25/10/2023
Sabíades que a danza é un universal cultural?. Isto quere dicir que ten presencia en todas as culturas dende que existe a humanidade. En Xapón xunto á Torre de Tokyo atopamos un ‘matsuri’ (festival) onde as persoas participantes bailan en círculo repetindo os movementos que marcan dende o escenario.