A Casa da Fariña

A Casa da Fariña A Casa da Fariña é un espazo de traballo, aberto á comunidade. A Casa da Fariña é un espazo aberto á comunidade con dúas vertentes que se misturan cada día.

Por unha banda, a Casa da Fariña é o espazo profesional de traballo do estudo de arquitectura de Javier Rodríguez e Olivia Fernandez e da Cooperativa Hábitat Social. Alen diso, e cunha lóxica de mestura de usos e aproveitamento máximo dos recursos dispoñibles, combina a actividade laboral nunha parte do día coa sociocultural noutra. Nace coa vontade de ser un polo máis de acción e pensamento na ci

dade, un lugar de referencia para os movementos sociais así como para a cultura e a arte que non atopan o percorrido desexable nos circuítos oficiais existentes. Palestras, exposicións, presentacións, proxeccións, debates, etc. teñen cabida nesta casa a proposta de calquera colectivo ou persoa, atendendo ó criterio de fomento do ben común.

14/11/2019

Esta tarde temos uno novo Faladoiro sobre Bioconstrución da mán de Espiga. Desta volta Pablo Reboredo falaranos sobre estruturas de madeira ma**za e ensambles tradicionais. Esperamosvos ás 19.30 na Casa da Fariña!

Este xoves Espiga. Asociación Galega para a bioconstrución volve á Casa da Fariña co faladoiro sobre bioconstrución de o...
08/10/2019

Este xoves Espiga. Asociación Galega para a bioconstrución volve á Casa da Fariña co faladoiro sobre bioconstrución de outubro.
Vemonos este xoves 10 ás 19:30h.

14/03/2019

Grazas a todos os asistentes á nova convocatoria do Faladoiro/Biocafé na Coruña. Ós que non puidestes asistir, esperámosvos no próximo ;)

Tamén damos as gracias a Hábitat Social Cooperativa pola cesión do espazo e a súa colaboración na organización do evento. Foi todo tan ben que repetiremos!

o papel dos nosos compañeiros o   tamén é importante
07/03/2018

o papel dos nosos compañeiros o tamén é importante

07/03/2018

Dende a Casa da Fariña, asi como dende HábitatSocial Cooperativa, apoiamos a folga feminista do , polo que as mulleres que traballamos neste espazo pararemos mañá

A Casa da Fariña acollerá parte das actividades do MAC3, os terceiros encontros estatais sobre municipalismo e contrapod...
12/10/2017

A Casa da Fariña acollerá parte das actividades do MAC3, os terceiros encontros estatais sobre municipalismo e contrapoder que terán lugar na Coruña a partir de mañá.

27/09/2017

Queres compartir espazo de traballo connosco?
Na Casa da Fariña temos postos disponibles; contáctanos, ven visitarnos, ou bótalles un vistazo:

A casa da Fariña, ademais dun lugar aberto ao barrio e á cidade onde se organizan actividades divulgativas e formativas (polas que pode que xa a coñezas), tamén é un espazo de traballo no que difer…

Encantados de colaborar cos nosos veciños da Cidade Vella no FFoco
11/09/2017

Encantados de colaborar cos nosos veciños da Cidade Vella no FFoco

Levamos varios días con ganas de anuncialo e xa volo podemos contar:

FFoco, Festival de Fotografía da Coruña, celebrarase os días 29 e 30 de setembro na praza da Fariña (Azcárraga). Facédenos un oco nas vosas axendas: teredes a oportunidade de coñecer connosco a vangarda da fotografía galega actual.

Por certo, a foto do cartel -a man de Isolina coa que vos damos a benvida- é de Emilio Araúxo, un dos fotógrafos convidados ao festival.

Dirección

Praza De Azcárraga 6 Baixo
A Coruña
15001

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando A Casa da Fariña publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a A Casa da Fariña:

Compartir