Ainé

Ainé Producimos teatro en Galicia pensando no público. Comprometidos coa cultura e a lingua do noso país.

De xira con 'Moi Animal' 🐾 , 'Territorio Regueifa' 🪗 e o 'O concerto de Bibopalula' 🦜

💘 Amoriños tamén pasou polo Festival Noroeste EG!O pasado domingo, Touriñán e Perdomo levaron o seu particular xogo de c...
11/08/2026

💘 Amoriños tamén pasou polo Festival Noroeste EG!

O pasado domingo, Touriñán e Perdomo levaron o seu particular xogo de citas, improvisación e humor ao Parque de Santa Margarida, dentro da programación do 39º Festival Noroeste Estrella Galicia.

Unha función especial, pensada para a ocasión e construída, como sempre, en directo xunto ao público. En Amoriños ningunha historia sae exactamente como estaba prevista… e no Noroeste tampouco foi diferente. 🫶

📸 AIGI BOGA

🐾 Xosé A. Touriñán presenta Moi Animal, o seu novo monólogo. O humorista abre agora unha nova etapa cunha viaxe cómica a...
04/08/2026

🐾 Xosé A. Touriñán presenta Moi Animal, o seu novo monólogo.

O humorista abre agora unha nova etapa cunha viaxe cómica arredor da nosa relación cos animais e das contradicións da especie humana.

O lanzamento tivo lugar hoxe na Coruña, cunha acción de gran formato no Paseo Marítimo, e coa apertura da web e da venda de entradas para unha primeira xira que percorrerá Galicia entre outubro e decembro.

🎟️ As entradas para as funcións confirmadas están dispoñibles en moianimal.gal

Xosé A. Touriñán presenta ‘Moi Animal’, o seu novo monólogo en solitario. A xira comezará en outubro e percorrerá once localidades galegas.

💘 ‘Amoriños’ chega ao Noroeste Estrella Galicia cunha función moi especialO espectáculo creado e interpretado por Xosé A...
14/07/2026

💘 ‘Amoriños’ chega ao Noroeste Estrella Galicia cunha función moi especial

O espectáculo creado e interpretado por Xosé A. Touriñán e David Perdomo suma unha nova parada ao seu percorrido e chegará o vindeiro 9 de agosto ao Parque de Santa Margarida, dentro da programación da 39º edición do Festival Noroeste Estrella Galicia.

Despois de meses percorrendo Galicia e de máis de corenta funcións, esta será unha cita diferente, preparada especialmente para a ocasión ✨

‘Amoriños’, o espectáculo de Xosé A. Touriñán e David Perdomo, chegará ao Noroeste Estrella Galicia cunha función especial o 9 de agosto.

🎭 Netflix vén de anunciar a terceira e última temporada de 'Clanes', a serie producida por Vaca Films, que pecha así a s...
03/07/2026

🎭 Netflix vén de anunciar a terceira e última temporada de 'Clanes', a serie producida por Vaca Films, que pecha así a súa historia ambientada no universo do narcotráfico en Cambados.

A nova entrega volve contar con Clara Lago e Tamar Novas como Ana e Daniel, xunto a Luis Zahera, nun elenco no que continúa tamén Xosé A. Touriñán no papel de Nilo.

A última tempada supón o peche desta ficción que se converteu nun dos títulos máis recoñecibles da produción galega recente en Netflix.

A serie de Netflix producida por Vaca Films despídese cunha última entrega que volve situar a Touriñán no papel de Nilo.

A regueifa segue facendo camiño! 🪗Despois da súa estrea e do seu paso por distintos escenarios galegos, Territorio Regue...
27/06/2026

A regueifa segue facendo camiño! 🪗

Despois da súa estrea e do seu paso por distintos escenarios galegos, Territorio Regueifa regresará aos teatros tras o verán con tres novas funcións. Un percorrido que medra pouco a pouco e que suma un fito moi especial: a primeira representación do espectáculo fóra de Galicia, o próximo 6 de novembro en Barakaldo.

🎬  Xosé Antonio Touriñán forma parte do elenco da nova produción de Atresmedia e Portocabo. Recén chegada a Atresplayer,...
18/06/2026

🎬 Xosé Antonio Touriñán forma parte do elenco da nova produción de Atresmedia e Portocabo.

Recén chegada a Atresplayer, 'Ágata y Lola' é o novo thriller recoñecido como 'Mellor serie' no Festival Internacional de Series Ría de Vigo.

‘Ágata y Lola’, a nova serie producida por Atresmedia e Portocabo conta coa participación de Xosé A. Touriñán no seu reparto.

Xosé A. Touriñán recibe o Premio Oliva 2026 no Festival Internacional de Series Ría de Vigo 🏆O actor e humorista foi rec...
16/06/2026

Xosé A. Touriñán recibe o Premio Oliva 2026 no Festival Internacional de Series Ría de Vigo 🏆

O actor e humorista foi recoñecido co premio de honra durante a gala de clausura da segunda edición do festival. O galardón destaca unha traxectoria consolidada no audiovisual galego e estatal.

O festival reuniu durante tres días en Vigo a profesionais da industria, estreas exclusivas, coloquios e actividades arredor do universo das series, consolidando o seu crecemento nesta segunda edición 🎬

Xosé A. Touriñán recibiu o Premio Oliva 2026 do Festival Internacional de Series Ría de Vigo, un recoñecemento á súa traxectoria.

Xosé Antonio Touriñán será o encargado de ler o pregón da Festa da Rosa de Mos 2026 🌹, no día grande da celebración, o v...
12/06/2026

Xosé Antonio Touriñán será o encargado de ler o pregón da Festa da Rosa de Mos 2026 🌹, no día grande da celebración, o vindeiro 13 de xuño no Pazo de Mos.

A 53ª edición da festa chega este ano cun programa amplo que inclúe a estrea da I Feira do Viño Rosado de Galicia 🍷, ademais das tradicionais citas gastronómicas, musicais e culturais que marcan o calendario festivo do municipio.

Touriñán será o pregoeiro da Festa da Rosa de Mos 2026 o 13 de xuño, nunha edición que incorpora a I Feira do Viño Rosado de Galicia.

‘Amoriños’ pecha a súa xira de primavera tras 44 funcións e 35.000 espectadores 💘O espectáculo despediuse esta fin de se...
08/06/2026

‘Amoriños’ pecha a súa xira de primavera tras 44 funcións e 35.000 espectadores 💘

O espectáculo despediuse esta fin de semana, con seis funcións cheas no Teatro Colón tras meses de percorrido polos escenarios galegos, e unha resposta do público que acompañou a proposta desde a súa estrea.

🏹 Xosé A. Touriñán e David Perdomo encheron teatros, auditorios e casas da cultura ao longo de toda a primavera, coa súa versión do amor máis caótico... e máis real.

Así foi o peche da xira de ‘Amoriños’, o espectáculo de Touriñán e Perdomo, despois de 44 funcións e 35.000 espectadores por todo o país.

Dirección

Rúa María Puga Cerdido 5
A Coruña
15009

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:30
16:00 - 19:00
Martes 09:00 - 14:30
16:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 14:30
16:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 14:30
16:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 14:30

Teléfono

+34881946972

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Ainé publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir