Espazo Vaina

Cómo llegar

Espazo Vaina Vaina é un espazo creativo polivalente situado en Betanzos

Voltamos do noso letargo veraniego con este 🍌🧪OBRADOIRO DE BIOMATERIAIS 🧪🥜~ Guiado por Manuel de A R B I O - diseño sost...
02/10/2026

Voltamos do noso letargo veraniego con este
🍌🧪OBRADOIRO DE BIOMATERIAIS 🧪🥜
~ Guiado por Manuel de A R B I O - diseño sostenible diseñador gráfico e director artístico, que desenrola proxectos cun enfoque vanguardista e de sostebibilidade, investigando en liñas de biomimética biomateriais no eido da arte e o deseño.

~ Manuel tráenos esta proposta formativa de biofabricación, onde conflúen investigación e creación artística, na que fabricaremos biomateriais con aplicación a no deseño de producto.

~ Reflexionaremos sobre o que implica a substitución dos sistemas industriais por procesos biolóxicos, fusionando bioloxía, tecnoloxía e deseño, coa finalidade de revolucionar os procesos de produción actuáis e o seu alto costo medioambiental.

~ Aprenderemos a fabricar ditos biomateriais cunha primeira parte práctica sobre a biomímese en diversos organismos, centrándonos nos procesos de fabricaci das súas estructuras, materiais, texturas…

~ E pasaremos á práctica mediante diferentes técnicas de biofabricación de bioplásticos paso a paso, realizando receitas e experimentos, dándolle unha segunda vida a residuos orgánicos fomentando así a circularidade.

~ Traballeramos con materiais biobasados (gelatina, Agar Agar, posos de café, pel de plátano, de cenoura, casca de ovo e cacahuete…). Todos están incluidos, pero se queres podes traer os teus propios residuos orgánicos secos ou deshidratados para traballar con eles.

~ Cada asistente levará consigo as mostras dos biomateriais realizados.

*Este obradoiro inclúe a comida, escríbenos se tes calquera intolerancia alimentaria.

~ Prezo: 100€ (comida do sábado incluída)
~ Duración total: 10h
~ Sábado 17 de outubro de 11 a 14h e de 15h a 18h. E domingo 18 de outubro de 10h a 14h

PRAZAS LIMITADAS!
🌸🌸🌸🌸
INSCRIPCIÓN e INFO~> [email protected]
(Manda un mail co nome do obradoiro no asunto)

O vindeiro venres 25 de setembro teremos con nós á nosa querida Urtika Herbal presentando o seu último libro 📕‘Alquimia ...
11/09/2026

O vindeiro venres 25 de setembro teremos con nós á nosa querida Urtika Herbal presentando o seu último libro 📕‘Alquimia emocional’ ⚗️
Aproveitando que o venres 25 comeza o clube de lectura Ler-endas con Ale pareceunos boa idea estirar a tarde de libros coa presentación de Cova.
Así que anotade:
Reunirémonos ás 16:30 para a primeira sesión de Ler-endas e ás 19h teremos presentación do libro de Urtika Herbal . Plan redondo 😌
~ Alquimia Emocional é unha viaxe iniciática e alquímica, un canto ao Amor e ao descubrimento dunha mesma a través de múltiples ferramentas naturais, un abrazo ao noso corazón e un baile á harmonía e á Vida ben vivida.
É un mapa para unha viaxe en busca do benestar e o equilibrio emocional, enfocado en diferentes ferramentas naturais e na propia reflexión e autoexploración interna.
Ademais este libro é unha travesía ao redor da exploración interna, o autoconocimiento, o autocuidado e a compaixón por unha mesma, para poder atopar as ferramentas naturais que nos axuden a soster as nosas vidas: plantas, flores, prácticas de escritura, respiración, somática, meditación e máis.
É unha man tendida para calquera persoa que queira habitarse con maior paz e benestar.
~ Cova é escritora, herbalista e acompañante de procesos terapéuticos, con formación universitaria en filoloxía clásica e antropoloxía sociocultural. Graduada en naturopatía feminina e fitoterapia, ademais é terapeuta menstrual e floral, pero non sente que nada disto a defina. Considérase, sinxelamente, unha aprendiz e eterna observadora da Natureza, unha canle entre as plantas e os seres humanos, unha ponte que une ambos os mundos e conéctaos. Unha gardiá dese fráxil equilibrio. Unha tecedora das sabedorías que, tan xenerosamente, entréganos a Nai Natureza.
~ Vide compartir lecturas e natureza con nós! 🫛🫛🫛

Voltamos do verán con ganas de propostas novas ✨ 🌞Queremos comezar a formar grupo para as 📚LER-ENDAS📚 un clube de lectur...
08/09/2026

Voltamos do verán con ganas de propostas novas ✨ 🌞
Queremos comezar a formar grupo para as 📚LER-ENDAS📚 un clube de lectura e merenda no que faranse propostas de libros e reunirémonos o último venres de cada mes para compartir merenda e impresións.
Todo isto da man de Ale 🌸
* O horario é orientativo, a idea é que se vaia formando o grupo e se adapte ás necesidades e preferencias da xente.
Se te queres apuntar escribe a [email protected]
Vémonos en Vaina! 🫛🫛🫛

Un ano máis inauguramos a expo do Laboratorio Gráfico como leche de curso ✨🌸 O vindeiro xoves 25 de xuño temos unha most...
18/06/2026

