06/09/2026
ℑ 𝔥𝔞𝔡 𝔞 𝔡𝔯𝔢𝔞𝔪 𝔩𝔞𝔰𝔱 𝔫𝔦𝔤𝔥𝔱...
E onte á noite, abrazados pola brisa atlántica e coa nosa Torre de Hércules vixiando cada verso de Edipo Rei, ese sonxo volveu cumprirse na casa.
Querida Torre, coa túa luz dínos sempre onde volver, aínda que vaiamos polo mundo actuando e percorrendo mil escenarios. Estar aos pés deste faro milenario é un luxo inmenso que moi poucas compañías do mundo poden contar, pero o verdadeiro orgullo está na nosa casa e en vós.
A vós, o noso público, débemosvolo todo. Grazas de corazón por estar aí, por acollernos e por facernos sentir tan queridos. O verán vaise escapando entre os dedos, pero a calor coa que nos abrazades déixanos a alma chea. Sentirnos collidos da man, co corazón latindo ao unísono coa nosa cidade, é o maior agasallo que nos pode dar o teatro.
𝔇𝔬 𝔶𝔬𝔲 𝔯𝔢𝔪𝔢𝔪𝔟𝔢𝔯?
Isto é A Coruña, é o noso fogar, e grazas ao voso cariño incondicional, cada aplauso convértese nun porto seguro. Levámosvos sempre no centro de cada escena. 🏛️🤍💙🤍
Sempre da man de Cultura Coruña
Visit Coruna - Turismo A Coruña Fundación Emalcsa
FeteaGal ESCENAMATEUR