O Peixe Peixe

O Peixe Peixe "Crecemos contigo, celebra connosco"
Especialistas en Animación Infantil

Chegan momentos de cambio. 💼💼Chega o momento de agradecer a tanta xente... que non sei se daremos!🤗Agradecer a todos os ...
12/07/2020

Chegan momentos de cambio. 💼💼

Chega o momento de agradecer a tanta xente... que non sei se daremos!🤗

Agradecer a todos os peixiñ@s que vimos crecer, que sopraron as velas, que difrutaron dos supermércores, que viñeron cociñar, xogar en inglés, compartir as mañás de verán... eses peixiñ@s que nos acompañaron ano tras ano e que nos fixeron TAN felices nesta etapa. Unha parte deles ficará para sempre no noso corazón 💚💚

Agradecer a pais e nais que confiaron plenamente en nós, que entenderon que unha festa de aniversario é moito máis que unha festa... na que tamén se podía aprender algo. 😊

Agradecer aos monitores e monitoras que pasaron por esta casa, especialmente a Eva, que leva con nós dende o primeiro ano! 😍 Agradecer o compromiso, a ilusión e e a pegada que deixou cada un entre estas paredes.🥰

Grazas á familia que soportou duras ausencias pola procura dun soño...
.. e grazas sempre aos meus anxos da garda Ana Pink e Patricia Juliá que enchiron de sabiduría, felicidade e inesquecibles momentos este camiño percorrido.

Seguiremos levando a festa por onde digades, que ´o que mellor sabemos facer!🥳🥳

Chega o momento de facer novas maletas... pero coa mesma ilusión, e a mesma tolemia...🤪 iso non nos falta nunca! 😆

07/07/2020

A Praza da Paradela de Gondomar, recuperada para as veciñas e veciños grazas á Deputación de Pontevedra, acolleu este sábado un encontro-mitin do PSdeG-PSOE coa participación do alcalde, Paco Ferre…

30/06/2020

Denuncian non ter recibido axudas que si foron outorgadas a ludotecas e escolas infantís pese a traballar nas mesmas condicións que estas.

27/06/2020

O SECTOR DO OCIO INFANTIL MORRE

COMUNICADO AEGOI
AEGOI, Asociación de Empresas Galegas de Ocio Infantil, expoñemos a situación na que nos atopamos tras unha PÉSIMA xestión da Xunta de Galicia marcada pola deixadez, incerteza, incoherencia e as desigualdades. Falamos de un sector que xenera emprego, paga altos impostos, e que no 2019, o INE (Instituto Nacional de Estadística) figuran 951 empresas no CNAE 9329 (actividades recreativas y de entretenimiento), cifrando en 301 os Centros de Ocio con local na nosa comunidade. A día de hoxe moitas destas empresas xa pecharon e outras o farán.

1.- ESTA É A NOSA SITUACIÓN DENDE O COMEZO DA PANDEMIA:

13 marzo: Sae publicado o DOG 50 bis, , no que se acorda declarar a emerxencia sanitaria de interés galego, e no punto séptimo acordase a suspensión da actividade dos Centros de Ocio Infantil.

14 marzo: O Goberno Español declara o estado de alarma no BOE número 67. Empeza o confinamento.
28 abril: O Goberno Central aproba o proceso para a transición a unha nova normalidade que publica as fases da desescalada en España no BOE 123 do 3 de maio; neste documento, os CENTROS DE OCIO non están incluídos en ningunha das fases.

25 maio: Galicia entra en fase dous e as escolas infantís poderían abrir, ainda que dende a Xunta de Galicia non se lle facilita o protocolo de apertura, catro días máis tarde, o Sr. Alberto Núñez Feijóo en comparecencia pública, comunica que por riscos para a saúde, e discrepancia entre os pediatras, as Escolas Infantís, Espazos Infantís e Ludotecas non abrirán ata SETEMBRO. Así, para evitar contaxios, anuncia un paquete de medidas de conciliación. (Anotamos que todos estos espazos dependen de Política Social, a nosa CNAE depende de Industria).

30 maio: O Goberno Central publica no BOE 153 a flexibilización de determinadas restriccións para a entrada na fase 3 a partir do 8 de xuño, permitindo a apertura dos nosos centros, e deriva ás competencias da nova normalidade ás Comunidades Autónomas

11 xuño: A Xunta de Galicia anuncia axudas a fondo perdido, para entidades privadas titulares de Ludotecas e Espazos Infantís para compensar o peche obrigado ata setembro por una cuantía de 800.000€ (Os Centros de Ocio a pesar de traballar nas mesmas condición e presentar os mesmos riscos de contaxio que as Ludotecas, quedamos excuídos das axudas; tamén o día 11 anuncia un bono coidado para domicilio, e así facilitar a conciliación familiar, cun orzamento de 13 millóns de euros, ambas axudas aparecen publicadas no DOG 114 bis do 12 de xuño.
Mentras tanto, os Concellos de toda a Comunidade empezan a ofertar actividades de verán para a infancia, dende os 3 anos. Así como todos os centros privados que teñen as portas abertas dende a 8 de xuño tales como, clubes deportivos, academias de baile, centros de ensinanza non reglada, e un largo etc.

