O proxecto de Programación Expandida do TRCDanza é un programa de mediación cultural vinculado ao programa anual de danza do Teatro Rosalía de Castro de A Coruña. Un proxecto onde aplicar de maneira práctica o concepto de Programación Expandida adecuándoo a un programa de danza que, dende o ano 2012, foi activado dende un teatro público desta cidade. A nosa vontade é a de expandir todas as potencias dun programa de danza ao longo da cidade, colaborando de cercacos artistas coas distintas comunidades, espazos e persoas cómplices que fan de cada potencia unha experiencia real. Na nosa páxina web (www.pe-trcdanza.gal) poderedes bucear tanto nas claves do proxecto como nas experiencias concretas que fumos desenvolvendo nestes anos, así como nos próximos artistas convidados ao programa e as oportunidades que teremos de relacionarnos con eles máis de cerca. INFORMACIÓN ENTRADAS:
HORARIO: Todos os espectáculos comenzarán as 20'30h. PREZOS: Os billetes pódense comprar a un prezo de entre 5 e 13 euros, Para as funcións do ciclo se ofrecen descontos do 20% para maiores de 65 años, desempregados e poseedores do carné xove. ABONO: Pola compra conxunta de 6 espectáculos farase un desconto do 25%
As entradas están á venda a través dos canais habituais: taquilla da praza de Ourense, en horario de luns a venres, excepto festivos, de 09.30 a 13.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas; televenta no teléfono 902 504 500, de luns a sábado de 08.00 a 22.00 horas; a través da web taquilla.servinova.com durante as 24 horas do día; ou, o mesmo día da función, na taquilla do Teatro Rosalía Castro, de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas.