Dietario vienés / Carlos Penela

Dietario vienés / Carlos Penela "Desde Viena, unha ollada en galego na Historia cultural de Centroeuropa - Aus Wien, ein Blick auf Galicisch in die Kulturgeschichte Mitteleuropas."

Carlos Penela

Racional: xeito en que Aristóteles nos definira con lucidez, mais que as diversas melancolías, os mesianismos de escura ...
21/02/2023

Racional: xeito en que Aristóteles nos definira con lucidez, mais que as diversas melancolías, os mesianismos de escura elocuencia e os calotes máis diversos contra a verdade das cousas continúan a abalar, unha e outra vez. Condición necesaria para non perdernos nunha vaidade en bucle ou nese solipsismo dos lacazáns e os intolerantes. No entanto, debe ser acompañada tamén de certa tenrura e de acenos que encarnen formas de amor e humanidade; en caso contrario, córrese o risco de reducir a existencia a simples siloxismos e a unha sorte de álxebra sen alma....

Racional: xeito en que Aristóteles nos definira con lucidez, mais que as diversas melancolías, os mesianismos de escura elocuencia e os calotes máis diversos contra a verdade das cousas continúan a…

Queiruga: tamén chamada de queiroga ou de queiroa. Especie de magnolio de terras duras de uces, brañas e turbeiras, como...
08/02/2023

Queiruga: tamén chamada de queiroga ou de queiroa. Especie de magnolio de terras duras de uces, brañas e turbeiras, como dura e árida e tamén a orixe do seu propio nome. Arbusto rexo de panoplias atlánticas e escudos camponeses, talismán céltico, presenza castigada das landas que agocha no seu sámago un mel humilde e frío. No entanto, a súa flor é a da cor suave da malvela, delicada como as pavías brancas ou a pel dos primeiros namorados....

Queiruga: tamén chamada de queiroga ou de queiroa. Especie de magnolio de terras duras de uces, brañas e turbeiras, como dura e árida e tamén a orixe do seu propio nome. Arbusto rexo de panoplias a…

Paciencia: virtude ou variación do padecemento que demostra que o tempo é unha magnitude relativa e, a miúdo, insufríbel...
27/01/2023

Paciencia: virtude ou variación do padecemento que demostra que o tempo é unha magnitude relativa e, a miúdo, insufríbel. Modo de praticar a constancia con aquelas paixóns ás que nos entregamos é con aqueles tormentos que toleramos. Os gregos reinventaron a paciencia co termo hupomonē, que implica unha forma da coraxe para desafiar o mal e, na verdade, iso é tamén a paciencia, un xeito de resistencia e de victoria pírrica perante o derrubamento dos días....

Paciencia: virtude ou variación do padecemento que demostra que o tempo é unha magnitude relativa e, a miúdo, insufríbel. Modo de praticar a constancia con aquelas paixóns ás que nos entregamos é c…

Oase: especie de 'hortus conclusus' copto que aparece e desaparece dos mapas como os días e a area se nos escapan das ma...
21/01/2023

Oase: especie de 'hortus conclusus' copto que aparece e desaparece dos mapas como os días e a area se nos escapan das mans. Hainos de horror e hainos de salvación, cando os mares do fastío o devoran todo. Ao que dixo Baudelaire poderíase engadir que os outros poden ser ese mesmo horror ou esa mesma salvación e que os propios pasos e o alento nos conducen a eles sen acougo....

Oase: especie de ‘hortus conclusus’ copto que aparece e desaparece dos mapas como os días e a area se nos escapan das mans. Hainos de horror e hainos de salvación, cando os mares do fas…

Nacemento: aparición fortuita no real. Materialización entre o acaso e a necesidade, semellante a un milagre e diferente...
17/01/2023

Nacemento: aparición fortuita no real. Materialización entre o acaso e a necesidade, semellante a un milagre e diferente a todo o resto do universo. O dos ríos é como esa vella vontade do mundo que vence as sombras e cruza o corazón do inverno. O do amor é como a crenza fonda nun deus que pode ser falíbel (Borges dixit)....

Nacemento: aparición fortuita no real. Materialización entre o acaso e a necesidade, semellante a un milagre e diferente a todo o resto do universo. O dos ríos é como esa vella vontade do mundo que…

Man: mapa cíngaro dun futuro improbábel. Instrumento primeiro para interaccionar co mundo e que serve para dar morte ou ...
13/01/2023

Man: mapa cíngaro dun futuro improbábel. Instrumento primeiro para interaccionar co mundo e que serve para dar morte ou para escribir ese poema ardendo de cada día. Hainas ásperas como a area dun país esquecido, hainas mornas e acolledoras como un pomar no inicio de setembro, hainas abertas como a casa inocente de outrora, hainas pechas e caladas como unha sombra presentida....