13 de xuño: Galicia publica o DOG 115 no que se publican as medidas para entrar nunha nova normalidade a partires do 15 de xuño e, mantén o peche obrigado dos Centros de Ocio, sen determinar unha data de apertura nin expectativas da mesma (si se concretan datas de apertura a outros sectores como o ocio nocturno) tan só indica que realizarase unha revisión o 01 de xullo de esta situación, puidendo variar según os resultados dun estudio epidemiolóxico.

14 XUÑO: o Sr Alberto Núñez Feijoo en comparecencia pública explica que non abre os Centros de Ocio “pola característica propia do lugar” comunica o ALTO RISCO das actividades infantís en interior, estigmatizando ao noso sector e xenerando unha gran desconfianza. Anota, que dende hai semanas son os pediatras quenes o desaconsellan, a verdade, e que si dende hai semanas o desaconsellan, non entendo por qué non se cominucou antes, xa que dende o 8 de xuño os nosos centros podían según o BOE estar abertos.

A día de hoxe, tras casi CATRO MESES pechados e varias infructuosas reunións na Xunta de Galicia mostrando a nosa problemática aínda non sabemos nin cando poderemos abrir, nin as medidas que serán exixidas.
Permitir a nosa apertura o 1 de xullo, con fortes restriccións da nosa actividade e das estructuras empregadas para a mesma, sen ningún tipo de axuda económica que axude a paliar CATRO meses de gastos con 0 ingresos levará irremediablemente o peche definitivo de numerosos Centros de Ocio.

2.- A DÍA DE HOXE OS CENTROS DE OCIO INFANTIL NON ENTENDEMOS:
• Cómo se chega a unha “Nova normalidade” sen que TODOS OS SECTORES teñan definida a súa actividade?
• Se estamos xa na “Nova normalidade”, NON se nos permite abrir, NIN se nos presenta unha data fixa, NIN se nos presentan axudas… que están invitándonos a PECHAR??

Se non se permite a nosa apertura:
• Cómo non se nos citou o 29 de maio, cando se pechan as ludotecas e Espazos Infantís ata setembro? Que tiñamos que pensar nese momento? Deixadez? Esquecemento?
• Por que non se nos da respostas cando acudimos á Xunta CATRO VECES para poder planificar os nosos negocios? Por qué non recibimos NUNCA medidas concretas, sendo moitas delas contradictorias?
• Por qué non temos dereito a axudas como outros negocios de similar actividade e mesmos locáis?
• Cómo se lle presta axudas a empresas para cubrir gastos dende DENDE O 16 DE MARZO?? Non tivemos que pechar a maioría????

Se permiten a nosa apertura:
• Se o noso sector é de risco, os nosos nenos e nenas, as nosas traballadoras… SON MENOS IMPORTANTES que os usuarios/as e empregadas de outros sectores que SI teñen axudas traballando nas mesmas condicións?
• Por qué non deixaron facelo antes, como marcaba o BOE? Aínda estábamos a tempo de salvar o verán. Porque facer que acumulemos un mes máis de débedas? Non estaba Galicia adiantada ao resto de España?
• Cómo un estudo epidemiolóxico determinará a nosa apertura o 1 de xullo se o comezan ANTES da apertura de fronteiras e a movilidade entre comunidades??
• Se a situación permite a nosa apertura… non debería permitir a apertura das lLudotecas que presentan un ocio educativo baseado en obradoiros e xogo máis organizado?
• Cómo queren que nos reinventemos se aínda non sabemos cales serán as estructuras permitidas coas que poderemos traballar nos nosos negocios en Galicia?
• Cómo pretenden que adaptemos os nosos locáis a unha nova realidade tras catro meses sen ingresos pero si con gastos e unha incerta apertura o 1 de xullo?
• Por qué non temos os mesmos DEREITOS que os outros negocios que si puideron abrir antes, e non seguir acumulando débedas de alugueres , créditos, luz, seguros… ? Non é unha inxusta situación que espazos cómo as LUDOTECAS si as tivesen en conta?
• Aínda non se traballou con nenos/as en interior, aínda non se sabe cómo vai ser a volta ao cole, descoñécese como será a transmisión do virus pola forma de interactuar dos neno/as… Que nos usan como experimento?
• Os pequenos/as non son máquinas. Precisamos un tempo para adaptarnos e ir pouco a pouco. De que viviremos ata o momento?.
• Se a situación está controlada, hai actividades para nenos/as dende os tres anos… Para que invertir TRECE MILLÓNS DE EUROS en axuda a domicilio, máis o gasto das Galiñas Azúis pechadas??
• Cómo se pecha o 13 de marzo con 12 casos e se nos permite abrir en xullo con 300?

