15/07/2022
Co post anterior é posible g***r dunha choiva de estrelas a modo de espectador. Se queres fotografar 📷 non esquezas levar a batería da cámara cargada (mellor se dispoñes de varias). Neste post consideramos que tes un obxectivo básico de 15-55mm. Necesario trípode e intervalómetro.
Cando chegues ao lugar dende onde desexas sacar as fotografías, débese ter en conta a dirección a que vas orientar a cámara. É moi recomendable ter instalado no smarthphone unha APP como Sky Map ou Star Walk.
Terás que empregar longas exposicións e, por iso, un intervalómetro ou autodisparador será esencial, pois mentres tiras fotos débese evitar dentro do posible tocar a cámara. Se a cámara ten WI-FI, podes controlar os parámetros dende o teléfono móbil. Coidado á hora de subir o ISO, pois aínda que pareza que da moita luz, o certo é que tamén contamina as fotografías con ruído. Intenta mantelo o máis baixo posible.
O enfoque debe ser Manual para que o enfoque non tolee. A mellor forma de asegurarse de que o ceo está ben enfocado, é preparando o enfoque antes de que a noite se peche, apuntando ao punto máis afastado que teñamos dispoñible (unha nube a gran altitude, o propio sol…)
Cánto tempo de exposición debes por? Depende de como queiras captar as estrelas. A maior exposición, máis luz. Pero, ao menos tempo de 25-30 segundos, os puntiños que deberían ser estrelas comezan a converterse en liñas, pois a rotación da terra inflúe no que vemos no ceo 🌌
Se queres sacar fotos da vía láctea faino entre marzo e outubro, xa que o hemisferio norte está orientado cara o centro da galaxia, onde se atopan a maior cantidade de acumulación de estrelas.
Se queres sacar unha choiva de estrelas ☄️ os tempos deberán ser curtos (3-5 segundos). Coma pasan moi rápido e de forma impredecible no intervalómetro, axustamos que cada vez que termine de tomarse unha foto, comece a tomarse á seguinte.
Podes consultar guías en PhotoPills ou falar con agrupacións culturais coma a Agrupación Ío na Coruña.
Moitas grazas por ler! 🤗
🦉