Festa dos Botes

Festa dos Botes Páxina oficial da Festa dos Botes de Arzúa
7, 8 e 9 de agosto 📅📅
De balde!! 🆓
XA

06/08/2026

🎉🥫43ª FESTA DOS BOTES 🥫🎉

🔥🫂 Arzúa sabe que Cutinocho está a punto de saír á rúa cando a vila se enche de Botes e a Queixeira presume da súa camiseta. Este ano tivemos unhas axudantes moi especiais, xeracións que sumaron as súas forzas para pór todo a punto para a nosa Festa. Porque así é a Arzuanía, unirnos para que as tradicións do pasado perduren no futuro.

☄️🏡 Tedes ganas de que chegue o venres?

Grazas a por esta chulada de vídeo e a todas as voluntarias que saen nel, sodes increibeís. 🥰🫶

‼️INFORMACIÓN IMPORTANTE ‼️Aquí tedes todo o que precisades saber para esta fin de semana. Este ano volvemos contar cunh...
05/08/2026

‼️INFORMACIÓN IMPORTANTE ‼️

Aquí tedes todo o que precisades saber para esta fin de semana. Este ano volvemos contar cunha oferta gastronómica de foodtrucks, con opcións de calidade para todos os gustos. Así como o mercado de artesanía con postos moi interesantes e ata un tatuador 🙌 (rogamos que pensedes ben que facervos para que nadie se arrepinta o luns ao ir traballar). Poderedes atopar tamén a info da acampada e un pequeno mapa da zona de concertos e de aparcamento. 😋⛺️

‼️ Tamén queremos destacar que durante a noite do sábado habilitarase un Punto Lila atendido por profesionais na Rúa Alcalde Juan Vidal.

👧 No post tamén atoparedes información sobre as actividades infantís que este ano ampliamos a sesión vermú do sábado.

‼️ Recordámosvos que a Festa dos Botes é un espazo diverso, plural e respectuoso coas diferentes realidades que existen na sociedade e na vila de Arzúa. E non toleraremos ningún tipo de discriminación ra***ta, machista, LGTBIfóbica, nin ningunha outra.✊🏼🟰

Grazas a bb.wav 🦂 polo traballazo.

MOCA 🍷🍻🎲 Non, non nos olvidamos da Moca nin imos prescindir dela, non estamos tolos, nese sentido. Pero algo tan noso me...
05/08/2026

MOCA 🍷🍻

🎲 Non, non nos olvidamos da Moca nin imos prescindir dela, non estamos tolos, nese sentido. Pero algo tan noso merecía un espazo privilexiado.

🫗 Tedes o corpo entrenado? O venres ás 22:15 no Estanco Cascón daremos o pistoletazo de saída a unha nova edición da Moca. Tedes a información de inscrición, custo e participantes na publicación.

👨🏽‍🦳 E como novidade… Nace a categoría +30, que todas merecemos sentir o formigueo de poder gañar a Moca.



Grazas a por todo o seu traballo 🫂

ARZUANÍA  #03 ☄️👝🎒Como non hai dous sen tres, chegan as novas totebags. Cun deseño que une dous fitos históricos deste 2...
04/08/2026

ARZUANÍA #03 ☄️👝

🎒Como non hai dous sen tres, chegan as novas totebags. Cun deseño que une dous fitos históricos deste 2026, a eclipse e a , que soubo plasmar nestas sacas que non deixan indiferente a ninguén.

✌🏽Nun contexto internacional marcado polas guerras e o auxe do belicismo, nós reclamamos un mundo de paz e no que o único que caian do ceo sexan os pucheiros.

⁉️A que agardades para facervos coa vosa?

Grazas a David Miranda por estas tremendas fotos!! E as modelazos que temos que son o futuro da festa ademáis 🙊

🛒Estarán á venda toda a semana e a finde na mesa de merchandising da comisión. De martes a xoves de 19:00 a 21:30, venres de 18 a 21:00, sábado de 13:00 a 16:00 e de 18:00 a 20:30.

AS COMISIÓNS 📻😈O Exército Mekemeke e a Guerrilla Arzuá unen forzas para traervos un especial pola  . Como todos sabedes ...
03/08/2026

AS COMISIÓNS 📻😈

O Exército Mekemeke e a Guerrilla Arzuá unen forzas para traervos un especial pola . Como todos sabedes o pregón deste ano será a cargo das primeiras comisións arzuás e aproveitando a sabiduría destas lendas teremos un programa enteiro dedicado a coñecer o lado máis escuro da organización dunha festa. 🎙️🔙

Estades todos e todas máis que convidados a formar parte desta parroquia este mércores as 19:30 no Xardín da Casa de Correos coa presenza invitados moi especiais. 🏡🙊



Mirade que juapazos que son

UNIFORME 2026 👕🤘🏽Chegou o momento máis agardado do ano, desvelamos o uniforme da  . Neste 2026 pasaron moitas cousas, Ba...
31/07/2026

UNIFORME 2026 👕🤘🏽

Chegou o momento máis agardado do ano,
desvelamos o uniforme da . Neste 2026 pasaron moitas cousas, Bad Bunny montou a súa casita e como nós somos moito mellores e ademais precarizadas e sen vivenda propia decidimos montar a nosa propia casiña. As guerras e os señores da guerra seguen atormentando a medio mundo. Pero non todo ía ser malo, entre todas paramos Altri, tivemos unha Liga Local para o recordo que nos seguirá dando moitas alegrías e o Mundial deunos una idea, mudar as pausas de hidratación de 3 minutos por 3 días, así que durante o 7, 8 e 9 estaremos dándolle ben forte á hidratación. 💣🏳️

Aínda que a camiseta obra de manduchas é ben fermosa, estamos tolamente namorados da pañoleta que debuxou Guille na I Romaría da Bola, vaia artistas temos no pobo, costounos tanto escoller que tivemos que recorrer a vós. 🥰👦🏻

E quixemos aproveitar esta sesión de fotos para sinalar a importancia de deixar semente, porque despois de xente como Jorge ou Tere que impulsaron e mantiveron a festa viva viñemos nós e agora tócanos deixar paso a máis xente que siga facendo que os Botes sexan o orgullo de todo un pobo, nuns anos queremos que xente como Julia ou Guille sexan quen escriban estas verbas, porque iso significará que algo fixemos ben. OS BOTES SODES VÓS!
🔙🫂🔮

Grazas a Guille, Jorge, Noa, Tere e Julia por ser tan bos modelos. Normal que a camiseta se vexa tan ben. E a Olalla por saber capturalo tan ben.

Este ano teremos como novidade para todos os que merquedes a camiseta unha chapa especial desta edición e un vaso que será empregado na sesión vermú do sábado, así que traedeo que senón imos ter que cobrarvos 1 euriño. Ambas cousas deseñas polo noso querido Señor Camino .



PD: As chapas e vasos están en camiño polo que de momento coa camiseta daranvos un vale que poderedes canxear cando cheguen.

🕒 HORARIOS ⌚️Por fin podemos presentarvos horarios desta   para que vos organicedes, descansedes cando poidades e sobre ...
30/07/2026

🕒 HORARIOS ⌚️

Por fin podemos presentarvos horarios desta para que vos organicedes, descansedes cando poidades e sobre todo… Para que non vos perdades nada!! 🔥🚀

Van ser tres días moi intensos e faremos todo o posible para que sexan os mellores do verán ☀️🪩

E temos unha sorpresa de última hora, os veciños de Nós ó Noso únense a esta fin de semana de tolemia para poñer máis música e máis ambiente ao venres dos Botes. Ide preparando os puntos que veñen con moitas gañas 👯‍♂️🔥

Queremos aproveitar para agradecer especialmente a Casa Nené e TGM - Toldos Gómez o seu apoio a esta Festa dos Botes, este ano porán nome ao escenario da Praza de Galiza e da Casa de Correos, respectivamente. 🫂🥰

Grazas a bb.wav 🦂 polo seu traballazo. 🤘🏽

  🗞️📰
28/07/2026

🗞️📰

A cita será do 7 ao 9 de agostoLaura Moure/ArzúaA asociación Xuventude Arzúa (XA) presentou onte a 43 edición da Festa dos Botes, coa que porán a ollada en 1982, homenaxeando os cinco mozos que nese ano foron quen de recuperar a festa, despois de que fose censurada polo franquismo. “Jorge de...

28/07/2026

Se tes s**o: fala, respecta e, sobre todo, coida.
Mudemos a violencia por coidado

⚠️🙌🏽 PRESENTACIÓN OFICIAL   🙌🏽⚠️Hoxe presentamos a vindeira edición da festa, este ano poremos a ollada en 1982, homenax...
27/07/2026

⚠️🙌🏽 PRESENTACIÓN OFICIAL 🙌🏽⚠️

Hoxe presentamos a vindeira edición da festa, este ano poremos a ollada en 1982, homenaxeando os cinco mozos que nese ano foron quen de recuperar a festa, despois de que fose censurada polo franquismo. Jorge de Castro, Ramón Villanueva, Cesareo Bendaña, Jorge Rodríguez e Manuel Pimentel principiaron este legado que leva 45 anos pasando de xeración en xeración, sempre da man da mocidade. 🔙🫂

Na presentación oficial do cartel da 43 edición contamos coa participación de representantes institucionais do Concello de Arzúa, Xoán Xesús Carril; alcalde da vila e Daniel Moscoso, concelleiro de Mocidade. Aliás, tamén participaron nela Sol Agra, deputada de Igualdade da Deputación da Coruña, e Natividade González, deputada de Cultura da Deputación da Coruña. Queremos ter unha mención especial para as dúas administracións que desde un primeiro momento nos escoitaron e nos tenderon o seu apoio. Concello de Arzúa e Deputación da Coruña, grazas.
Tamén contamos coa presenza do propio Jorge de Castro e de Sara Pampín, veciña da vila e integrante da banda emerxente Chiskeiro que abrirá esta edición. 🎸🎤

Dirección

Praza De Galiza
Arzúa

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Festa dos Botes publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Festa dos Botes:

Atajos

Compartir

Categoría