Asociación Cultural AÏS

Asociación Cultural AÏS Entidade cultural nacida na Coruña en 2016 para impulsar o diálogo entre a música e as artes vivas contemporáneas. Organizadores do Festival RESIS.

NEXOS: A GUITARRA DE LORCAMúsica, investigación e memoriaO xoves 15 de outubro ás 18:00 h, o ciclo NEXOS volve á Casa Mu...
09/10/2026

NEXOS: A GUITARRA DE LORCA
Música, investigación e memoria

O xoves 15 de outubro ás 18:00 h, o ciclo NEXOS volve á Casa Museo Casares Quiroga co concertista e investigador Samuel Diz

Interpretarase un repertorio único coa réplica exacta da guitarra orixinal de Federico García Lorca (José Ortega, Granada, 1906), viaxando pola memoria sonora da Xeración do 27 e rescatando o legado das compositoras do exilio e da vangarda.

🎼 PROGRAMA MUSICAL
• Francisco Tárrega: Preludio, Adelita, Lágrima
• Manuel de Falla: Homenaxe a Debussy
• Jesús Bal y Gay: Pastoral
• Fernando Buide del Real: Nocturnal
• Rosita García Ascot: Berce, Española
• Emiliana de Zubeldia: Capricho basko, Paisaxe basko
• Simón Tapia Colman: Momento andaluz
• Cancións populares (F. García Lorca): El café de Chinitas, Los cuatro muleros, Anda jaleo, La tarara, Las tres hojas

💬 Ao rematar haberá un coloquio aberto co público.

ℹ️ Data e hora: Xoves, 15 de outubro de 2026 ás 18:00 h
📍 Lugar: Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panaderas, 12, A Coruña)
• Inscrición previa: Obrigatoria no teléfono 981 18 98 56 (prazas limitadas)

Colabora: Cultura Coruña | Museos Historicos da Coruña

  • 25 DE SETEMBROO pasado venres vivimos unha nova sesión de  , o ciclo que AÏS dedica ao repertorio para intérprete so...
27/09/2026

• 25 DE SETEMBRO

O pasado venres vivimos unha nova sesión de , o ciclo que AÏS dedica ao repertorio para intérprete solista, en colaboración con Arxis Ensemble.

Grazas a todas as persoas que nos acompañastes en Daji Room e fixestes posible unha noite tan especial. E grazas a Arxis Ensemble pola súa entrega, presenza e sensibilidade.

Margarita Rodríguez
Nikola Tanaskovic
noerodrigogisbert
Clara Giner Franco
Zacharias Fasshauer

Hugo Gómez-Chao Porta

📸: Xurxo Gomez-Chao

📍dαjı room · A Coruña

Cultura da Deputación da Coruña

  • 25 DE SETEMBROO pasado venres vivimos unha nova sesión de  , o ciclo que AÏS dedica ao repertorio para intérprete so...
26/09/2026

• 25 DE SETEMBRO

O pasado venres vivimos unha nova sesión de , o ciclo que AÏS dedica ao repertorio para intérprete solista, en colaboración con Arxis Ensemble.

Grazas a todas as persoas que nos acompañastes en Daji Room e fixestes posible unha noite tan especial. E grazas a Arxis Ensemble pola súa entrega, presenza e sensibilidade.

Margarita Rodríguez
Nikola Tanaskovic
noerodrigogisbert
Clara Giner Franco
Zacharias Fasshauer

Hugo Gómez-Chao Porta

📸: Xurxo Gomez-Chao

📍dαjı room · A Coruña

Cultura da Deputación da Coruña

arxisensemble

✨ Grazas a todas as persoas que nos acompañastes nesta nova sesión de ENTRE LIÑAS.Foi un privilexio entrar no universo c...
14/07/2026

✨ Grazas a todas as persoas que nos acompañastes nesta nova sesión de ENTRE LIÑAS.

Foi un privilexio entrar no universo creativo de Héctor Francesch, coñecer de primeira man o seu estudo, os seus procesos de traballo e compartir unha conversa arredor da creación contemporánea.

A visita completouse coa intervención do músico Pulpiño Viascón, que nos ofreceu unha experiencia sonora única co serrón, pechando a xornada dun xeito inesquecible.

Grazas tamén a todas as persoas e entidades que fixeron posible este encontro. Seguimos construíndo espazos de diálogo entre artistas e público, achegando a creación contemporánea á cidadanía.

Héctor Francesch
Pulpiño Viascón
AC Alexandre Boveda


ACAÏS PulpiñoViascón

O pasado 9 de xullo tivemos a sorte de formar parte da inauguración da VII Mostra Internacional Area de Teatro (MIAT), a...
13/07/2026

O pasado 9 de xullo tivemos a sorte de formar parte da inauguración da VII Mostra Internacional Area de Teatro (MIAT), acompañando coa nosa proposta sonora a representación de Helena, de Cía. de Teatro Noite Bohemia, xunto á o intérprete Noe Rodrigo Gisbert nun escenario tan especial como a praia de Santo Amaro.

