09/02/2022
ℹ O Concello modifica a ordenanza das plusvalías rebaixando os coeficientes de cálculo do imposto e introducindo unha bonificación do 90% para as herdanzas de vivenda habitual
O Concello de Fene aprobou no pleno do xoves pasado adaptar a ordenanza do Imposto de Incremento do Valor dos Terreos Urbanos (coñecido como "plusvalía") á nova normativa que regula ese gravame, despois de que o Tribunal Constitucional tumbase a maneira de calcular o seu importe. O Real Decreto-Lei publicado polo Goberno en novembro pasado dáballes aos concellos un prazo máximo de 6 meses para axustar as súas ordenanzas ao marco estatal, que introduce a posibilidade de pagar o imposto en base ao valor catastral do inmoble no intre de vendelo ou ben sobre a diferenza entre o prezo de compra e o de venda. No caso de Fene, ademais de refacer o texto consonte o decreto estatal, tamén se aproveitou para actualizar a súa redacción, rebaixar os coeficientes que se aplican e incorporar unha bonificación do 90% da cota tributaria para as vivendas herdadas que se destinen a residencia habitual.
A ordenanza aprobouse no último pleno ordinario co voto en contra do PP e a abstención dun dos edís socialistas. Entrará en vigor tan pronto como se publique no BOP
Máis información ⬇⬇⬇
https://fene.gal/portal-cidadan/noticia/gl/6610