Un ano máis inauguramos a expo do Laboratorio Gráfico como leche de curso ✨
🌸 O vindeiro xoves 25 de xuño temos unha mostra moi especial: a das alumnas e alumnos do curso de debuxo e experimentación gráfica que guía Iria Fafián 🌿 no noso espazo.
Podes visitar a expo en dous horarios:
O xoves 25 de xuño de 17:30h a 18:30h co grupo de peques, e de 19h a 20h co grupo de maiores. Haberá visita guiada e merendola!
Atoparedes ilustración en varias técnicas, banda deseñada, acuarelas, tinta china, persoaxes modelados en arxila, debuxo anatómico, estudios de cor… e moita moita experimentación.
🍀Con esta expo pechamos este curso do Laboratorio Gráfico con moi bo sabor de boca, risas e moitas experiencias ❤️
Gracias ás alumnas e alumnos por asistir e por confiar neste proxecto, sodes as mellores! ❤️✨
👉Abrimos inscripcións para o curso que ven, se estás interesado manda un mail a [email protected]
Está enfocado a xente a partires de 8 anos e sen límite de idade, neste curso tivemos enriquecedora mistura xeracional! ☺️
INFO:
O Laboratorio Gráfico é unha proposta de obradoiro mensual, no que desenrrolamos proxectos artísticos, exercicios de creatividade e no que tamén aprendemos aspectos técnicos necesarios para aplicar nos nosos proxectos e ir coñecendo o noso xeito persoal de comunicar a través do debuxo e as súas variantes.
A intención do Laboratorio é dar ferramentas creativas e de autoexploración que poidan ser aplicadas a posteriori como xogo, búsqueda creativa ou como potencial afición que continuará nun futuro, (quen sabe o que pode pasar ao entrar en contacto coa arte!)
Vémonos en Vaina!

Atentas porque este verán temos ✨CAMPAMENTO de ILUSTRACIÓN✨ Durante as dúas primeiras semanas de xullo mergullarémonos n...
11/06/2026

Atentas porque este verán temos ✨CAMPAMENTO de ILUSTRACIÓN✨
Durante as dúas primeiras semanas de xullo mergullarémonos no mundo da creación da man das ilustradoras Iria Fafián 🌿 e 🌿Irene Sanjuan ✏🌿 ✏️

~ 🌞Do 6 ao 10 de xullo de 11h-13:30h 🌞convertirémonos unha equipa audiovisual e crearemos unha curtametraxe de cinema de sombras con Iria Fafián 🌿
~ 🌞Do 13 ao 17 de xullo de 11h-13:30h 🌞 profundizaremos no deseño e creación de personaxes con 🌿Irene Sanjuan ✏🌿 ~ E para rematar o Campamento 🌸 o sábado 18 de xullo de 11-13:30 🌸 faremos unha Gimkana de debuxo acompañada dunha merenda fresquiña + expo das obras e proxección da peli!
*a partir de 8 anos, prazas limitas!
Que faremos no Cinema de sombras?
~ Deseñaremos as personaxes e os escenarios, prepararemos as siluetas en cartulina negra, teatralizaremos o texto e ensaiaremos todo para gravar a nosa curtametraxe proxectando as siluetas nunha pantalla de tea, para darlles vida e voz diante da cámara👌
~ Aprenderemos todo o necesario para poder montar o noso set de cine na casa, e ao rematar recibiredes por mail a vosa película de cinema de sombras!
Que faremos no Deseño de personaxes?
~ Aprenderemos todo o necesario para a creación de personaxes carismáticos que logo poidan protagonizar as nosas historias.
~ O xogo será o noso punto de partida para obter as características físicas de psicolóxicas, que logo nos servirán para aprender debuxo de expresións, anatomía e finalizar a ilustración coa técnica de acuarela.
Que máis se pode pedir para o verán, apúntaste??
🌞Manda un mail a [email protected] se queres máis información 🌞
Vémonos en Vaina!🫛

Atentas que temos nova expo! O noso querido  estará na casa os vindeiros meses cunha expo moi especial 🌈✨Noel leva 20 an...
04/05/2026

Atentas que temos nova expo! O noso querido estará na casa os vindeiros meses cunha expo moi especial 🌈✨
Noel leva 20 anos pintando na rúa, que se dí rápido. Mais este proceso lento e perfumado, no que pasou de pintar en estradas, autovías e fábricas abandonadas a levar a cabo murais en fachadas de todo tipo de este e do outro lado do mar non é o de sempre.

“Aprendemos a inmolarnos enredadas en euforias e depresións, vicios, bloqueos, proxectos e produccións. 15 anos vivindo exclusivamente de pintar e confiar, de enamorarse unha e outra vez do oficio artístico, do espazo público e da narrativa gráfica en exterior para seguir descubrindo o tránsito ao mundo interior.

— Deixame pasar…

Toda unha vida cabe en un segundo que fai que todo vala a pena, ou que todo se derrumbe nunha R U I N A anunciada. Non hay beleza mais crúa.”
En esta ocasión ven a .vaina a ofrecernos 9 pezas pictóricas da última producción (frescas: aínda respiran) e un exercicio irrepetible para pasar o tempo, romper o patrón e manter a cabesa ocupada arredor do parque que lle da nome a esta exposicion: PASATEMPOS
“
— Senón pérdome sabes?
Empeso a pensar, e o tempo pasame por diante sen que ninguén o mire. Que se me atraghantan os minutos e sempre quero tirar do fio do pasado….Pero xa non estou alá. Estou aquí. Presente.
Puro teatro.
“
Non faltes. Haberá tortilla :9
9 MAIO a partirse das 12:20 sesión vermú 🌸✨
Vémonos en Vaina!🫛 🫛🫛🫛

Dirección

Rúa Rollo, 62 Bajo Izq
Betanzos
15300

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Espazo Vaina publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría