CUNDE

CUNDE En CUNDE producimos, xestionamos e coordinamos eventos culturais. Esperámosvos en escenarios, feiras, eventos...

Hai un tempo e tras confluir varias das traxectorias profesionais dos socios fundadores, decidimos poñer en marcha un proxecto empresarial común. Pensamos no termo de traballo asociado como a mellor maneira de definir o que adoitábamos facer cando precisábamos colaborar nos proxectos do sector e de aí xurdiu CUNDE, a nosa cooperativa. Aválanos a traxectoria e experiencia profesional de cada un dos

socios e habituais colaboradores e a día de hoxe case 5 anos cooperando e traballando pola xestión e coordinación da produción cultural no noso país.

Onte unímonos a De Vacas, e todo ese equipo fantástico, para celebrar o seus 10 anos de historia coa Vacanal Sinfónica.U...
16/08/2026

Onte unímonos a De Vacas, e todo ese equipo fantástico, para celebrar o seus 10 anos de historia coa Vacanal Sinfónica.

Un espectáculo ao que aínda lle quedan unhas datas para que poidades gozalo! E nós, traballalo.

29/07/2026

Este venres 31 de xullo terá lugar o XV edición do MillaRock.
Desde Cunde levamos 3 anos co Concello de Ames facendo a produción deste evento.

Deixamosvos o video resumo do 2025 feito polo compi para animarvos a visitarnos nesta xornada!

O venres pasado a nosa socia   estivo traballando na inauguración da ###IV Feira do Viño do Rosal. E o fotografo pilloun...
23/07/2026

O venres pasado a nosa socia estivo traballando na inauguración da ###IV Feira do Viño do Rosal.
E o fotografo pillouna infraganti supervisando!😍

Verán de proxectos varios que imos sacando adiante!

08/06/2026

A nosa socia viviu ​un ano máis traballar como coordiandora técnica na XVIII Mostra de Cinema Periférico.
Lonxe das pantallas dixitais e dos formatos convencionais,​ recuperando o valor do soporte analóxico​, coa dificultade de coordinar máis de 7 performances dentro dun mismo evento.

Unha semana de cine, arte e comunidade que, sen dúbida, deixa pegada en todos os que teñen a sorte de formar parte dela.

Superada un ano mais outra edición do Banquete de Conxo.Este ano sudamos literalmente! Pero conseguimos sacalo adiante. ...
24/05/2026

Superada un ano mais outra edición do Banquete de Conxo.
Este ano sudamos literalmente! Pero conseguimos sacalo adiante. Sempre co noso mellor sorriso e o mellor dos equipos humanos.

Marabilloso equipo.

E agora, a descansar que maña arrincamos coa Galicia Escena PRO

Son 9 e non van ser 10.Edición sobre a memoria e desmemoria do Festival .Acéptanse visitas. Teatro principal de Santiago...
19/03/2026

Son 9 e non van ser 10.

Edición sobre a memoria e desmemoria do Festival .

Acéptanse visitas.
Teatro principal de Santiago ata o Sábado 21

📷

En CUNDE o 2026 chegou con forzas….Forzas as das súas maxestades que aguantaron como campións as tiradas de caramelos, a...
03/03/2026

En CUNDE o 2026 chegou con forzas….

Forzas as das súas maxestades que aguantaron como campións as tiradas de caramelos, a choiva, a memoria que teñen que ter para acordarse de todo e…a noite máis máxica do ano, que non faltaron a ningunha casa…

Forzas as que teñen as crianzas e non tan crianzas que arrincaron o ano bailando ao ritmo de La Granja de Zenón e Abba, un planazo no que traballamos de man de Embora producións.

Forzas as que collemos algúns mentres descansamos un pouco, coa escusa da visita do equipo de Piranha Arts, organizadores de Womex 26 nas Palmas de Gran Canaria.

Forza Feroz a da nosa socia que, por 6º ano consecutivo liderou a produción dos premios feroz desde a veciña Pontevedra
Fortes están os maiores do Concello de Ames que este ano non deixaban de bailar da man de Eva e Camilo no cocido dos maiores no que traballamos (e tanto nos divertimos)
Forzas internacionais (ou sexa strongs) as que fumos espallando da man de SonEstrellaGalicia nos concertos en UK e Berlín destes dous últimos meses.
E para forte o deporte Amesán que voltou subir ás táboas da Casa da Cultura de Milladoiro para recoller os premios aos deportistas máis destacados do 2025, gala na que nos acompañou a super divertida Marta de Semprearriba

Un 23 de febreiro Rosalía tamén resoou con forza nos nosos calendarios; por unha parte organizamos a Gala Rosalía do Concello de Ames, co grande talento das escolas de Ames e coa condución e actuación de Sheila Patricia, por outra parte, aportamos o noso graíño de area para render a merecida homenaxe da man da Casa Museo Rosalía de Castro no acto celebrado no Panteón dos Galegos Ilustres.

Para finalizar o mes de febreiro e inaugurar o mes de marzo, collimos forzas ao son do violín de Ara Malikian e da man de Ediciones Embora.

E forzas, moitas, as que estamos collendo estas semanas na oficina a base de xerar ideas e propostas para os moitos proxectos que se veñen a partir deste mes e nos que agardamos vervos…Pasamos lista!

Foto 1, 6 e 8
Foto 2 e 7
Foto 4 de Manuel Fernández Valdés
Foto 5 de Alberto Rollan
Foto 8
Foto 9

Arrancamos a semana aínda coa resaca da, xa tradicional cea de . A nosa socia   facendo a rexiduria da man de  .E seguim...
23/12/2025

Arrancamos a semana aínda coa resaca da, xa tradicional cea de . A nosa socia facendo a rexiduria da man de .

E seguimos a semana co Nadal no . Un montón de actividades, entre elas todas as marabillas que suceden na Carpa Roxa.

O xoves pasado da man dos compañeiros de CEGA fixémonos cargo da rexeduría do acto de relanzamento da marca GALICIA CALI...
18/12/2025

O xoves pasado da man dos compañeiros de CEGA fixémonos cargo da rexeduría do acto de relanzamento da marca GALICIA CALIDADE; unha gala que abrimos cun fermoso Manto de Galicia e que contou cos grandes Vega, Budiño, Nico Casal e Banda de Gaitas de Pontevedra.

Para seguir xogando no con dúas galas con temática ben distinta pero cun sentimento común: O respecto.
Conducida por festexamos ás persoas e celebramos a diversidade na FestAmes Diversa.
E con premiamos ás empresas de Ames que utilizan, presumen e coidan a nosa lingua no día a día.

E seguimos, que temos a axenda chea de actividades!

Maña arrinca ! O festival de Cinema Infantil de Ames que este ano chega a súa 8° Edición!Dende o 13 ata o 16 a cativada ...
12/11/2025

Maña arrinca ! O festival de Cinema Infantil de Ames que este ano chega a súa 8° Edición!

Dende o 13 ata o 16 a cativada do , a non tan cativada, poderemos g***r de obradoiros, cinema e música!

Organiza: .abella
Financia: e

Dirección

Aldea Biduido De Arriba 19
Amés
15895

Teléfono

+34619404300

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CUNDE publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a CUNDE:

Atajos

Compartir