Francisco Vales Villamarín), así como das asociacións betanceiras Asociación Cultural A Fuliada e a Asociación Lar de Unta.

Durante o acto lerase o Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2026 redactado nesta ocasión por Eva Veiga baixo o título Mais eles tamén perdidos, que podedes ler completo na seguinte ligazón.
https://www.aelg.gal/resources/upload/2026/Dia%20de%20Rosalia%202026/2026%20Manifesto%20da%20AELG%20no%20D%C3%ADa%20de%20Rosal%C3%ADa%20de%20Castro.pdf

Máis información na páxina da AC Eira Vella:
https://eiravellaac.gal/archivos/dia-de-rosalia-2026-unha-voz-eterna

Exposición de caricaturas de Antonio Pallas.Durante o mes de setembro de 2025, entre os días 5 e 30, terá lugar na sala ...
26/08/2025

Exposición de caricaturas de Antonio Pallas.

Durante o mes de setembro de 2025, entre os días 5 e 30, terá lugar na sala de exposicións Jesús Núñez do edificio Arquivo unha exposición de caricaturas do artista betanceiro Antonio Palla.
A Asociación Cultural Eira Vella organiza esta mostra, coa colaboración do Concello de Betanzos, que se poderá visitar en horarios de 10:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 21:00 horas de martes a venres, e de 11:30 a 14:00 e de 19:00 a 21:00 horas os sábados. A inauguración da mesma terá lugar o venres 5 de setembro de 2025 ás 20:00 horas.

Antonio Palla compaxinou o seu labor docente, do que está xubilado, con diversas actividades artísticas, entre as que destaca principalmente a caricatura.

Máis información:

https://eiravellaac.gal/archivos/exposicion-de-caricaturas-de-antonio-palla

Este 17 de maio voltaremos ás rúas co clamor unánime de Lingua vital xa!Queremos que na manifestación que sairá ás 12h d...
06/05/2025

Este 17 de maio voltaremos ás rúas co clamor unánime de Lingua vital xa!

Queremos que na manifestación que sairá ás 12h da Alameda de Santiago, o baile e as pandeiretas enchan as rúas para rematar na praza do Obradoiro nunha multitudinaria foliada pola lingua que será a grande homenaxe colectiva ás cantareiras e pandeireteiras. Por moito que a tentaron calar, a música galega rexorde unha e outra vez e con ela a nosa lingua.

Para organizar o espazo para tocar e bailar apúntate ti, á túa agrupación ou amizades neste formulario.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeoxQkM7w1hHDDLioP9a2J2g_K3N0Ta-SvcbyLQ-AWOgKR0yA/viewform

Máis información: https://www.queremosgalego.gal/

Convocatoria: https://www.queremosgalego.gal/2025/03/27/a-manifestacion-pola-lingua-do-17-de-maio-acabara-cunha-grande-foliada-pola-lingua-na-praza-do-obradoiro/

Día da República: ofrenda floral ás vítimas do franquismoAbril 12, 2025O vindeiro 14 de abril de 2025, ás 19:30 horas, a...
12/04/2025

Día da República: ofrenda floral ás vítimas do franquismo
Abril 12, 2025

O vindeiro 14 de abril de 2025, ás 19:30 horas, a Asociación Cultura Eira Vella celebrará un ano máis a ofrenda floral diante da placa situada na entrada do Museo das Mariñas, reprodución da orixinal ubicada no Centro Betanzos de Bos Aires e na que se recollen os nomes das vítimas betanceiras do franquismo.

Agardámosvos un ano máis para que a memoria democrática siga viva.

Máis infromación: https://eiravellaac.gal/archivos/dia-da-republica-ofrenda-floral-as-vitimas-do-franquismo.

Proxección do film JuliaDirector Jacobo LagüelaCine Alfonsetti28 de marzo ás 20 horas.Este filme documenta a extinción e...
13/03/2025

Proxección do film Julia
Director Jacobo Lagüela
Cine Alfonsetti
28 de marzo ás 20 horas.

Este filme documenta a extinción e o abandono do rural como o coñecemos ao través dos ollos da súa protagonista. Realiza un percorrido pola vida de Julia e invita aos espectadores a unha viaxe lenta entre pasado e presente; no que se pode apreciar o declive do campo español nos últimos 70 anos. Coa esperanza de que o relevo xeracional se cumpla, e de que os bisnetos collan as rendas para garantir un futuro digno para o rural, Julia reivindica o papel da muller, é memoria histórica e unha chamada de atención; se esquecemos de onde vimos, nunca saberemos a onde imos.

Organizan:
- AC Eira Vella
-BAM (Biblioteca, Arquivo e Museo de Betanzos)
Colabora:
-Concello e Betanzos

Un ano máis, o Concello de Betanzos e a Asociación Cultural Eira Vella organizan a Homenaxe “Da túa man… Rosalía“, que t...
20/02/2025

Un ano máis, o Concello de Betanzos e a Asociación Cultural Eira Vella organizan a Homenaxe “Da túa man… Rosalía“, que terá lugar o vindeiro venres 21 de febreiro de 2025 na Aula municipal de Cultura Xulio Cuns, a partir das 18:30 horas.

Na homenaxe deste ano contaremos coa colaboración da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia e coa participación de alumnado de todos os centros de ensino de Betanzos (IES As Mariñas, IES Francisco Aguiar, CPR Nosa Señora do Carme-Atocha e CEIP Francisco Vales Villamarín), así como das asociacións betanceiras Asociación Cultural A Fuliada, Asociación Lar de Unta e a Agrupación musical Carlos Seijo.

Durante o acto lerase o Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2025 redactado nesta ocasión por Marga do Val.

Dirección

Betanzos
15300

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Rede Cultural Betanzos e Bisbarra publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Rede Cultural Betanzos e Bisbarra:

Atajos

Compartir

Categoría