Maquinaria Pesada

Maquinaria Pesada Pequeno local onde Maribel Valdivieso Varela e Isabel M-Risco Valdivieso, queremos acoller todo tipo de actividades lúdicas e culturais de pequeno formato

23/02/2025
22/02/2025

🚨🌎🚨🌎O mundo, tal e como vai indo, precisa como nunca antes de afouteza, de superpoderes, de humor e de superheroínas. Noutras palabras: Precisa de Nabiza Girl, que volve aos escenarios para enfrontarse a un novo desafío: O estraño caso da Cultura Minguante.
🎭Isabel Risco volve enfundarse no traxe e na pel de Nabiza Girl para a estrea do seu novo espectáculo. Non o fai soa. Acompáñana un grupo de arroutos artistas Fran Rei na dirección, quen tamén se encarga do guión xunto á propia Risco e o guionista Carlos Ares; Alberte Bello interpretará o fiel escudeiro Don Galizo e a coreógrafa EsteFi Gómez
Volve Nabiza Girl, volve aos escenarios. Volve para combater o esmorecemento da cultura galega dende a escena.
‘As aventuras de Nabiza Gil: o estraño caso da Cultura Minguante’ comezará a súa xira en Sada, o vindeiro domingo 23 de febreiro ás 19.00 horas.
🎟️Entradas na web do Concello de Sada:
https://reservabutacas.sada.gal/?q=reservar&e=211-as-aventuras-de-nabiza-girl-o-estrao-ca
Marta Horjales
Culturactiva S. Coop. Galega
Javier Adan Ayude Sanchez
Carlos Babío Audiovisual
Manel Craneo Demo Editorial
Imprimetresde

Os ventos das nosas velas asubian a canción de Amergin, a nove ondas prudenciais de distancia, unha ponte mareira que é ...
06/07/2024

Os ventos das nosas velas asubian a canción de Amergin, a nove ondas prudenciais de distancia, unha ponte mareira que é o mar Céltico, un fluido chelo de vida e riqueza, natural, material e inmaterial que nós une con forza e amor fraterno!
Hoxe, despois do solsticio de verán, seguimos celebrando a luz dun facho incandescente, dunha arma de construction masiva, a Poesía Atlántica que nós une! Grande e poderosa festa!

Día de san Xoán, alegremeniña, vaite lavar,pillarás auga do paxaroantes de que o sol raiarIrás arrente do díaa i-auga fr...
23/06/2024

Día de san Xoán, alegre
meniña, vaite lavar,
pillarás auga do paxaro
antes de que o sol raiar
Irás arrente do día
a i-auga fresca a catar
da auga do paxariño
que saúde che ha de dar.

Hoxe o Cadro de Teatro de Cántigas da Terra estrea unha versión da peza de Eduardo Blanco Amor, todo un referente, A Tía...
20/06/2024

Hoxe o Cadro de Teatro de Cántigas da Terra estrea unha versión da peza de Eduardo Blanco Amor, todo un referente, A Tía Lambida. Se vos presta e podedes alí estaremos, no Circo de Artesáns, a que lle agradecemos inmensamente o seu convite, ás 19:30.

Falemos sen cancelas, botemos a lingua para fora, porque é nosa e queremos vivir con ela e nela! Galego vivo, Galiza viv...
14/05/2024

Falemos sen cancelas, botemos a lingua para fora, porque é nosa e queremos vivir con ela e nela!
Galego vivo, Galiza viva!
Este 17 de maio desde a cidade chantada na pétrea pelo do mar, como diría Luisa Villalta, a Santiago de Compostela, imos manifestarnos pola nosa lingua!
Queremos Galego!

Contra a súa barbarie o noso amor! Contra a súa violencia a creatividade colectiva, contra a súa destrución a nosa const...
13/03/2024

Contra a súa barbarie o noso amor! Contra a súa violencia a creatividade colectiva, contra a súa destrución a nosa construción masiva! Porque se Palestina non é libre, ninguén o seremos! Agardamosvos manhá no teatro Rosalía de Castro ás 20:30 cos brazos abertos!
Pallasos en Rebeldía
BDS Galiza
Galiza por Palestina جليقية من أجل فلسطين
Cultura da Coruña
Concello da Coruña
Culturactiva S. Coop. Galega
Fillas de Cassandra
Xose A. Touriñán Rodríguez
Xurxo Fernandes
Susana Moreno De Salvador
Dani García (magiaclown)
Alfredo Muiño Fredy
Iván Capitán Jadoc Prado

O Feminismo organizado para varrer ao patriacado!Das cigarreiras de Corunha ás lavandeiras de San Petesburgo; de Angela ...
08/03/2024

O Feminismo organizado para varrer ao patriacado!
Das cigarreiras de Corunha ás lavandeiras de San Petesburgo; de Angela Davis a María Balteira, das sufraxistas ás traballadoras da fábrica de tecidos de Xubia; da revolta das palmeiras en Oloko, Nixería, ás traballadoras da fábrica de camisas de New York; das irmás Mirabal a María Castanha; das irmás Brontë a Rosalía de Castro! Somos libres e ninguén pode deter a marcha dos nosos pensamentos, mais temos que selo todas!
Semente de vencer, que agroma vizosa e que seguimos plantando! Millentos exemplos de loita para conquerir un mundo mellor, un mundo no que temos o poder primixenio mais que nolo negán!
Hoxe todas á rúa porque a loita continúa!
Como dixo Angela Davis: non aceptamos as cousas que non podemos mudar, mudamos as cousas que non podemos aceptar!
Non vale parar!! ✊🏾💪💜

23 de febrero Día de Rosalia de Castro Arribatodas, rapacinhas do lugar,que o soli a aurora xa vos ven a dispertar...Sem...
26/02/2024

23 de febrero Día de Rosalia de Castro
Arriba
todas, rapacinhas do lugar,
que o sol
i a aurora xa vos ven a dispertar...
Sempre con nós!

A calma da megalópole, zen e punk a un tempo!Dun xardín visual xaponés a Bladerunner! Os koans son ferramenta niveladora...
01/02/2024

A calma da megalópole, zen e punk a un tempo!
Dun xardín visual xaponés a Bladerunner!
Os koans son ferramenta niveladora
da escoita e a contemplación!
Lois Patiño
Fundación Luis Seoane

Dirección

Linares Rivas, 45, Locais 24-25
A Coruña
15005

Horario de Apertura

Lunes 18:30 - 21:00
Martes 18:30 - 21:00
Miércoles 18:30 - 21:00
Jueves 18:30 - 21:00
Viernes 18:30 - 21:00
Sábado 18:30 - 21:00
Domingo 18:30 - 21:00

Teléfono

658613304

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Maquinaria Pesada publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir