11/04/2026
Moitas grazas pola visita institucional de Juanjo José Couce, Director Territorial da Consellería de Emprego da Xunta de Galicia, xunto con Noemí Díaz, Concelleira de Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña; Belén Docampo, Delegada da Xunta na Coruña; e María Feijoo, Vicepresidenta da Asociación Galega de Artesáns.
Queremos tamén expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as persoas que se achegaron a participar nos talleres, enchendo de vida e ilusión cada espazo. E, por suposto, un recoñecemento moi especial ás nosas artesás e artesáns, pola súa xenerosidade, pola súa entrega e por compartir con tanto agarimo o saber do oficio que é parte da nosa identidade.
Con emoción e orgullo, xa nos poñemos a traballar na seguinte edición de Oficios en Acción! 💛
, .coruna,