Pa feira co que temos

Pa feira co que temos Somos un grupo de amigos unidos polo amor a música tradicional. Inspirados pola filosofía de Pazos de Merexo.

12/10/2026

I FOLÍA DA SARTAÑA 🥁🌿

Anunciamos a primeira gran sorpresa: UN SORTEO ‼️

Como sabedes, non hai excusa que valga para faltar a I FOLÍA DA SARTAÑA 🥁, por eso propoñemos un xogo: buscar a excusa máis orixinal.

Participar é fácil, teredes que subir o cartel as vosas historias, seguir a e e escribir en comentarios a excusa máis orixinal para faltar este 24 de outubro.
O gañador levará un bolo de nata, do tamaño da roda dun Saxo 🛞🚗.

O ganador elixirase mediante votación, o comentario con máis likes será o premiado 🏆.

Eso si, como a nos as excusas non nos valen, para recibir o premio terá que estar presente na foliada.

E ti, que excusa tes para non vir? PORQUE A NOS NON NOS VALEN 🫵🏻

Organiza:
Colabora:

O luns estaremos no Camping Lago-Mar unha vez máis!!
08/10/2026

O luns estaremos no Camping Lago-Mar unha vez máis!!

🪐ANALOGIK STUDIO🪐

En outubro varios grupos e artistas virán ao cámping e gravarán un vinilo en directo! Serán concertos moi especiais para desfrutar en vivo ☺️

👉🏻 Chicharrón✨ Fronte Longo ✨ Pa Feira Co Que Temos✨ Macarena Montesinos e LAR Legido ✨ Os Lindes

No cartel todas as datas e horas actualizadas 🙌🏼

03/10/2026

I FOLÍA DA SARTAÑA 🌿🥁

Hoxe falamos do noso cartel, no que tuvemos a sorte de contar cunha artista 🎨 do noso Concello a que admiramos e queremos personalmente. 💗
Viki Rivadulla non é so unha grandísima profesional, cun estilo marcado e cun Traballo que representa as mulleres e o noso mar 🌊 dende un punto feminista. Viki é unha gran amante da cultura e da tradición da nosa terra, que presta o seu traballo de forma altruista.
Para nos é un orgullo que ela forme parte deste proxecto que fixemos con tanto cariño💗, dende Pa Feira co que Temos 🎶🥁💙 apoiamos a cultura en todas as súas formas. Nestes últimos tempos o arte 🎨 está sendo moi castigado polo uso excesivo da IA, a que non pode aportar alma e significado.
Hoxe falamos con Viki para que nos mostre todos os segredos 🔎agochados detrás deste cartel da I FOLÍA DA SARTAÑA e aprobeitamos para agradecerlle o seu traballo e dedicación, esperamos colaborar en outras ocasións. 💗

GRAZAS VIKI ‼️

🎥:

Organiza:
Colabora:

27/09/2026

I FOLÍA DA SARTAÑA 🌿🥁

Non todo é música o 24 de outubro.
As 16:00 contamos cun Taller de danzas Brancas do Concello de Muxía.
Temos a sorte de poder decir que no noso Concello se conservan a danza de espadas de Quintans ⚔️, a danza de arcos de Coucieiro e as danzas de Paus e espadas de Vilastose🤍.
Dende Pa Feira co que Temos 💙🥁🎶 estamos comprometidos coa promoción e posta en valor do noso, e as danzas Brancas son unha peza fundamental na Nosa cultura. Por eso quixemos contar con danzantes que forman parte desta bonita tradición para que nos enseñen estes bailes. 🌿🥁
Ademáis haberá obradoiro de baile tradicional impartido por Tomás Lagoa ( ).
Coa intención de organizar o mellor posible abrimos inscripcións 📝. O obradoiro está pensado para todo o mundo, grandes e pequenos, expertos e non tanto. 👧👴
Podedes anotarvos falando con calquer membro do grupo Ou no link da Nosa biografía (pafeiracoquetemos.com/foliada).

NON HAI EXCUSA, 24 DE OUTUBRO NO CAMPING LAGO MAR 🫵🏻

Organiza:
Colabora:

24/09/2026

I FOLÍA DA SARTAÑA 🌿🥁

Dentro de un mes celebramos a I FOLÍA DA SARTAÑA no Camping Lago-Mar, así que deixamos un vídeo aclarando algunha duda.

Organiza:
Colabora:

I FOLÍA DA SARTAÑA 🥁🌿📅DATA: 24 de outubro de 2026📍LUGAR: Camping Lago-Mar (Camping Lago-Mar )🕒HORARIOS:16:00 Taller de d...
19/09/2026

I FOLÍA DA SARTAÑA 🥁🌿

📅DATA: 24 de outubro de 2026
📍LUGAR: Camping Lago-Mar (Camping Lago-Mar )
🕒HORARIOS:

16:00 Taller de danzas brancas 🤍⚔️ do Concello de Muxía e de baile tradicional impartido por Tomas Lagoa ( Tomás L.B. )
17:30 Folíaa cargo de: 🥁🌿
Xaramiños do Corpiño
Abaladeiras
Vaiche boa
Con todo en banda
Mar devalado
PetaForte
Nin chica nin patacon
Pedras miudas
Trubisquiñas
AV San adrian de Toba
AC Fonte Santa
Sentenarios
Abelleira e.
Pa feira co que temos
E concerto de Lorelia para rematar e dar comezo a foliada libre

🎙️ Evento presentado por Josiño e Anjustias(de Radio Nordés)

🍽️ Menú: Callos/Empanada+postre+café de pota 10€

🎨: Viki Rivadulla

Organiza: Pa feira co que temos
Colabora: Horta Creativa Concello de Muxía

19/09/2026

I FOLÍA DA SARTAÑA 🥁🌿

24 de outubro de 2026, aquí non de para 🫵🏻

🎥:

Dirección

Merexo
A Coruña
15126

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Pa feira co que temos publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Pa feira co que temos:

Atajos

Compartir

Categoría