Queremos agradecer de corazón á organización da MIAT e a Cía. de Teatro Noite Bohemia por contar con nós e facer posible esta fermosa colaboración entre música e teatro. Foi un pracer compartir esta experiencia con Noe Rodrigo Gisbert e contribuír a un diálogo entre a creación sonora contemporánea e o teatro clásico diante do mar.

Oxalá este sexa o primeiro de moitos encontros.

Cultura Coruña

Entramos no universo creativo de Héctor Francesch ✨No ciclo ENTRE LIÑAS, organizado en colaboración coa AC Alexandre Bov...
07/07/2026

Entramos no universo creativo de Héctor Francesch ✨

No ciclo ENTRE LIÑAS, organizado en colaboración coa AC Alexandre Boveda este venres 10 ás 20h visitaremos o estudo do artista multidisciplinar para coñecer de preto a súa traxectoria, os seus procesos creativos e os proxectos nos que está a traballar na actualidade.

Un encontro para achegarse a unha das voces máis persoais da arte contemporánea galega, cuxa obra transita entre o debuxo, a pintura, a serigrafía e a instalación.

A visita contará ademais coa actuación do músico multiinstrumentalista Pulpiño Viascón, que ofrecerá unha intervención co serrón para as persoas asistentes.

📍 Venres 10 ás 20h
🎟️ Inscrición previa obrigatoria no link da bio

PulpiñoViascón

Héctor Francesch
AC Alexandre Boveda
Pulpiño Viascón
Concello da Coruña
Cultura Coruña

Parabéns e grazas por tantos anos de traballo ❤️
03/07/2026

Parabéns e grazas por tantos anos de traballo ❤️

Foi un pracer para nós festexar onte con todas as persoas que nos acompañastes o
Sentímonos moi arroupadas. Moitísimas grazas a toda a xente que o fixo posible, ás participantes na Gala, a todas as socias que nos facedes cada día máis fortes e a todo o público que onte e todos os días nos acompañades para facer cultura xuntas.
📷Xurxo Gómez-Chao

15/06/2026

AquaMatrix — A Proxección Sonora V xa está completo en YouTube.

Un proxecto de mediación e creación dentro de que propón unha experiencia inclusiva arredor da escoita, o son e a auga como materia artística e pedagóxica.

Este vídeo recolle o conxunto da experiencia: os obradoiros con participantes de diferentes ámbitos, os espazos de experimentación sonora, os procesos de creación colectiva e a construción dunha peza final entendida como resultado dun traballo compartido.

Un percorrido completo por AquaMatrix, onde a auga se converte en punto de partida para a creación e a escoita.

🎥 AquaMatrix xa dispoñible en YouTube








coruna

📹:

Así foi o cuarto obradoiro de Aqua Matrix 💧, nesta ocasión cunha visita á Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) ...
14/04/2026

Así foi o cuarto obradoiro de Aqua Matrix 💧, nesta ocasión cunha visita á Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) da Telva, un espazo clave desde hai máis de 70 anos no proceso de tratamento da auga que abastece á cidade da Coruña.

Da man do docente Marco Maril, artista sonoro, acompañados tamén por Bettina Kohlgaas en representación de Empresa de Aguas A Coruña, e xunto co alumnado participante no proxecto, achegámonos a este lugar para coñecer de preto os procesos que fan posible que a auga chegue en condicións óptimas aos fogares. Durante a visita continuamos co traballo de escoita e recollida sonora, explorando non só o funcionamento técnico da instalación, senón tamén as súas dimensións sonoras e sensoriais, incorporando novos rexistros ao arquivo vivo de Aqua Matrix 🎙️

Seguimos así ampliando o material creativo que dará forma á instalación final, conectando territorio, infraestrutura e percepción a través da auga.

Grazas, unha vez máis, á Fundación Emalcsa, Vegalsa-Eroski e Fundación María José Jove por facer posible este proxecto e acompañar este proceso de creación compartida 🤍

Así foi o noso terceiro obradoiro de Aqua Matrix 🎨, desta vez centrado na creación do logotipo do proxecto a través da t...
23/03/2026

Así foi o noso terceiro obradoiro de Aqua Matrix 🎨, desta vez centrado na creación do logotipo do proxecto a través da técnica de pintura sobre tela. Comezamos co deseño do logotipo e exploramos cores, formas e texturas de xeito colaborativo, guiados pola docente , que acompañou ao grupo en todo o proceso.

A actividade tivo lugar no aproveitando un espazo inspirador que favoreceu a atención, a concentración e a creatividade de todas as persoas participantes. Durante o obradoiro recollimos momentos da creación que agora compartimos en vídeo e varias fotos 📸, para mostrar como foi o proceso e a experiencia de traballo colectivo.

Queremos agradecer, unha vez máis, á , a / e a por facer posible este obradoiro e apoiar unha proposta que combina arte, participación e creación comunitaria 💛.

Dirección

Río Monelos, 1
A Coruña
15006

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación Cultural AÏS publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Asociación Cultural AÏS:

Atajos

Compartir

Categoría