De corpos presentes

De corpos presentes Plataforma para a produción, investigación e difusión das artes performativas contemporáneas en Galicia.

Grazas  por acoller este pasado martes 24 febreiro a presentación de SORA en Compostela. Grazas a todas as persoas que n...
28/02/2026

Grazas por acoller este pasado martes 24 febreiro a presentación de SORA en Compostela. Grazas a todas as persoas que nos acompañastes. Foi un encontro ben fermoso 💫 ✍️🌌
SORA é unha conversa a catro mans ou un xogo de cartas escrito e composto por Masako Hattori e Helena Salgueiro. O que comezou como un convite a “xuntarse para escribir” acabou dando forma a un fermoso texto poético e dialogado no que as palabras navegan entre xeografías (Galiza e Xapón), linguas, memorias, paisaxes, xenealoxías (dadas e escollidas), leituras e nomes. Unha escrita que é práctica artística e tamén un descubrir mundos en compañía, na que as autoras se desprazan da soidade á sororidade para construir “unha interdependencia entre o poético e o ordinario”.
👉🏽https://decorpospresentes.gal/produto/sora/
PVP 16 €



📷 .derviche 🙏🏽

SORA de  e   ✍️ Unha correspondencia poética, un xogo de cartas, un baile de linguas. 💌 Se queres telo entre as mans, po...
28/02/2026

SORA de e
✍️ Unha correspondencia poética, un xogo de cartas, un baile de linguas.
💌 Se queres telo entre as mans, podes adquirilo a través da nosa web decorpospresentes.gal con envío a domicilio (link en bio), ou pedilo na túa libraría de confianza. PVP 16€
Grazas polas leituras

Amigas, o MARTES 24 A FEB. ás 19h na libraría  (Santiago) presentamos o novo libro de : 💌 “SORA”, de Masako Hattori e He...
18/02/2026

Amigas, o MARTES 24 A FEB. ás 19h na libraría (Santiago) presentamos o novo libro de : 💌 “SORA”, de Masako Hattori e Helena Salgueiro. Abriremos conversa coas autoras, xogaremos ás cartas, traduciremos citas e poemas. Vinde!


💨💨 A “Carta-tifón” (título real!!) coa que pecha o libro de SORA na sú páxina 158, fíxose realidade esta tarde na Coruña...
11/02/2026

💨💨 A “Carta-tifón” (título real!!) coa que pecha o libro de SORA na sú páxina 158, fíxose realidade esta tarde na Coruña e case saímos todas voando 🪽Sen embargo, que ben se está nos libros! Moitas grazas ás persoas que vos achegastes á presentación de SORA en atravesando mareas de vento!! 💨💨
🙏🏽Grazas especiais ás autoras, por compartir a súa conversa sobre linguas, nomes, xenealoxías, militancias e prácticas artísticas.
🙏🏽Grazas á casa acolledora que é sempre

SORA, as autoras e a editora
20/01/2026

SORA, as autoras e a editora

💙 SORA 🩵 de Masako Hattori e Helena Salgueiro, nova publicación de  Arrancamos 2026 cun novo libro, unha conversa a catr...
03/01/2026

💙 SORA 🩵 de Masako Hattori e Helena Salgueiro,
nova publicación de
Arrancamos 2026 cun novo libro, unha conversa a catro mans e un xogo de cartas escrito e composto por e 🤲🏽. O que comezou como un convite a “xuntarse para escribir” acabou dando forma a un fernoso texto performativo, poético e dialogado no que as palabras navegan entre xeografías -Galiza e Xapón-, linguas, memorias, paisaxes, xenealoxías -dadas e escollidas-, leituras e nomes. Unha escrita que é práctica artística e tamén un descubrir en compañía, na que as autoras se desprazan da soidade á sororidade para construir “unha interdependencia entre o poético e o ordinario”.
💌SORA xa está dispoñible para a súa compra online con envío a domicilio a través da web decorpospresentes.gal/catalogo (link en bio). PVP: 16 euros.
🌊 Moi pronto nas librarías, en breve tamén anunciaremos datas de presentacións 🌊
SORA
Autoras: Helena Salgueiro, Masako Hattori
Deseño e maquetación: Masako Hattori
Tradución e edición: Helena Salgueiro
Dirección editorial: Sabela Mendoza
Impresión: Agencia Gráfica
ISBN: 9788412889529
De Corpos Presentes, 1ª edición out. 2025
169 páxinas