Man: mapa cíngaro dun futuro improbábel. Instrumento primeiro para interaccionar co mundo e que serve para dar morte ou para escribir ese poema ardendo de cada día. Hainas ásperas como a area dun p…

Ladrón: fetichista do alleo. Personaxe algo elitista que considera que calquera cousa dos outros lle pode pertencer, mai...
11/01/2023

Ladrón: fetichista do alleo. Personaxe algo elitista que considera que calquera cousa dos outros lle pode pertencer, mais que, normalmente, non partilla nada con ninguén. O ladrón é un profesional moi especializado, cun coñecemento antigo e algo hermético, herdado de vellas estirpes do deserto e de familias subterráneas e fuxidías. Legal: aquilo que o Estado considera que é moral. Couto para hábitos, costumes e paixóns que poden ser materia de análises freudianas....

Ladrón: fetichista do alleo. Personaxe algo elitista que considera que calquera cousa dos outros lle pode pertencer, mais que, normalmente, non partilla nada con ninguén. O ladrón é un profesional …

Id**ta: individuo que confunde a elocuencia coa vacuidade e que tende a ocuparse dos asuntos privados en grao sumo, como...
07/01/2023

Id**ta: individuo que confunde a elocuencia coa vacuidade e que tende a ocuparse dos asuntos privados en grao sumo, como se o solipsismo fose unha virtude da alma. O id**ta tende ao descreimento de todo o que non afecta o seu propio embigo; é por iso que pratica unha sorte de ateísmo sen outro baleiro que o da súa intelixencia....

Id**ta: individuo que confunde a elocuencia coa vacuidade e que tende a ocuparse dos asuntos privados en grao sumo, como se o solipsismo fose unha virtude da alma. O id**ta tende ao descreimento de…

Herba: sorte de condimento da natureza para namorar, enfeitizar ou dar pé a viaxes astrais. Materia de certos manuscrito...
27/12/2022

Herba: sorte de condimento da natureza para namorar, enfeitizar ou dar pé a viaxes astrais. Materia de certos manuscritos medievais, ricamente iluminados, para uso de galenos venecianos; fármaco de páxinas secretas de chamáns baixo o signo da serpe emplumada. A súa prohibición é tan inútil e absurda como o fluír dos ribeiros ou o esplendor do sol. Herexía: tabú imposto, a miúdo, por aqueles que non son quen de cumprir a súa propia ortodoxia....

Herba: sorte de condimento da natureza para namorar, enfeitizar ou dar pé a viaxes astrais. Materia de certos manuscritos medievais, ricamente iluminados, para uso de galenos venecianos; fármaco de…

Galaxia: acoutación do infinito. Territorio de estrelas, planetas, ventos cósmicos e otras entidades anteriores ao acaso...
24/12/2022

Galaxia: acoutación do infinito. Territorio de estrelas, planetas, ventos cósmicos e otras entidades anteriores ao acaso ou a determinación. Galo: animal luso-francés, de simboloxía contraditoria, pois era relacionado con cultos solares, co nacer da vida e, incluso, coa mensaxe do Unxido, mais, ao mesmo tempo, é cómplice directo do capitalismo matutino. Na China o galo vermello é unha sorte de amuleto contra o lume e contra Satanás; o galo branco protexe os defuntos dos demos....

Galaxia: acoutación do infinito. Territorio de estrelas, planetas, ventos cósmicos e otras entidades anteriores ao acaso ou a determinación. Galo: animal luso-francés, de simboloxía contraditoria, …

Fama: materialización dubidosa dun tipo de Fata Morgana. Toque de trompeta para a vaidade, artificio do tempo. Fanático:...
18/12/2022

Fama: materialización dubidosa dun tipo de Fata Morgana. Toque de trompeta para a vaidade, artificio do tempo. Fanático: membro dunha secta moi antiga que considera que na sombra non se debe abrir físgoa algunha de luz. Teimudez posta ao servizo de signos e deuses letais. Fascismo: extraño movemento político que organiza grandes concentracións de persoas airadas e con fe cega en bandeiras hostís e ídolos efémeros da violencia....

Fama: materialización dubidosa dun tipo de Fata Morgana. Toque de trompeta para a vaidade, artificio do tempo. Fanático: membro dunha secta moi antiga que considera que na sombra non se debe abrir …

Ébano: madeira da que está feita a noite. Árbore-pantera que medra en interiores abastados, con pianos silenciosos e tal...
15/12/2022

Ébano: madeira da que está feita a noite. Árbore-pantera que medra en interiores abastados, con pianos silenciosos e tallas de ídolos pagás. Eco: Doppelgänger da música do mundo. Voz que chama por nós, desde nós e desde as alturas de nós. Éfeso: cidade de magos, devotos de Artemisa e comerciantes bizantinos. Porto libre, rosa dos ventos, ardente como a pel da lascivia, que agroma nos cartularios máis fermosos....

Ébano: madeira da que está feita a noite. Árbore-pantera que medra en interiores abastados, con pianos silenciosos e tallas de ídolos pagás. Eco: Doppelgänger da música do mundo. Voz que chama por …

Adresse

Hornstein

Benachrichtigungen

Lassen Sie sich von uns eine E-Mail senden und seien Sie der erste der Neuigkeiten und Aktionen von Dietario vienés / Carlos Penela erfährt. Ihre E-Mail-Adresse wird nicht für andere Zwecke verwendet und Sie können sich jederzeit abmelden.

Service Kontaktieren

Nachricht an Dietario vienés / Carlos Penela senden:

Teilen