3.- Por todo o anteriormente exposto os Centros de Ocio:

• PEDIMOS COHERENCIA
AEGOI Se a situación require manter os negocios pechados, así seguirán, entendendo que todas as actividades lúdicas realizadas en interior serán pechadas. Se temos que abrir, teremos que abrir TODOS.
O VIRUS NON ENTENDE DE EPÍGRAFES

• PEDIMOS IGUALDADE
Temos os mesmos dereitos que Ludotecas e Espazos infantís, a dinámica do noso sector conleva máis risco que as súas actividades. Pagamos máis impostos e precisamos reestructurar os nosos negocios. Forzar unha apertura sen axudas para cubrir gastos é obrigarnos a un peche definitivo.
PORQUÉ AXUDAS A UNHAS EMPRESAS SI E OUTRAS NON?

• PEDIMOS RESPONSABILIDADE
Dende o 8 de xuño as nosas empresas poderían estar abertas, se a Xunta de Galicia decide manter o noso peche TERÁ QUE DARNOS SOLUCIÓNS. Polas súas decisións perdimos un mes de traballo, perdimos confianza dos clientes, e acumulamos un mes de gastos.

“O SECTOR DO OCIO INFANTIL MORRE, NON POLA COVID…
MÁTANOS A A MALA XESTIÓN DA XUNTA DE GALICIA”

23/06/2020

➡️Os menores de 6 años se non levan mascarilla NON poden acortar a distancia de seguridade. Esto é a nova normalidade para toda España.

As normas hai que cumplilas... Aínda que sexa o día da tua filla. A ameaza "si les pones mascarilla llamo a otra empresa" non vai con nós. A responsabilidade sempre foi e será a nosa bandeira.



Peixiñ@s...con moita pena comunicamos que este verán non abriremos as nosas portas. Vai ser moi difícil non poder compar...
22/06/2020

Peixiñ@s...con moita pena comunicamos que este verán non abriremos as nosas portas. Vai ser moi difícil non poder compartir con vos estas mañás. 😔
Son momentos difíciles, dependemos das administracións, da evolución da pandemia e da nosa capacidade de resistir tantos meses pechados, pero o principal é ser responsables e coherentes nesta difícil situación.

Pero... seguiremos celebrando! 🥳 Recorda que no teu xardín, na casa da avoa, ou no parque que queiras, podemos animar a túa festa. Son tempos de cambios... adaptémonos!

Moitísimas grazas a Nayla por emocionarnos con este Peixiño 🥰. Sentir que seguimos nos vosos corazóns fai que durmamos mellor.

Só nos queda pedirvos RESPONSABILIDADE, da actitude de tod@s depederá que podamos regresar a nosa casa.

Pasade un feliz verán!!!🌞🌞

Bono coidado para as familias. Este ano, xogamos na casa! 🏠
14/06/2020

Bono coidado para as familias. Este ano, xogamos na casa! 🏠

😢😢Definitivamente, seguimos pechados. A saúde é o primero e estamos en tempos de ser moi responsables. A prudencia impid...
13/06/2020

😢😢Definitivamente, seguimos pechados. A saúde é o primero e estamos en tempos de ser moi responsables. A prudencia impide que vos digamos cando poderemos abrir, pero sabede que non nos esquecemos de vos. Lembrade que si podemos ir a axudarvos na casa. 🏠🏠

📣Peixiñ@s! Temos novidades!!!.👏👏Á espera de saber en que condicións poderemos xogar na nosa casa... Podemos ir á vosa 😍😍...
12/06/2020

📣Peixiñ@s! Temos novidades!!!.👏👏
Á espera de saber en que condicións poderemos xogar na nosa casa... Podemos ir á vosa 😍😍👏👏👏.
⬇️⬇️ Aqui vos deixamos ás axudas do Bono coidado. Xa falta menos!☺️

ORDE do 11 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás familias con nenas e nenos de ata doce anos de idade para a conciliación na situación xerada pola COVID-19 a través do programa Bono coidado extraordinario (código de procedemento BS900C).

Dirección

De Tomás Rodríguez Punxin, Nº1
Barbadanes
32002

Teléfono

+34988617802

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando O Peixe Peixe publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a O Peixe Peixe:

Compartir