grupo Vocal e Instrumental Atlántico

grupo Vocal e Instrumental Atlántico Grupo Vocal e Instrumental "Atlántico" de Noia
Grupo vocal mixto adulto. Cronoloxicamente o seu repertorio musical abrangue desde o Século XV á actualidade.

Repertorio que abarca dende música medieval ata popular e iberoamericana e do mundo, tanto a capella como con acompañamento instrumental. Nace un outubro do ano 2010 co obxectivo de crear un grupo de voces mixtas de cámara cun perfil musical diferente ao das corais tradicionais, e ofrecer unha proposta variada e amena pero de alta calidade musical. O seu repertorio nútrese da diversidade cultural

que existe nas dúas beiras do océano do cal toma o seu nome, facéndose especial énfase na música española. Obtivo o seu recoñecemento como Asociación Cultural no ano 2011. Nos seus 14 anos de existencia, só interrompida durante o ano 2020 a causa da pandemia da Covid, sumáronse máis de 100 presentacións por toda a xeografía de España e Portugal, sendo tamén un activo xerador de eventos musicais en Noia e concellos próximos. Actualmente no Grupo Vocal e Instrumental Atlántico participan 15 cantantes, co formato tradicional de 4 voces mixtas. O grupo está inscrito na Rede Cultural da Deputación da Coruña, e está asociado á Federación Coral Galega- FECOGA. O director-fundador e principal arranxador do seu repertorio é o Prof. Alejandro Guillermo.

08/06/2026
Esperamos que nos acompañedes este sábado para comezar a celebrar o espírito do Nadal cos nosos amigos do grupo MADRIGAL...
10/12/2025

Esperamos que nos acompañedes este sábado para comezar a celebrar o espírito do Nadal cos nosos amigos do grupo MADRIGALIA na Coruña. Con este concerto e a nosa música, desexámosvos un moi Bo Nadal.

Dirección

Xosé Fernández Da Ponte 11 5º C
A Coruña
15200

Horario de Apertura

09:00 - 23:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando grupo Vocal e Instrumental Atlántico publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría