26/02/2024
A cámara estenopeica é unha cámara fotográfica, sen óptica pero con esténope, un burato, que se basea no principio da cámara escura.
É relativamente fácil de construír un a partir dunha caixa de zapatos, unha lata de galletas, incluso unha lata de bebidas, etc.
A súa construción e manexo axúdanos a comprender os fundamentos ópticos e físico-químicos que interveñen no funcionamento das cámaras e nos procesos de revelado respectivamente.
O obradoiro propón o coñecemento dos fundamentos fotográficos e da luz a través do seu uso práctico.
O curso desenvolverase en dúas sesións repartidas en dous días.
1º día:
- Explicación teórica da cámara escura e construción de cámaras estenopeicas por parte dos asistentes.
-Proba e uso da cámara estenopeica coas cámaras do profesor.
2º día:
- Explicación dos fundamentos físico-químicos da exposición, imaxe latente e desenvolvida.
- Cargar cámaras, sacar fotos e desenvolver.
Cada alumno ou alumna poderá facer polo menos unha cámara e poderá facer fotografías e revelalas.
- O alumnado deberá participar en todo o proceso, a saber: construción de cámaras, montaxe e
a desmontaxe do laboratorio así como o mantemento da orde e limpeza, imprescindibles para
o bo funcionamento do laboratorio fotográfico.
Imparte 👉