27/11/2025

Algúns momentos de OASIS OF SERENITY de Laura Ramírez Ashbaugh , dentro do ciclo de en -
27.11.2025 - Grazas a todas as persoas que viñestes por acompañarnos e pola vosa enerxía e atención que fixo do espazo un lugar para o tránsito
Co apoio de

🌑 ⁠𝗢𝗔𝗦𝗜𝗦 𝗢𝗙 𝗦𝗘𝗥𝗘𝗡𝗜𝗧𝗬 de Laura Ramírez Ashbaugh XOVES 27 nov. 19:30h en Normal (A Coruña) >> performance de danza (45 min...
27/11/2025

🌑 ⁠𝗢𝗔𝗦𝗜𝗦 𝗢𝗙 𝗦𝗘𝗥𝗘𝗡𝗜𝗧𝗬 de Laura Ramírez Ashbaugh
XOVES 27 nov. 19:30h en Normal (A Coruña) >> performance de danza (45 min). Entrada de balde.
“Unha colisión de visións místicas e cinematográficas onde o corpo, atravesado por correntes químicas e anatómicas, existe nun estado de crise constante. Abarrotado pola imaxinería do mundo exterior, este corpo non é fixo: latexa, disólvese e reconfigúrase, pulsando ao ritmo das emocións e das substancias que o percorren. Non hai unha historia que contar, só sensacións; un cinema caótico despregase na pupila, mentres o mundo atravesa o corpo en tempo real, desbordando toda comprensión. Este limiar —místico e físico— é á vez práctica, éxtase e transformación. Oasis of Serenity non procura un peche, senón unha apertura cara ao descoñecido, sempre ao bordo da chegada."

The world is a little blurry
or maybe it’s my eyes.
I can’t see you anymore.
Bury all my things. I am on the edge of a nightmare.
I get stuck here, forever.
My body.
My body.
De corpos presentes organiza este ciclo de artes performativas en NORMAL, coa curadoría de Sabela Mendoza Fernández
https://normal.udc.es/de-corpos-presentes-25/
Normal Universidade da Coruña Cultura da Deputación da Coruña

É hoxe!!🧵⁠MÉRC. 26 nov. 19:30h en Normal >> 𝗣𝗥𝗢𝗝𝗘𝗖𝗧𝗢 𝗠𝗢𝗜𝗥𝗔 - Margarida Cabral & Francisco Correia (PT). Entrada de balde...
26/11/2025

É hoxe!!
🧵⁠MÉRC. 26 nov. 19:30h en Normal >> 𝗣𝗥𝗢𝗝𝗘𝗖𝗧𝗢 𝗠𝗢𝗜𝗥𝗔 - Margarida Cabral & Francisco Correia (PT). Entrada de balde.
"Projecto Moira" é un proxecto de investigación artística inspirado nas Moiras da mitoloxía grega. Esta creación traballa sobre o tempo, a vida, a morte e a manipulación. É un proceso de recollida de memorias e historias unido ao acto de coser e á composición sonora. Leva á escena a práctica da costura, un proceso meditativo e solitario, transformándoo nunha práctica artística e performativa. Parte do uso de obxectos habitualmente presentes nun obradoiro de costura para a materialización e transformación do espazo escénico, onde simultaneamente se está a crear unha composición sonora en tempo real a partir dos sons do propio espazo, dos movementos da performer e das máquinas.moira
Dirección artística, concepto e interpretación: Margarida Cabral | Composición e interpretación musical: Francisco Correia
Apoio á creación: Linha de Fuga – Residenciais |contra| o |tempo;
Circolando – Cooperativa Cultural CRL e O Lugar do Meio, Alfafar
Apoios: Sonoscopia; Gil MAC e Zhang Qinzhe
Duración: 45 min
https://decorpospresentes.gal/evento/projecto-moira-de-margarida-cabral/

Esta semana arranca un novo ciclo de DE CORPOS PRESENTES na Normal (A Coruña) 🫀🙏🪲✨ https://normal.udc.es/de-corpos-prese...
24/11/2025

Esta semana arranca un novo ciclo de DE CORPOS PRESENTES na Normal (A Coruña) 🫀🙏🪲✨ https://normal.udc.es/de-corpos-presentes-25/

•⁠ ⁠MÉRC. 26 nov. 19:30h >> performance-concerto PROJECTO MOIRA de Margarida Cabral (PT). De balde. “Esta creación traballa sobre o tempo, a vida, a morte e a manipulación. É un proceso de recollida de memorias e historias unido á práctica da costura e á composición sonora.”

•⁠ ⁠XOVES 27 nov. 19:30h >> performance de danza OASIS OF SERENITY de Laura Ramírez Ashbaugh (Madrid). De balde. “Unha colisión de visións místicas e cinematográficas onde o corpo, atravesado por correntes químicas e anatómicas, existe nun estado de crise constante

•⁠ ⁠VENRES 28 NOV, 12-14h >> Laboratorio de movemento con Laura Ramírez. De balde, con inscrición previa aquí: https://bit.ly/4hXycc6 “Este laboratorio propón unha inmersión no cruzamento entre o místico e o corporal, entre a quietude, o movemento e a percepción expandida”

𝗔𝗡𝗜(𝗔)𝗠𝗔𝗟. 𝗨𝗡𝗔 𝗢𝗧𝗥𝗔 𝗣𝗢𝗘́𝗧𝗜𝗖𝗔 𝗣𝗢𝗥 𝗩𝗘𝗡𝗜𝗥, de Ania González𝐝𝐞 𝐥𝐨 𝐪𝐮𝐞 𝐬𝐞 𝐚𝐛𝐫𝐞𝐧𝐨 𝐡𝐚𝐲 𝐦𝐚𝐧𝐞𝐫𝐚 𝐝𝐞 𝐡𝐚𝐛𝐥𝐚𝐫Publicado por  (2024) co...
04/10/2025

𝗔𝗡𝗜(𝗔)𝗠𝗔𝗟. 𝗨𝗡𝗔 𝗢𝗧𝗥𝗔 𝗣𝗢𝗘́𝗧𝗜𝗖𝗔 𝗣𝗢𝗥 𝗩𝗘𝗡𝗜𝗥, de Ania González
𝐝𝐞 𝐥𝐨 𝐪𝐮𝐞 𝐬𝐞 𝐚𝐛𝐫𝐞
𝐧𝐨 𝐡𝐚𝐲 𝐦𝐚𝐧𝐞𝐫𝐚 𝐝𝐞 𝐡𝐚𝐛𝐥𝐚𝐫
Publicado por (2024) con edición de Sabela Mendoza Fernández y diseño de María Peinado .
♡ Podéis pedirlo a vuestras librerías de confianza 📚
⌲ O adquirirlo en la tienda online de decorpospresentes.gal con envío a domicilio (18€, link en bio). 📬
"ani(a)mal. una otra poética por venir es el primer libro publicado de una poesía que lleva años siendo, reinventando geografías atlánticas por venir. Poemas que acontecen en las citas, los afectos, el accidente, el hueco en el paisaje, lo insoportable, la satisfacción, el cuerpo atravesado; que sostienen el deseo y la fuerza de trabajo. De lo que se abre para ser a tiempo, escarbar el origen abierto y visionar el futuro atrás. Tocar el cierre. Sostener la invitación. No aceptar más interrupción que el pálpito. El ensayo del ardor, la tarea crítica y el ejercicio de la escritura como un método amoroso y directo que conjura para tocarlo todo, para embarcar américa."
💘
https://decorpospresentes.gal/produto/aniamal/
Fotografías de este post .io

Dirección

Rúa Santiago, 7
A Coruña
15001

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando De corpos presentes publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a De corpos presentes:

Compartir

Categoría